INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

Lingua Galega e Literatura

Son Muller Forte e Libre

 E falando tamén de traballo ben feito: Cando o 25 de novembro celebramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos un resumo das actividades desenvolvidas no Lamas de Abade antes desa conmemoración. Non obstante, mirade a marabilla coa que nos deleitaron dende o Departamento de Dinamización Lingüística do Centro no recreo do día seguinte. Admirable e valente actuación recompensada coa ledicia e os aplausos de todas e todos os que alí estabamos escoitando.

Deixamos link ao vídeo. Para poder visualizalo temos rebaixado considerablemente a calidade. Non obstante aquelas persoas que queirades unha copia con calidade HD non dubidedes en preguntar ao Departamento de Dinamización ou na Xefatura de Estudos e non teredes problema en conseguila.

Teatro "Pelos na Lingua"

Sen necesidade de desprazarnos moi lonxe o Departamento de Dinamización preparou para o xoves 22 de novembro unha actividade na que gozar da compañía teatral Talía Teatro e a súa obra "Pelos na Lingua".

CONVOCATORIA PARA O ALUMNADO CON MATERIAS PENDENTES DO DEPARTAMENTO DE LINGUA

Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis educativos con materias pendentes de cursos anteriores para realizar, no lugar, día e hora indicados, a proba final da materia correspondente deste departamento didáctico.

 

Alumnado de

Materia pendente

Lugar

Maio Día

Hora

Segundo da ESO

Lingua galega e literatura de 1º da ESO

Aula 18

18

11,50 h.

Terceiro da ESO

Lingua galega e literatura de 2ºda ESO

Aula 02

19

12,40 h.

 

 

Santiago de Compostela, a 12 de maio de 2017

 

O Xefe do Departamento

 

Xosé María Torres Reino

Notas:

 

Os obxectivos a acadar, os contidos e os criterios de avaliación son os establecidos na programación didáctica do curso correspondente.

 

No caso de ter algunha dúbida, o alumando debe dirixirse ao xefe de departamento ou á súa profesora.

 

 

CONVOCATORIA DA PROBA FINAL DO MES DE MAIO

 

CONVOCATORIA DA PROBA FINAL DO MES DE MAIO

 

                                                               

 Pola presente, queda convocado o alumnado dos diferentes niveis educativos con materias pendentes de cursos anteriores para realizar, no lugar, día e hora indicados, a proba final da materia correspondente deste departamento didáctico.

 

Alumnado de

Materia pendente

Aula

Día

Hora

Segundo da ESO A

Lingua galega e literatura de 1º da ESO

2º da ESO A

16

9,00 h.

Segundo da ESO B

Lingua galega e literatura de 1º da ESO

2º da ESO B

16

10,40 h.

Terceiro da ESO

Lingua galega e literatura de 1º da ESO

3º da ESO A

10

9,50 h.

Terceiro da ESO

Lingua galega e literatura de 2º da ESO

3º da ESO A

10

9,50 h.

Segundo de Bacharelato

Lingua galega e literatura de 1º Bacharelato

2º de Bacharelato

10

10,40 h.

 

 

 

 

 

Santiago de Compostela, a 2 de maio de 2016

 

O Xefe do Departamento

 

Xosé María Torres Reino

Notas:

 

Os obxectivos a acadar, os contidos e os criterios de avaliación son os establecidos na programación didáctica do curso correspondente.

 

No caso de ter algunha dúbida, o alumando debe dirixirse ao xefe de departamento.

 

A revisión dos exames e notas será na sala do profesorado:

O día 12 de maio, de 11,30 a 11,50 para o alumnado de bacharelato.

O día 19 de maio, de 11,30 a 11,50  para o alumnado da ESO.

 

 

O LIBRO DO MES. DECEMBRO 2015

      Co devalar da lúa de santos Neira Vilas colleu camiño do alén. Para o noso lecer deixounos un feixe de libros: O cabaliño de   buxo, Querido Tomas, Cartas a Lelo, Espantallo amigo, e tantos outros. Un dos que máis me gustaron foi o que recomendo para ler nas vacacións de nadal, na casa, ao quente, mentres chuvisca fóra e peta o vento nas xanelas.

      Memorias dun neno labrego, escrito por Xosé Neira Vilas, foi publicado por primeira vez en Buenos Aires no  ano 1961. Desde entón éditase e reedítase constantemente.

 

EU SON…

      BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.

      No verán ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.

     No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.

      ¡Que saben desto os nenos da vila!

.....

O LIBRO DO MES. NOVEMBRO 2015

Europa Express

Novela de Andrea Maceiras

 

Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2015

Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía deciden viaxar xuntos por Europa en Interrail ao rematar o Bacharelato. Descubrirán a vida en liberdade e a complexidade das relacións persoais, marcadas polo carácter de Xacobe.Dez anos despois da viaxe, Nico atopará en Berguen, unha postal que lle revelará certa información que provoca nel un cuestionamento da súa vida actual e a necesidade de resolver as dúbidas sobre a traxedia que os envolveu ao seu regreso da viaxe de tren. Malia as reticencias de Aroa a revolver no pasado, Nico logra contactar c@s compañeir@s de viaxe e organiza unha festa de reencontro a partir da cal irán aflorando todos os matices que permitirán aclarar as causas daquel fatídico acontecemento. Novela coral de intriga psicolóxica, a historia alterna lugares, personaxes e tempos narrativos no seu avance cara o descubrimento dunha verdade inexorábel, capaz de cambiar o rumbo das vidas dos seus protagonistas. A liberdade das viaxes, a identidade ou a procura do amor son algunhas das constantes deste relato que afonda na esencia da mocidade, tan efémera no tempo como perdurábel na memoria.

LIBROS DE TEXTO DO DEPARTAMENTO PARA O CURSO 2015-2016

Estes son os libros de texto para este curso:

                      

 

    

PROGRAMACIÓN PRIMEIRO TRIMESTRE. 1º ESO

Podes ver a programación trimestral, se es alumno ou alumna de primeiro da ESO A, premendo no PDF

O LIBRO DO MES. OUTUBRO 2015

 

 

A PRAIA DOS AFOGADOS

Finalista do International Dagger Prize 2011
Premio Frei Martín Sarmiento 2011 na categoría de adultos
Libro do Ano nos Premios Irmandade do Libro 2009
Premio Losada Diéguez de Creación Literaria
Premio Brigada 21 de novela negra


Despois do éxito de Ollos de auga, Domingo Villar preséntanos esta apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Con esta obra, Domingo Villar introduce o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos.

Está prevista a estrea da versión cinematográfica o oito de outubro nos cines galegos. Apura a ler a novela.


 

1º BACHARELATO HCS. MADE IN GALIZA

Preme no PDF para ver o reparto do libro Made in Galiza para facer o comentario de texto.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer