INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

       
PROBAS LIBRES 2022-2023

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023-2024

 

Reserva e admisión

Información sobre o proceso de reserva e admisión

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2023-2024

Normativa reguladora do procedemento: 

ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C

Prazo de presentación das solicitudes de reserva: do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro (ambos incluídos).

Data de publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: 22 de febreiro.

Postos escolares ofertados por nivel:

  • 1º ESO: 23 (destas, resérvanse 3 prazas para alumnado con necesidades específicas de apoio eductivo; no caso de non adxudicarse, asignaríanse ao proceso ordinario de admisión, na lisataxe definitiva ou na adxudicación subsidaria)

  • 2º ESO: 0
  • 3º ESO: 4
  • 4º ESO: 6
  • 1º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 15
  • 1º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 16
  • 2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA: 22
  • 2º BACHARELATO HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS: 16

Prazo de presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

Prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremo alegados:  do 21 de marzo ao 11 de abril (ambos incluídos).

Data de publicación da listaxe provisional do alumnado admitido: 25 de abril.

Prazo de reclamación da listaxe provisional ante o Consello escolar do IES Lamas de Abade: do 25 de abril ao 3 maio (ambos incluídos).

Data de publicación da listaxe definitiva do alumnado admitido: 25 de abril. Dispoñible a través da aplicación informática e no taboleiro do IES Lamas de Abade..

Prazo de formalización de matrícula: do 23 de xuño ao 7 de xullo (ambos incluídos).

Centros adscritos: CEIP Lamas de Abade para ESO; CPI Plurililngüe Antonio Orza Couto, CPI Plurilingüe de Vedra para bacharelato

Área de influencia do centro. (prema no texto)

Servizos complementarios: transporte escolar.

A admisión e matriculación no IES Lamas de Abade implica respectar o proxecto educativo.

As familias e alumnado poderán consultar na aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • Cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
  • Previsión de postos escolares dispoñibles e modificacións.
  • Relación de alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicción admisionalumnado no momento da gravación.
  • Estado de tramitación da solicitude utilizando o número de soliciutde e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Listaxe de  alumnado con posto reservado e listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

NOTA INFORMATIVA

ESTA INFORMACIÓN ESTÁ DISPOÑIBLE NO TABOLEIRO DO IES LAMAS DE ABADE

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer