Gallego

Mindmeister

Seguindo a filosofía de "Dálle un peixe e comerá un día, ensínalle a pescar e comerá toda a vida", MINDMEISTER é un mapa que vai máis alá de recursos para desenvolver a competencia lingüística a través das catro destrezas básicas. Inclúe tamén ferramentas TIC e o modo de integralas nas clases de linguas. Asemade é tamén unha fonte de material AICLE/CLIL para distintas áreas. Resulta de grande interese porque ademais cada temática hipervincula a webs que ofrecen un abano grande de posibilidades de gran utilidade para todos os niveis educativos. En definitiva, é un recurso interdisciplinar, holístico e que fomenta a iniciativa e a creatividade por parte dos docentes.

 

 

Gallego
mindmeinster

Film English

FILM ENGLISH é un recurso especialmente útil para o profesorado de inglés, xa que ten clases preparadas a partir de longa e curtametraxes.

Este recurso foi creado por Kieran Donaghy, docente da UAB Idiomes Barcelona, parte da Universitat Autònoma de Barcelona. Donaghy promove o uso creativo do inglés nas aulas. Todo o plan de estudo xira en torno ao uso do vídeo para o ensino do inglés. Así, promove a cinefilia, o análise da imaxe en movemento, e a cultura cinematográfica coma habilidade do século XXI, necesaria para o alumnado. Tamén se promove o pensamento crítico, así como a reflexión en valores á par que se aprende unha lingua.

Film English é visitado por 80.000 profesores ao mes e ten un total de 2.5 millóns de visitas ao ano. Éxito de crítica, recibiu senllos premios, incluíndo o de Mellor Blog Individual e finalista do Mellor Uso de Vídeo nos Premios Edublog 2011, Mellor Páxina  TEFL.net 2011, e o Blog Destacado no British Council Teaching English.

Gallego
Film English

As nosas letras

As nosas letras é un proxecto colaborativo no que se mostran actividades feitas na escola e para a escola con motivo do Día das Letras Galegas.
A iniciativa xorde no ano 2011 cando varios centros (CEIP Nº1 de Tui, CEIP de Guillarei e CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra do Miño) intercambian actividades sobre Lois Pereiro, autor homenaxeado aquel ano.
Dende aquel momento, fóronse sumando outros centros da zona (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé das Neves, CEIP Nosa Señora dos Remedios de Ponteareas...) para compartir actividades relacionadas con investigacións e traballos das obras de diversos autores en galego.
Hoxe o proxecto está aberto e pode participar calquera docente de calquera especialidade e etapa educativa co seu grupo de alumnos compartindo as actividades que desexe sempre que estean relacionadas coas letras galegas dalgunha forma. Poden ser sobre o autor homenaxeado ou non, sempre que sexan en galego, se traballe algún dos obxectivos propostos no proxecto e sirvan para transmitir a esencia e o coñecemento do Día das Letras Galegas. Caben todo tipo de actividades: bailes, cancións, representacións teatrais, recitados de poemas...

Para coñecer máis sobre a iniciativa visita o blog do proxecto http://letrasgalegas.blogspot.com.es e, para participar, escribe un correo a asnosasletras@gmail.com ou contacta por twitter @asnosasletras

Gallego
as nosas letras

Acceso ao programa interactivo da Xornada escol@tic.2014

Summary: 

Acceso ao programa interactivo da Xornada escol@tic.2014
Gallego

Xa podedes consultar todo o relacionado con Escol@TIC.
Os días das xornadas habilitarase o espazo no que poderedes seguir en streaming as conferencias e os tweets dende calquera lugar.
Ao rematar o evento, compartiremos todos os materiais xerados durante as xornadas: presentacións dos relatores, imaxes e vídeos do evento, experiencias Edu-QR,...


 

 

programa interactivo
moodle

O MECD abre a convocatoria para a realización de cursos de formación en rede

Gallego

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 9.485 prazas para a realización de cursos de formación en rede para o profesorado, distribuídas en dúas edicións cos seus correspondentes procesos de inscrición (febreiro e setembro de 2014) co obxecto de actualizar as competencias pedagóxicas e didácticas do profesorado en exercicio das distintas ensinanzas reguladas pola Lei Orgánica de Educación.

Características e destinatarios

Os cursos impartiranse integramente en liña no espazo de formación en rede do INTEF e terán unha estrutura modular organizada en bloques con contidos e actividades. Cada bloque terá unha data de apertura e peche. O alumnado realizará as actividades propostas en cada bloque necesariamente nese período.
Para atender ao alumnado durante o desenvolvemento dos cursos designaranse titores especializados, que atenderán a un máximo de 35 participantes en cada curso.
O plan de actividades de cada curso conducirá á realización dun traballo final con aplicación á súa práctica profesional. Estes traballos finais serán postos a disposición da comunidade educativa coa licenza de uso elixida por cada participante.

Os destinatarios destas actividades son Docentes, Asesores de Formación, Asesores Técnicos Docentes, membros do Departamento de Orientación e de Equipos de Orientación ou de Atención Temperá dos centros sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, de Educación.

Prazos e certificación

Hai dous prazos de presentación de solicitudes, un para cada edición dos cursos. O primeiro é de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da Resolución no BOE (24 de febreiro de 2014). O segundo será tamén de 15 días naturais e comezará a contar o 8 de setembro de 2014. Concluído o prazo de presentación en cada unha das dúas edicións dos cursos, non se admitirá ningunha instancia de participación nin documentación acreditativa de méritos nin modificación ningunha ás peticións formuladas na solicitude.

Os candidatos que resulten seleccionados recibirán a oportuna comunicación por parte do INTEF, xunto coa correspondente información complementaria relativa ao acceso á plataforma de formación. A comunicación realizarase á conta de correo electrónico consignada polo candidato na súa solicitude.

Ao profesorado asistente a estes cursos expediráselle, unha vez rematados estes, un certificado polo número de horas de formación correspondentes a cada curso, de acordo coa Orde EDU/2886/2011 do 20 de outubro, pola que se regula a convocatoria, recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación permanente do profesorado, sempre que reúnan os requisitos nela establecidos.

Intef - Formación en red
Intef - Formación en red

Curso de formación en red eTwinning 2.0

Summary: 

17ª edición, Marzo-Mayo 2014
Gallego

Descripción:
Convocatoria de 800 plazas para la realización del curso de formación en red eTwinning 2.0 para la formación permanente del profesorado que ejerce en niveles anteriores al universitario, en centros sostenidos con fondos públicos

Modalidades:
Curso de Formación en Red

Destinatarios:
Docentes, Asesores de Formación, Asesores Técnicos Docentes, miembros del Departamento de Orientación y de Equipos de Orientación o de Atención Temprana de los centros sostenidos con fondos públicos que imparten las enseñanzas reguladas en la Ley Orgánica 2/2006, de Educación

Nº de becas:
800 plazas

Requisitos:
Estar en el presente curso escolar impartiendo docencia directa en el aula o estar prestando servicio como asesor de formación o asesor técnico docente, como miembro del departamento de orientación o como miembro de un Equipo de Orientación o de Atención Temprana. 
Pertenecer al grupo al que va dirigido el curso que se solicita.


Plazo de presentación
    •    Desde: 25 de febrero de 2014
    •    Hasta: 11 de marzo de 2014
    •    Plazo de presentación abierto

¿Cómo realizarlo?:
Para acceder a esta convocatoria, el profesorado deberá cumplimentar la solicitud mediante el formulario de inscripción que es accesible por vía telemática a través de esta página (acceso al servicio online).
Cumplimentada y confirmada la solicitud telemática, con el impreso oficial podrá presentarse en cualquiera de las formas previstas en el art. 38.4 de la Ley 30/1992 de Régimen Jurídico y de las Administraciones Públicas y de Procedimiento Administrativo Común, modificada por la Ley 4/1999, de 13 de enero, siendo imprescindible que en la solicitud aparezca la fecha de recepción en el organismo público correspondiente. En caso de que la documentación se presente en una Oficina de Correos, se hará en sobre abierto con el fin de que pueda ser fechada y sellada antes de su certificación.


Destino:
Subdirección General de Cooperación Territorial, Servicio Nacional de Apoyo eTwinning, c/Los Madrazo 15-17, 3ª planta, despacho 302, 28014 Madrid
Proceso de selección:
    •    Según coeficiente por Comunidad Autónoma
    •    Según número de orden de recepción

ETWINNING

II Xornadas educaBarrié sobre experiencias de Patrimonio na infancia: 0-6 anos

Summary: 

O venres 28 de febreiro e sábado 1 de marzo celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña o 3º Bloque das xornadas esta vez centradas en Patrimonio etnográfico.
Gallego

O venres 28 de febreiro  e sábado 1 de marzo celebraranse na sede da Fundación Barrié na Coruña o 3º Bloque das xornadas esta vez centradas en Patrimonio etnográfico.
O venres acompañarannos Lois Ferradas, decano da facultade de Ciencias de Educación coa ponencia “Patrimonio e a nova cultura da infancia”.
Pablo Carpintero Arias . Membro da directiva Asociación de Gaiteros Galegos. UV: “Os valores do Patrimonio Cultural Inmaterial: utilidade pedagóxica para os máis pequenos”.
Para finalizar, Preescolar na casa relataranos a súa traxectoria e as actividades que desenvolve con educaBarrié.
O sábado mostrarán experiencias o Proyecto guappis: “Tablets e Memoria Cultural: aplicacións na aula”, o colectivo Ponte nas Ondas: ”O patrimonio inmaterial galego-portugués como recurso educativo.”,  o CEIP Mosteiro de Caaveiro: “Os xogos de sempre na escola da Capela” coa presenza de nenos de primaria como monitores da actividade. E o CEIP Ana María Diéguez: “Imos de Romaría”.

Pola tarde nos acompañarán os músicos Antonio Castelos Boutureira e Gutier Álvarez Vázquez  co Obradoiro: Os nosos ritmos.

Máis información VISITA A PÁXINA WEB

 

PROGRAMA DA ACTIVIDADE:

 

EducaBarrie
programa

Dives Gallaecia

DIVES GALLAECIA (expresión latina que viría a significar, en tradución aproximada, "A riqueza de Galicia")

DIVES GALLAECIA é unha  "Bitácora da Didáctica das Clásicas en Galicia"  que se divide en dúas partes:
    -un blogue sobre a didáctica das linguas clásicas e da cultura clásica en Galicia
    -unha páxina web, elaborada en google sites, sobre a romanización de Gallaecia (Galicia)

DIVES GALLAECIA é unha ampla base de datos cun bo número de material audiovisual relativo á cultura romana en Galicia. A través desta utilidade é posible, por exemplo, facer unha visita virtual a museos galegos ou atopar datos históricos sobre xacementos arqueolóxicos de Galicia, como Aquis Querquennis (un campamento romano na Baixa Limia, en Ourense). O material que se pode atopar tanto no blogue como na web abrangue un amplo espectro temático, dende cuestións relativas á didáctica do latín e do grego, ata material informativo sobre a conquista de Gallaecia polo exército romano.

DIVES GALLAECIA recibiu, no curso 2012-13, o 1º premio ás boas prácticas de innovación educativa, premios convocados pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia (Modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos). Así mesmo, DIVES GALLAECIA recibiu unha Mención de Honor nos Premios do IV Concurso de "Buenas Prácticas" organizado pola asociación MEJORA TU ESCUELA PÚBLICA (Modalidade B, Centros de Ensino Secundario).

O proxecto DIVES GALLAECIA está encabezado por Álvaro Pérez Vilariño, Profesor de Latín, do IES Manuel García Barros (A Estrada, Pontevedra), coa colaboración de Marisa Otero e Miguel Bugallo, profesores tamén do devandito centro educativo.

Gallego
imaxe dives gallaecia

G1302005: Xornadas "escol@TIC.2014"

Summary: 

Conferencias, experiencias, obradoiros TIC,... Todo isto nas xornadas escolaTIC 2014. Inscrición aberta a través de Fprofe.
Gallego

Datas de celebración: venres 21 e sábado 22 de marzo.

Lugar de celebración: Pazo de Congresos (Santiago de Compostela)

Número de horas: 12 horas

INSCRIPCIÓN ABERTA ATA O 5 DE MARZO

FPROFE: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do?DIAL...

Obxectivos

1.Impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das tecncoloxías da información e da comunicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.

2.Promover o intercambio de experiencias de boas prácticas con tecnoloxías da información e da comunicación.

3.Reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

Contidos

1.Experiencias educativas e recursos que facilitan unha práctica educativa innovadora coa utilización das tecnoloxías da información e da comunicación.

2.Propostas metodolóxicas para a integración das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros educativos.

3.A competencia dixital do profesorado como factor clave para a mellora educativa.

 

Próximamente ampliarase a información deste evento.

 

 

escolaTIC 2014
escolaTIC

A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolvemento das competencias clave na ensinanza: KeyCoNet

A Consellería forma parte desta rede europea a través do traballo desenvolvido a prol da integración das competencias básicas nos plans de innovación e formación permanente do profesorado.

O traballo conxunto das institucións dos dezaseis países europeos que conforman KeyCoNet ten como obxectivo a identificación e a análise ao redor das competencias clave no ensino primario e secundario en Europa.

Gallego
A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolv
A Consellería de Cultura e Educación incorpórase á rede europea para o desenvolvemento das competencias clave na ensinanza: KeyCoNet

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpórase á rede europea para o desenvolvemento de competencias clave na ensinanza: KeyCoNet (Key Competence Network on School Education). Dita rede é un sistema centrado na identificación e na análise para o Desenvolvemento das Competencias Clave (DCC) nos cursos de ensino primario e secundario en centros de toda Europa. Así, o obxectivo é o de propoñer recomendacións cara á creación de políticas educativas e á mellora da práctica profesional docente cunha análise dos factores que favorecen a aplicación integral do DCC, a partir dos datos recollidos por medio de revisións de publicacións, notas e estudos sobre casos prácticos, informes de visitas de intercambio, información da situación por países e vídeos da posta en práctica en centros educativos.

A Consellería de Cultura e Educación intégrase en KeyCoNet grazas ao esforzo realizado pola integración das competencias básicas nos plans de innovación e formación permanente do profesorado, como queda reflectido coa creación da rede de formación COMBAS Galicia  con máis de 100 centros participantes no curso 2013/2014.

Obxectivos

KeyCoNet ten como finalidade a análise e estudo das novas formas de ensinanza e aprendizaxe que abandeiran os sistemas educativos máis avanzados, de aí que seus traballos diríxanse á detección e seguimento de novas iniciativas para a mellora da educación, o intercambio de boas prácticas e a revisión de publicacións, para presentar recomendacións que se poidan implementar nos sistemas educativos europeos.

O proxecto ten unha web: http://keyconet.eun.org  na que é posible estar ao día das noticias, actividades e resultados da rede cara ao desenvolvemento das competencias clave en Europa, así como darse de alta no boletín KeyCoNet Newsletter que se publica tres veces ao ano: http://keyconet.eun.org/newsletter

Un proxecto europeo

O proxecto da rede KeyCoNet, financiado coa axuda do Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, está coordinado por European Schoolnet, grupo de reflexión internacional de gran calado que está formado por unha rede de 30 ministerios de educación dos estado membros da Unión Europea xurdida para orientar a innovación no ámbito europeo.

Neste programa colaboran os ministerios de educación, axencias gobernamentais, universidades, institutos de investigación, organizacións europeas e outros organismos relacionados dos dezaseis países asociados: Austria, Bélxica, España, Estonia, Finlandia, Francia, Irlanda, Noruega, Portugal e Suecia. Todos eles realizan un traballo conxunto no que se interrelacionan lexisladores, investigadores e expertos que teñen contacto directo cos estudantes.

Competencias Clave

Cómpre recordar que as competencias clave, seguindo a Recomendación do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea son: comunicación en lingua materna, comunicación en linguas estranxeiras, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia dixital, aprender a aprender, competencias sociais e cívicas, sentido da iniciativa e espírito de empresa, conciencia e expresión culturais. Todas as competencias clave considéranse igualmente importantes e están interrelacionadas, xa que determinados aspectos dun ámbito apoian a competencia noutro.

En España o concepto de competencias clave e a súa clasificación reformúlase nas denominadas competencias básicas, ás que se fai referencia nos diferentes currículos.

Colectivo: