INFORMACIÓN BACHARELATO

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe definitiva de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade o día 22-05-2024

 

O LIBRO DO MES. DECEMBRO 2015

      Co devalar da lúa de santos Neira Vilas colleu camiño do alén. Para o noso lecer deixounos un feixe de libros: O cabaliño de   buxo, Querido Tomas, Cartas a Lelo, Espantallo amigo, e tantos outros. Un dos que máis me gustaron foi o que recomendo para ler nas vacacións de nadal, na casa, ao quente, mentres chuvisca fóra e peta o vento nas xanelas.

      Memorias dun neno labrego, escrito por Xosé Neira Vilas, foi publicado por primeira vez en Buenos Aires no  ano 1961. Desde entón éditase e reedítase constantemente.

 

EU SON…

      BALBINO. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña.

      No verán ando descalzo. O pó quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.

     No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.

      ¡Que saben desto os nenos da vila!

.....

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer