INFORMACIÓN ESO

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

Actividades Extraescolares

Noticias de Actividades Extraescolares

ACTIVIDADE HIXIENE ALIMENTARIA NO MERCADO DE ABASTOS

 

É o mercado da nosa cidade especialmente singular, ata o extremo de constar en tódalas guías turísticas como  o segundo obxecto de visita tras a catedral do noso Apóstolo Santiago, pola variedade e singularidade dos produtos frescos que alí se comercializan e polo primor co que os placeiros os expoñen ó publico.

 Os alumnos de Alimentación e Nutrición  de 1º de Bacharelato A/B tiveron a ocasión de realizar una visita ó Mercado de Abastos de Santiago de Compostela cun especial  cometido.

 Os peregrinos desfrutan co colorido das nosas froitas e verduras e os pintorescos e frescos pescados que se comercializan. E todo isto baixo unha estricta vixilancia sanitaria que garante ó consumidor un perfecto estado destes nosos tradicionais produtos nas mellores condicións de hixiene alimentaria.

O encargado da Praza de Abastos de Santiago guiounos polos diferentes tipos de postos que, en función do tipo de produto que expenden requiren a vixilancia duns ou outros puntos críticos.

 Moi especialmente se nos explicou o modo de control da trazabilidade nas peixerías de maneira que en todo momento se pode coñecer o percorrido ata a súa orixe de cada un dos produtos que se poñen á venda.

 

Así mesmo se nos explicou as precaucións na manipulación dos alimentos que requiren as charcuterías, as carnicerías e panaderías.

 Aproveitamos para visitar o posto de Carnicería da familia de Jesús Lodeiro. E a panadería da tía de Hugo Mujico, dous dos excelentes alumnos de 1º de bacharelato.

 Decepcionounos a mágoa de que acabou por desaparecer un dos maiores atractivos do mercado que eran os postos ambulantes das mulleriñas que, desde os arredores, se aproximaban a vender os excedentes da produción das súas primorosas hortas. Tratábase dunha xeración irremplazable que , na procura de ofrecerlle ós seus fillos unha vida menos traballosa que a súa, esquecéronse de formarnos nesa tarefa de manter a nosa propia horta e os nosos produtos de temporada. A covid esixiu serias restricións no aforo de vendedores e, ó ser tan maiores, ó levantarse estas, non volveron máis.

Xa non poderemos ir mercar o ramo de plantiñas para a auga da noite de San Xoán.

 

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC

VISITA Ó MUSEO DE HISTORIA NATURAL da USC

Cun día brumoso e meleado, o pasado día 8 de xuño, como é tradición para os alumnos de 1º de ESO do noso Instituto, levouse a cabo a visita ó Museo da Universidade de Santiago de Compostela de Historia Natural

 Nel exponse una nutrida representación de especies  de diferentes reinos dos nosos ecosistemas galegos, tanto terrestres como acuáticos. E os estudantes poden desfrutar tamén da observación da biocenoses propias de ecosistemas exóticos en forma de animais disecados como panteras, osos polares, tigres de bengala, etc., ós que os nosos alumnos poden ver de forma natural.

 As actividades a realizar no museo foron  levadas  a cabo con máis facilidade para uns que para outros pois, dada a data da  visita, permitíuselle facela a todos os alumnos do primeiro curso da ESO sen excepción (aprobados ou non).

 Os estudantes estiveron acompañados dos profesores: J.J. Martínez , María Roel e  Marina Raíces.  Como de costume, tiveron o orgullo de recibir as felicitacións do persoal do museo polo  excelente comportamento do noso alumnado durante a visita.

Á saída tomouse esta fotografía do grupo  todos xuntos a modo de recordo para a posteridade.

II Concurso de Booktrailers

 
O II Concurso de Booktrailers, convocado polo Departamento de Dinamización Lingüística, para todo o alumnado do IES Lamas de Abade xa ten ganadores, mellor dito, xa ten ganadoras.
 
Na categoria de menores de 15 anos, a ganadora é Lis Castro Vázquez de 1º ESO A que elaborou un precioso video sobre O misterio dos fillos de Lúa de Fina Casalderrey.
 
Na categoría de maiores de 16 anos, a ganadora é, outra vez, Rita Domínguez Lores de bacharelato do grupo de 1º A polo Booktrailer sobre o libro Sen piedade de Pedro Feijoo.

 Malias ás circunstancias tan adversas, preséntaronse case unha vintena de booktrailers  aínda que moitos se elaboraron en plena corentena. Nesta ocasión, o xurado estivo  composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do propio instituto e escolleu os ganadores despois de intensas deliberacións.

Podedes ver aquí os booktrailers premiados nun álbum de google photos. Parabéns por este marabilloso traballo

Recollida de Premio Cinema e Literatura Galega

As tres alumnas de Cinema e literatura galega acaban de recoller unha tarxeta do Corte Inglés como parte do premio da Deputacion da Coruña que o instituto quixo compartir con elas. Xa sabedes: o importante é participar porque... ás veces gánase.

Tamén podes ver esta información no  adegalego

 

Reflexións do alumnado sobre a visita de Luz Fandiño

O pasado venres Luz Fandiño estivo no Lamas de Abade compartindo co alumnado e profesorado os seus poemas e as súas experiencias vitais. Desa actividade teñen xurdido múltiples actividades das que o Departamento de Galego quere compartir, entre outras moitas e a modo de exemplo pola súa calidade, a  desenvolvida por Elisa Nieves. Pulsa na imaxe ou neste vínculo para acceder ao PDF

 

 

Conferencia: "A ponte entre a U.S.C. e o Ensino Secundario"

O alumnado de 4º da ESO de Xeoloxía Ambiental e de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía gozarán este xoves a partir das 10:35 da conferencia titulada: "A Ponte entre a USC e o o Ensino Secundario"

Pásate polo Obradoiro de Peiteado "Hasta el Moño"

O alumnado do CM de Peiteado e Cosmética Capilar convida a toda a comunidade educativa a pasar polo seu taller de peiteado "Hasta el Moño", situado no IES, e así poder mostrarvos todo o que foron quen de aprender no seu paso polo centro.

E para facilitarvos a visita dende aquí podedes acceder e consultar os folletos e carteis informativos que elaboraron no módulo de Marketing. Para ver os carteis con máis calidade pulsade en cada miniatura

    

   

 

 

Se ainda queredes máis, tamén podedes entrar nas páxinas webs que desenvolveron para facilitarvos as citas e mostrar algúns dos seus traballos:

https://hastaelmonho.wixsite.com/website   (Ainara, Anxo, Nerea)

http://hastaelmonho6.wixsite.com/website (Aldara, Cristina, Laura P.)

https://hastaelmonho5.wixsite.com/website  (Iria, Laura P., Tamara)

https://hastaelmonho4.wixsite.com/misitio  (Bea, Heyner, Laura B.)

http://hasta-el-mono5.webnode.es/    (Juan, Sara, Sandra)

https://hastaelmonho3.wixsite.com/website (Alfonso,Jennifer, María B.)

E por último, pulsando nos arquivos PDF, na parte inferior da nova, podedes ver os seus dípticos e trípticos promocionais.

Parabéns por toda a profesionalidade amosada na promoción do Obradoiro!!!

 

Viaxe a Roma do alumnado de Relixión

A pesar dos temores e inquedanzas, polo que implica unha viaxe a Italia neste intre, confírmase a realización da excursión a Roma do alumnado da materia de Relixión Católica do IES Lamas de Abade. Estarán toda a semana en Roma cunha intensa programación de visitas e actividades. A gozar desta marabillosa oportunidade.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer