Vídeo "Mostra do Ensino 2012"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
Lun, 03/06/2013 - 10:54
Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, tivo lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.
No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.
Menús CAFI node R
Sección
Áreas-CAFI
- Lingüística e social
- Organización escolar e Diversidade
- Educación dixital
- Departamentos
- Áreas
- Artística e deportiva
- Bibliotecas escolares
- Científico e tecnolóxica
- Científico, tecnolóxico e social
- Ensinanzas artísticas e deportivas
- Formación, innovación e internacionalización
- Formación Profesional
- Infantil e Primaria
- Linguas
- Linguas estranxeiras