Gallego

G1302005: Xornadas "escol@TIC.2014"

Summary: 

Conferencias, experiencias, obradoiros TIC,... Todo isto nas xornadas escolaTIC 2014. Inscrición aberta a través de Fprofe.
Gallego

Datas de celebración: venres 21 e sábado 22 de marzo.

Lugar de celebración: Pazo de Congresos (Santiago de Compostela)

Número de horas: 12 horas

FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIALO...

Obxectivos

1.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das tecncoloxías da información e da comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.

2.Promover o intercambio de experiencias de boas prácticas con tecnoloxías da información e da comunicación.

3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

Contidos

1.Experiencias educativas e recursos que facilitan unha práctica educativa innovadora coa utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

2.Propostas metodolóxicas para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

3.A competencia dixital do profesorado como factor clave para a mellora educativa.

 

Próximamente ampliarase a información deste evento.

Data: 

21/03/2014 - 22/03/2014

Áreas-CAFI: 

G1301071: A convivencia nos centros como factor de calidade

Summary: 

A convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.
Gallego

A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS COMO FACTOR DE CALIDADE

Referencia: G1301071
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  17/02/2014  -  05/05/2014
En rede, 30 horas  .  http://www.edu.xunta.es/platega/
Prazas:  50
Observacións prazas: Son necesarios coñecementos básicos de informática.

Destinatarios

  • Bacharelato
  • Ciclos formativos
  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria obrigatoria
  • Programas de cualificación profesional inicial

Corpos e especialidades

597 - Mestres
590 - Profesores de ensino secundario
591 - Profesores técnicos de formación profesional

Obxectivos

1.Valorar a convivencia e o clima escolar positivo como factores de calidade nos centros educativos.

2.Identificar as diferentes causas que orixinan a violencia escolar e analizar os factores básicos para a prevención de conflitos e problemas de convivencia nos centros educativos.

3.Coñecer e aplicar técnicas de modificación de conduta e de resolución de conflitos no contorno escolar.

Contidos

1.O clima escolar como factor de calidade. Conflitos de convivencia nos centros educativos, principais elementos.

2.Prevención de problemas de convivencia no centro educativo, medidas curriculares e disposicións organizativas. Programas de desenvolvemento persoal e social.

3.Técnicas básicas de modificación de conduta. Programas de resolución de conflitos no centro educativo, fundamentos e estratexias.

 

convivencia_positiva

G1301038: Integración das TIC nos Departamentos de Orientación

Summary: 

Emprego das ferramentas TIC para o desenvolvemento das funcións dos Departamentos de Orientación.
Gallego

INTEGRACIÓN DAS TIC NOS DEPARTAMENTOS DE ORIENTACIÓN

Referencia: G1301038
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  17/02/2014  - 05/05/ 2014
En rede, 50 prazas.   http://www.edu.xunta.es/platega/

Destinatarios: Todas as ensinanzas

Corpos e especialidades

597039 - Mestres. Orientación

590018 - Profesores de ensino secundario. Orientación educativa

Criterios de selección

Xefes e xefas dos departamentos de orientación. Os criterios xerais do plan anual de formación.

Obxectivos

1.Empregar novas ferramentas para mellorar a información facilitada polo departamento

2.Axilizar a comunicación do departamento coa comunidade educativa do centro

3.Potenciar o desenvolvemento das actividades do plan de orientación, utilizando as tecnoloxías da información e da comunicación.

Contidos

1.As TIC nos departamentos de orientación.

2.Blogs, wikis, webquest, televisión educativa, cloud computing, redes sociais

3.Materiais de orientación académica.

Observacións:Necesarios coñecementos básicos de informática.

TICs nos DO

Revista "Deporte, salud y Educación Física"

O seguinte recurso é unha revisa dixital gratuíta online: Deporte, salud y Educación Física. Está en formato Flipboard, polo que se pode consultar dende Tablets e Smartphones pero tamén dende a web. Trata as seguintes temáticas:

  • Educación Física e Deportes. Artigos relacionados con deporte, alimentación para o deporte, hábitos saudables, exercicios, estiramentos, plans de adestramento, e outros beneficios do deporte  para a saúde.
  • As TIC no Deporte e na Educación Física. Presentaranse os últimos Gadgets tecnolóxicos, aplicacións para smartphones e tablets, programas de xestión deportiva e outras ferramentas de apoio e monitorización da nosa actividade física.
  • Educación. Deseño de actividades educativas, usos educativos de aplicacións para tablets e smartphones na aula e outros temas interesantes relacionados co ensino.
  • Saúde. Pequenas suxestións e recomendacións para para mellorar a nosa saúde, beneficios do deporte, como levar unha dieta san, receitas, beneficios dos alimentos e outras recomendacións saudables.
Gallego
deporte e saude

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

Summary: 

Novo curso a distancia ofertado fóra do Plan Anual de Formación ao profesorado.
Pretende formar ao profesorado para a titorización de cursos en rede, en Platega.
Gallego

A implantación da formación do profesorado en cursos en rede esixe dispoñer de creadores de cursos de formación así como de titores que desenvolvan os cursos a través de Platega.  Polo tanto cómpre formar a profesoras e profesores para que sexan quen de crear un curso de formación, por exemplo a través dunha licenza de formación, e titorizalo en Platega.

Destinatarios:

  • Profesorado creador de cursos para a formación en rede.
  • Profesorado titor de cursos en rede, en Platega
  • Profesorado relator de cursos de formación.
  • Profesorado creador de cursos virtuais complementarios do ensino presencial co seu alumando de ESO, Bacharelato, FP...


Competencias e obxectivos:

  • Desenvolver a competencia pedagóxica e didáctica precisa para a planificación, o deseño e a xestión dun curso en rede.

Obxectivos:

  • Manexar cursos a distancia, creados con Moodle.
  • Integrar contidos dixitais e multimedia en paquetes de contidos para os cursos virtuais, creados con eXeLearning.
  • Deseño da avaliación para os cursos virtuais.
  • Respectar a propiedade intelectual e os dereitos de autor e coñecer licenzas de autor para publicar recursos propios.
  • Crear cursos virtuais que respecten a normativa básica sobre accesibilidade.

Contidos

  • Deseño e creación de secuencias didácticas en cursos virtuais (nivel 3 de agregación).
  • Creación de cursos virtuais con Moodle.
  • Creación de paquetes de contidos con eXeLearning para incorporalos en cursos virtuais.

Coñecementos previos necesarios:

  • Manexo básico de Moodle como creador de cursos.
  • Manexo básico de eXeLearning como creador de paquetes de contidos.
  • Non é obxectivo deste curso ensinar o manexo de Moodle ou de eXeLearning, aínda que se facilitará documentación e información sobre eles. Estas dúas ferramentas usaranse para crear cursos virtuais e os seus contidos.

Temporalización e características:

O curso ten unha duración de 60 horas, das cales 53 son en rede e 7 presenciais. Impartirase dende o 11 de marzo ata o 30 de maio de 2014. Para a selección de participantes, teranse en conta os criterios de selección indicados na ficha da actividade en fprofe. Esta actividade ofértase con 100 prazas, estando aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 11/02/2014. Referencia: G1301083

Ligazón á ficha da actividade en fprofe.

Deseño, creación e titorización para a formación en rede

F1301013 - Inglés por proxectos. Project Work in the English Classroom

Gallego

Data de comenzo: 26 de novembro de 2013

Data de finalización: 30 de xaneiro de 2014

Lugar de celebración: Aula de portátiles do CFR de Ferrol

Número de horas totais: 30 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54621

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=284

Data: 

26/11/2013 - 30/01/2014

Sección: 

Áreas-CAFI: 

F1301013 - Inglés por proxectos. Project Work in the English Classroom

Summary: 

Dende o día 26 de novembro estase a celebrar o curso Project Work in English Class
Gallego

Data de comenzo: 26 de novembro de 2013

Data de finalización: 30 de xaneiro de 2014

Lugar de celebración: Aula de portátiles do CFR de Ferrol

Número de horas totais: 30 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54621

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=284

F1301013 Project Work
F1301013 Project Work

F1301015 - Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación

Gallego

Data de comenzo: 29 de xaneiro de 2014

Data de finalización: 9 de abril de 2014

Lugar de celebración: Aula de Informática do CFR de Ferrol

Número de horas totais: 50 h

Enlace a FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54622

Enlace Aula Virtual: http://www.edu.xunta.gal/centros/cfrferrol/aulavirtual/course/view.php?id=287

Data: 

29/01/2014 - 09/04/2014

Sección: 

Áreas-CAFI: