INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Club de lectura

Cartel da actividade con Teresa Moure

Entradas para o Obra entre as persoas que conforman o Club de Lectura

 

 

 

No Instagram da Biblioteca xa podedes atopar o nome das persoas afortunadas que teñen acadado as primeiras catro entradas para animar ao CB Obradoiro no seu partido contra o Baxi Manresa no "Polideportivo Fontes do Sar" o sábado 1 de febreiro.

A única condición que tiveron que cumprir? Formar parte do Club de Lectura da Biblioteca do Lamas. Con regalos así apuntarse a ler é case de obrigado cumprimento! Guiño

 

 

Encontro literario con Teresa Moure: Álbum de fotos

O debate desenvolvido con Teresa Moure o pasado xoves 24 de xaneiro de 2019 por parte do alumnado do Club de Lectura "O Scriptorium do Abade" resultou absolutamente proveitoso. Compartimos cos lectores e lectoras da nosa web o álbum de fotografías da actividade

 

Encontro literario con Teresa Moure

Co obxectivo de fomentar a lectura e propiciar un enriquecedor debate cunha autora recoñecida no mundo das letras, o alumnado do Club de Lectura do Instituto terá un encontro literario coa coñecida escritora Teresa Moure o vindeiro 24 de xaneiro de 2019 na hora posterior ao recreo (11:50 a 12:40). Os cursos nos que se encadra este alumnado son o 3º e 4º da ESO e o 1º de Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades (afectando polo tanto ás clases que deberían ter nese horario). De seguro será unha grande experiencia :)

RECUNCHO DE LECTURA

RECUNCHO DE LECTURA

Invitámosvos a que aproveitedes os momentos de lecer para ler no voso novo recuncho de lectura.

 CARTEL DESEÑADO POLO GRUPO DE 1º ESOB COORDINADO POLA SÚA PROFESORA DE EPV.

 

           

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer