INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

 

INFORMACIÓN FP

       

 PROBAS ACCESO CICLOS FORMATIVOS

 

                 

 

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

 

Lingua Galega e Literatura

Gran número de premios do IES de Lamas no IX Certame Literario Viaqua

Cinco dos dezanove galardóns do IX Certame Literario ‘Relatos de Auga Intelixente’ foron para o noso alumnado. Este certame, organizado por Viaqua, estaba dirixido a escolares dos 50 concellos onde a empresa xestiona o servizo de augas. O acto de entrega dos premios tivo lugar a tarde do pasado 11 de abril no Pazo de Raxoi, presidido pola concelleira de medio ambiente, Mila Castro e o director da empresa Viaqua, Iván José Vicente. Ao evento acudiron os premiados acompañados de familiares e representantes dos colexios premiados, asistindo no caso do IES de Lamas a directora Carolina Varela e a profesora de Lingua Galega Ana Mosquera.

A lista de premiados do Lamas queda reflectifda nas fotografías que xuntamos coa noticia, comezando por Icía Lagares, gañadora da súa categoría de "Relato Creativo de 1º e 2º da ESO. Xosé Silva e Maruxa Bravo recibiron o segundo premio da súa categoría e completan o cupo Paula Otero e Xiana Andrade cos terceiros lugares da súa categoría de 4º da ESO e de Bacharelato respectivamente. xurado valorou e manifestou a enorme calidade literaria dos relatos polo que merecen sobradamente os nosos parabéns

Recollida de Premio Cinema e Literatura Galega

As tres alumnas de Cinema e literatura galega acaban de recoller unha tarxeta do Corte Inglés como parte do premio da Deputacion da Coruña que o instituto quixo compartir con elas. Xa sabedes: o importante é participar porque... ás veces gánase.

Tamén podes ver esta información no  adegalego

 

Información do Departamento de Lingua Galega

LINGUA GALEGA

Durante o actual período de suspensión de clases presenciais, o Departamento de Lingua Galega e Literatura está a manter contacto persoal e individualizado con todo o seu alumnado para indicar o traballo a realizar semanalmente e para solventar as dúbidas ou calquera outro problema que poida xurdir.

Para contactar connosco seguide as indicacións que vos demos en cada aula.

Lectura Dramatizada no CEIP Lamas de Abade

O alumnado de 1º da ESO (Grupos A e B) está a preparar, co profesorado de Lingua Galega, un conxunto de contos infantís para proceder a unha lectura dramatizada diante do alumnado do CEIP Lamas de Abade este vindeiro mércores sobre as 10:35 horas. 

Sorpresa no Cine Numax: Visita e charla de Xesús Ron (codirector do filme)

 

O alumnado que o pasado mércores 29 estivo na proxección da película "Eroski Paraíso" do Cine Numax, tivo tamén a gran oportunidade de coñecer en persoa a Xesús Ron que é Director Artístico da Compañía Chevere e codirector da propia película xunto a Jorge Coira. Interesante experiencia a organizada polo Departamento de Lingua Galega! 

Teatro: Vida de Cans

 

O alumnado de 3º (A e B) e 4º da ESO terá o xoves 23 de xaneiro a posibilidade de presenciar a representación teatral de gran éxito titulada "Vida de Cans" do Grupo Talía Teatro en horario de 11:15 a 13:30.

Se queredes ir abrindo boca compartimos o simpático trailer da actuación que podedes atopar en Youtube

   

2º Premio Mellor Xornalista Xuvenil da Voz de Galicia

A nosa alumna Nerea Mera Castro, de 1º curso da ESO, vén de recibir o 2º premio do XVI Concurso Escolar organizado polo programa Prensa - Escola do Xornal La Voz de Galicia nesta edición do 2019.

Nerea ten participado cunha entrevista na que deixa constancia do gravísimo problema da perda de poboación e abandono do rural galego.

Compartimos foto da entrega de premios e tamén deixamos o oportuno LINK para que accedades á entrevista galardoada

E tamén podes atopar máis datos e os links á publicación íntegra de prensa Escuela sobre a entrevista e o premio na sección "Prensa" da web do Lamas de Abade

Charla - coloquio María Solar

O 25 de febreiro unha selección do alumnado de 3º da ESO (grupos A e B) asistirán a unha charla-coloquio con María Solar, autora do libro "Os nenos da varíola" no salón de actos do IES Xelmírez I entre as 10.15 e as 13:15 da mañá

Son Muller Forte e Libre

 E falando tamén de traballo ben feito: Cando o 25 de novembro celebramos o día Internacional contra a Violencia de Xénero fixemos un resumo das actividades desenvolvidas no Lamas de Abade antes desa conmemoración. Non obstante, mirade a marabilla coa que nos deleitaron dende o Departamento de Dinamización Lingüística do Centro no recreo do día seguinte. Admirable e valente actuación recompensada coa ledicia e os aplausos de todas e todos os que alí estabamos escoitando.

Deixamos link ao vídeo. Para poder visualizalo temos rebaixado considerablemente a calidade. Non obstante aquelas persoas que queirades unha copia con calidade HD non dubidedes en preguntar ao Departamento de Dinamización ou na Xefatura de Estudos e non teredes problema en conseguila.

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer