INFORMACIÓN ESO

       

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

       

Xefatura de estudos

Agradecemento da "Axencia de Doazóns" ao IES de Lamas

No día de onte, 5 de maio de 2020, a "Axencia de Doazón de Órganos e Sangue" ten remitido un "Comunicado de Agradecemento" polas doazóns realizadas no IES Lamas de Abade que teñen axudado na realización de 20 intervencións cirúrxicas ou na acumulación de plaquetas suficientes para axudar a 5 doentes na súa loita contra cancro ou leucemia. Dende a dirección queremos facer público este comunicado para que o agradecemento chegue a todos os que realmente compartistes xenerosidade coa vosa doazón e para animar a participar en vindeiras campañas. Pulsa na imaxe para ver o texto completo do comunicado:

Actividades Lectivas Suspendidas Temporalmente

 

Tal e como ten comunicado esta mañá o Presidente da Xunta de Galicia en rolda de prensa, informamos que se suspenden as actividades lectivas nos centros educativos de Galicia oficialmente o luns 16/03/2020 e de xeito recomendable xa a partir de mañán 13/03/2020.

 

Bo Nadal e Feliz 2020

      

Visita e conferencia do Dr. Anxo Carracedo: "Presente e futuro da Medicina Xenómica"

Aínda que sexa de xeito moi breve, esperando poder facer o preceptivo álbum de fotografías da actividade, queremos deixar constancia gráfica da multitudinaria e impresionante actividade desenvolvida esta mañá polo Dr. Anxo Carracedo no noso Instituto. Parabéns para a organización do evento e tamén, xunto co noso agradecemento enorme, para o conferenciante pola súa claridade expositiva, entrega, simpatía, accesibilidade e amabilidade.

Stembach no Lamas de Abade

O curso anterior remataba con varias novas sobre innovación educativa no Centro e resultados académicos óptimos nas probas ABAU.

Por iso queremos comezar o novo curso académico tamén con novas importantes sobre a calidade da formación no IES Lamas de Abade ao resultar elixido como un dos 30 Institutos de Galicia nos que este ano será impartida docencia do Bacharelato STEM (Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía). 

As actividades comezan este serán baixo a dirección de Roberto Noya (Profesor de Tecnoloxía) e Francisco Pérez Carrasco (Profesor de Filosofía). Informaremos sobre a evolución da experiencia.

Horarios Fin de Curso


Visita á "Pista de Xeo da Alameda"

O vindeiro 20 de decembro, no marco das actividades finais do trimestre e como celebración previa ao Nadal, o alumnado de 3º e 4º da ESO fará unha lúdica visita á Alameda Compostelá para poñer a proba as habilidades para a patinaxe sobre o xeo. A actividade durará de 9:50 a 11:30.

Un favor vos pedimos: Volvede sen danos físicos pero gozade a tope da experiencia Sorriso

Se pulsades na imaxe poderedes ver a fotografía coa que ilustramos este evento dentro dun artigo do xornal La Voz de Galicia no que se fala sobre a pista de xeo e outras actividades do Nadal en Compostela. E se pulsades aquí poderedes ver algunhas das nosas propias fotos da actividade   RisaSorriso 

25N, O IES de Lamas contra a Violencia de Xénero

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller no IES Lamas de Abade

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer