INFORMACIÓN ESO

       

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

Formación e orientación laboral

“EMPRENDEMENTO E VISIBILIDADE NA INTERNET: DA MARCA AS REDES SOCIAIS”

       Con esta interesante charla José Sixto García, exdirector do Instituto de Medios Sociais e profesor da USC, inaugurou o pasado luns as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN organizadas polo Departamento de FOL.

       Dunha maneira moi amena, o profesor Sixto explicounos que a marca a asociamos inconscientemente cun LOGO que identificamos perfectamente sen necesidade de letras, todo porque estamos a mercé do traballo e bombardeo permanente da mercadotecnia e a publicidade.

       Pero o LOGO non só identifica a marca, tamén identifica os seus valores para diferenciala da competencia. Por iso é tan importante o facer BRANDING (proceso mediante o cal se constrúe unha marca). Comprende o desenvolvemento dun conxunto de atributos e valores polos que a marca será automaticamente identificada polo seu público.

       Así, o logo de 4 aros de AUDI identificámolo automaticamente cun coche premium (obxecto de desexo) e o rombo de RENAULT cun coche xeneralista.

E que pintan en todo este proceso as redes sociais?

       Por que xogan un papel crucial no facer BRANDING. Na moderna mercadotecnia dixital o usuario é o rei, e as redes sociais cobran un papel importantísimo para coñecer as súas preferencias e influír nel.

       O principal problema é que non nos damos conta.

III XORNADAS DE ORIENTACIÓN (do 10 ao 14 de febreiro de 2020).

O Departamento de Fol organiza do 10 ao 14 de febreiro de 2020 as III XORNADAS DE ORIENTACIÓN.

No cartel anunciador puxéronse os logos de Proxectos feitos polo alumnado:

AGNÓDICE (Anatomía), CODIFIC.ES (Documentación), RIBEIRA SACRA SPA (Estética), peinARTE (Peiteado), PRONLAB (Próteses) e M.E.I. (Estética).

Esperamos con impaciencia a realización destas interesantes xornadas, que se fan dende o ano 2018.

 

Acceso ao Programa das Xornadas

PROGRAMA III XORNADAS DE ORIENTACIÓN

"A MEDICINA É MOITO MÁIS QUE O EXERCICIO DUNHA PROFESIÓN, É O DESEMPEÑO DUNHA VOCACIÓN AO SERVIZO DOS DEMAIS"

           Así opinou o Doutor Juan Cuevas Álvarez na charla do pasado 15 de xaneiro sobre os estudos de medicina, charla organizada polo Departamento de FOL.

          Doutor en Medicina e Ciruxía pola USC e especialista en Anatomía Patolóxica, o Doutor Cuevas mostrouse moi directo e próximo ao afirmar que para estudar medicina son necesarios tres requisitos: ser boa persoa, un mínimo de capacidade e, sobre todo, vocación de servizo aos demais. As perspectivas económicas hai que deixalas nun segundo plano.

           Por certo, o Doutor Cuevas tamén foi presidente do Real Aero Club de Santiago. As súas dúas paixóns son a medicina e o voar.

Charla: "Estudos de Medicina. Un reto de futuro"

Os Ciclos Superiores de Sanidade (Anatomía 1º e 2º, Documentación 1º e 2º e Saúde Ambiental 1º) gozarán o mércores 15 de xaneiro da charla "Estudos de Medicina. Un reto de Futuro" impartida por D. Juan Cuevas Álvarez. A actividade terá lugar no Salón de Actos do Lamas de Abade entre as 10.35 e as 11:25 horas da mañá

Charla: "A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación"

Un ano mais o alumnado do IES Lamas de Abade tivo a sorte de contar coa presenza do doutor José María Suárez Quintanilla, que foi convidado polo Departamento de FOL, para impartir unha charla sobre: “ A linguaxe non verbal e a estética facial como medio de comunicación”.

O doutor Suárez Quintanilla é profesor do Departamento de Ciruxía e Especialidades Médico-cirúrxicas da Facultade de Medicina e Odontoloxía da USC, director do Curso de Implantoloxía Oral da USC,  presidente do Colexio de Odontólogos e Estomatólogos de A Coruña, e unha longa lista de méritos mais.

Grazas ao profesor sabemos que :

. O noso físico e a nosa linguaxe non verbal inciden de forma relevante nas relacións humanas.

. Cando nos comunicamos, a linguaxe verbal supón solo un 7% da mensaxe que se quere transmitir, o ton de voz e a velocidade supoñen o 38% e o 55% restante provén da comunicación non verbal, xestos, expresión facial, posición corporal, etc ( xa quitamos as nosas conclusións para as entrevistas de traballo).

. Os seres humanos pasamos unha gran parte da nosa vida perseguindo algo tan básico como que nos queiran. Inicialmente estamos pendentes do que pensan os demais de nós, para acabar descubrindo, xa na madurez, que ninguén pensa en nós.

Moitas grazas ao profesor por esta interesantísima e amena charla e tamén á USC por posibilitar que o alumnado dos ciclos formativos entre en contacto con profesionais deste prestixio.

Compartimos finalmente o álbum das fotografías da actividade por se queredes descargalas con máis calidade.

II XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL do Ies Lamas de Abade (do 11 ao 15 de febreiro de 2019)

Pulsando no adxunto accedes ao programa

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer