Vídeo "Mostra do Ensino 2012" [1]
Enviado por j.casado a Lun, 03/06/2013 - 10:54Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, tivo lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado. Docentes e alumnos asistiron aos obradoiros desenvolvidos na mostra nos que se amosaron os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego.
No congreso paralelo á Mostra interviñeron uns 2.000 profesores; chegou a ser visitada por máis de 15.000 estudantes.
