INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

       

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

Conmemoracións

MANIFESTO POLA PAZ

MANIFESTO POLA PAZ

DIA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA

2024 IES LAMAS DE ABADE

Estudantes, profesorado e tódalas persoas da comunidade educativa estamos preocupadas pola presenza de guerras, de manifestacións de xenocidio, intolerancia e violencia en tódalas súas formas.

Alarmadas polo incremento de conflitos armados nos (5 continentes, que estivemos visibilizando nos grupo de aula ), de abusos dos dereitos humanos, de actos intolerantes nas nosas cidades, ameazas e abusos, de actos e condutas denigrantes, agresivas e violentas en internet e nas redes sociais que atentan contra a integridade física e psicolóxica das persoas.

Hoxe queremos facer un xesto de VARRER AS GUERRAS porque AS GUERRAS IMOS PARAR, queremos CAMBIAR O MUNDO!!

Conscientes de que a paz non é só ausencia de conflitos queremos fortalecer o noso compromiso coa CULTURA DE PAZ, QUE IMPLICA:

O RESPECTO Á VIDA, Á FIN DA VIOLENCIA, A PROMOCIÓN E PRÁCTICAS DA NON VIOLENCIA POR MEDIO DO DIÁLOGO, A COOPERACIÓN E EN ESPECIAL DA EDUCACIÓN PARA A TOLERANCIA E A PAZ.

O respecto e a promoción da solidariedade e o dereito ao desenvolvemento humano e a protección do medio ambiente para nós e as xeracións futuras.

Lembramos neste día ás comunidades educativas, ás familias, periodistas, intelectuais, artistas e a toda a cidadanía en xeral, a responsabilidade que todas e todos temos no compromiso de mirar a realidade desde unha visión que impulse unha cultura de convivencia, tolerancia e paz, e de igual xeito, a responsabilidade e o papel informativo e educativo de cada persoa desde o seu lugar.

Sabemos que a PAZ se constrúe e comeza por respectar ás persoas que temos ao nosol lado.

Invitamos neste día a traballar e intentar facer realidade aquilo que dixo a UNESCO…“POSTO QUE AS GUERRAS NACEN NA MENTE DAS PERSOAS, É A MENTE DAS PERSOAS ONDE DEBE CONSTRUIRSE OS BALUARTES DA PAZ”

O MUNDO É NOSO !!

 

 

 

 

 

FELICES FESTAS

FELICES FESTAS DE NADAL 2023-2024

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA

O alumnado de 2º CM de Farmacia e Parafarmacia do IES Lamas de Abade solidarizouse coa campaña internacional contra a SIDA celebrada o día 1 de decembro. Fíxose fincapé na importancia da información, detección precoz responsabilidade e prevención de todas as ETS.

Unha "Estrela da Ecoloxía" no medio do noso IES de Lamas

Serías capaz de coller do mar un impresionante lumbrigante e, vendo que non cumpre a normativa de pesca ou que está cargado de ova, proceder a tiralo de novo pola borda? E unha centola apetitosa ou unhas nécoras?

E por riba estarías disposta ou disposto a perder moita parte do teu tempo libre, e superar a túa timidez, para aparecer en público facendo vídeos amenos nos que tentar transmitir valores como o coidado do “Medio Mariño”, a defensa da “Pesca Sostible” ou a necesidade de traballar en cada marea polo futuro dos bancos marisqueiros?.

Pois iso é o que fai a nosa ESTRELA da ecoloxía do Lamas de Abade. María Maceiras compaxina o seu traballo no mar de Muros cos estudos de 1º Curso do Ciclo de Coidados Auxiliares de Enfermaría no noso Instituto. Despois de coñecela por tik-tok (@mariabadernado) e instagram  xa estabamos orgullosos dela. Pero acabamos de recibir con inmensa ledicia a nova de que ten recibido o Premio Nacional de Gastronomía recentemente instaurado na categoría de “Novo Talento” polas súas prácticas de Pesca Sustentable e por transmitir todos eses valores a través da internet.

O xurado estaba composto por xuíces tan competentes na materia como o coñecido cociñeiro Dabid Muñoz, de DiverXO, Lourdes Plana (presidenta da Real Academia de Gastronomía), José Miguel Herrero (director da Industria Alimentaria) ou Joxe Mari Aizega, (responsable do Basque Culinary Center). Sen dúbida no Lamas non podemos deixar de transmitirlle os nosos enormes parabéns polo seu xeito de vida e polo galardón. Na foto podemos ver a María recollendo o premio entregado polo Ministro de Agricultura Luis Planas.   

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer