slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3

INFORMACIÓN ESO

       

 

INFORMACIÓN FP

RESERVA E ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Publicada a listaxe provisional de admisión

no taboleiro do IES Lamas de Abade

 

Aberto o ciclo "Charlas na Biblio" con Mercedes Corbillón

O pasado xoves día 9, tal e como estaba programado, Mercedes Corbillón abríu o ciclo de "Charlas na biblio" falando de libros y cronopios ante o alumnado de 1ª Bach.

        

CHARLA CONFLICTOS LABORAIS: RESOLUCIÓN

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

 

A cuarta charla das IV xornadas do Departamento de FOL, tivo de título Conflitos laborais: resolución.

Para impartila contamos con Xavier Castro, abogado laboralista con máis de 4000 casos defendidos, e unha ampla experiencia en temas laborais.

Na conferencia o noso alumnado puido coñecer de primeira man como se desenvolve un xuízo, e aproximarse a realidade a través de algúns exemplos prácticos.

Consideramos importante que os rapaces comproben que todo o que aprenden no módulo de FOL está intimamente ligado a realidade laboral e o seu futuro profesional.

CHARLA: SANIDADE FUNCIÓN PÚBLICA

 IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

Nestas terceiras xornadas acollemos unha conferencia de especial interese para o alumnado de sanidade sobre a problemática no acceso ás profesións sanitarias.

As delegadas de CIG saúde, explicaron dun xeito moi claro e educativo, todos os requisitos de acceso as listas de contratación do Sergas, o xeito de anotarse, os cursos que puntúan etc.

Por todos os que teñen relación con esta familia profesional de sanidade, é sabido da complexidade e a importancia que ten coñecer ben o sistema de elaboración de listaxes para o sector público.

Dende logo podemos dicir, que foi unha charla do máis produtiva para o noso alumnado, e que saíron encantados dela.

 

Obradoiro "a miña filla / alumna sofre violencia?"

Dende a ANAP do CEIP Lamas de Abade e a ANPA do IES Lamas de Abade solicítannos que lle deamos difusión ao Obradoiro  " A miña filla/alumna sofre violencia?, impartido dentro da campaña COMPigual, Compostela pola Igualdade de Xénero que terá lugar o xoves 16 de marzo
 
 Dirixido a: profesores e familias do alumnado de Primaria (5º e 6º), IES Lamas de Abade e CIFP Compostela. Obxetivos: dotar de pautas a nais e pais con fillas adolescentes para detectar a violencia de xénero e actuar ante ela.Proveer de directrices ao persoal dos centros educativos para detectar e intervir en casos de violencia de xénero das súas alumnas.
 
Como?: A través dun encontro participativo e dinámico onde reflexionar, debater e
adquirir novos coñecementos.
 
Datos da actividade:
 
Día: 16 de marzo. Hora: 16:30 a 18:30 horas.
Lugar: Salón de actos do CEIP Lamas de Abade.
Prazas: 40. Prioridade para as familias e profesores do CEIP Lamas de Abade.
 
Inscrición: enviando un correo á ANPA do CEIP Lamas de Abade (anpaceiplda@gmail.com) onde se indique o Nome e o centro ao que pertence.
O último día para inscribirse será o venres, 10 de marzo.
 
Pulsando na imaxe poderase acceder ao folleto informativo
     

Charlas na Biblio do Lamas

Conferencia "A muller STEM ocupa o seu papel" na Biblioteca

 

O pasado venres 24 de febreiro o alumnado de 4º da ESO participou nunha conferencia organizada pola Biblioteca en colaboración co xornal La Voz de Galicia sobre o papel da muller no ámbito científico e tecnolóxico. Pilar Mazón, cardióloga, profesora universitaria e Xefa da Sección de Cardioloxía do CHUS estivo compartindo co noso alumnado a súa experiencia como muller traballadora nun ámbito científico tan esixente. 

A actividade foi gravada polas cámaras do xornal "La voz de Galicia" para poder visionala con posterioridade na web. En canto teñamos o link colgarémolo para que poidades disfrutar desta marabillosa Charla.

 

Concerto Didáctico "Música e Evolución"

Alumnado de 2º eso A e de música de 4º eso asistiron no Auditorio de Galicia o venres 24 ao concerto didáctico "Música e evolución" presentado por Pablo Carpinteiro.

Parabéns para as nosas "Juvenes Translatores"

“Traducir es producir con medios diferentes efectos análogos”

Paul Valéry

 

O pasado 24 de novembroun grupo de 5 alumnas de 2º Bacharelato  (Xiana Andrade, Iria Estévez, Candela Porto, Noa Taibo e Antía Tejo) participaron no concurso organizado pola Comisión Europea que leva por título Juvenes Translatores”  e que este ano versou sobre a temática “European Youth”.

Despois da avaliación por parte dun grupo de profesionais da tradución e da revisión da  DG Tradución das  traducións dos alumnos e alumnas que participaron no concurso (2883 en todos os idiomas), un xurado presidido polo director xeral da DG Tradución elixe a mellor tradución de cada Estado membro. Segundo recoñeceu a comisión avaliadora, esta tarefa foi  todo un desafío, pois o equipo avaliador atopouse con textos excelentemente traducidos tanto pola súa precisión como pola creatividade da solucións. Lamentablemente, tan só podía haber un gañador ou gañadora e, aínda que  este/a non foi ningunha das nosas participantes, Antía Tejo resultou galardoada cunha Mención Especial, o que da conta do alto nivel que os/as xuíces avaliadores das traducións viron no seu texto.

Todo o departamento de Inglés así como o claustro de profesores comprácese en felicitar ao grupo  de alumnas por asumir este reto sen dubidar un segundo e a Antía por acadar este logro que nos da folgos para o ano que ven poder facernos coa praza gañadora. Noraboa a todas, participar xa foi un éxito!

 

CHARLA PRIMEIROS AUXILIOS

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL


 

No segundo día de xornadas organizadas polo departamento de FOL, o noso alumnado tivo a sorte de realizar unhas xornadas prácticas de primeiros auxilios, que foron impartidas polos seus compañeiros do ciclo medio de emerxencias sanitarias, encabezados polo seu profesor Aleixo Vilas.

Nesta ocasión, practicaron distintas técnicas de primeiros auxilios, coma son a maniobra de Heimlich, a posición lateral de seguridade e a RCP.

Temos que agradecer o noso alumnado voluntario de emerxencias e o seu profesor por estas xornadas tan proveitosas e prácticas.

CHARLA DISCURSO PUBLICITARIO

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN LABORAL

 


 

 

No eido das IV Xornadas de Orientación Laboral, organizadas polo departamento de FOL do noso centro, tivemos a sorte de contar coa conferenciante Dona Noelia Estévez Rionegro, profesora da USC, que nos deu unha charla titulada: Discurso Publicitario.

Nesta conferencia, o noso alumnado puido achegarse a linguaxe no mundo publicitario, e constatar a continua presenza de estereotipos, dos que normalmente non nos percatamos, e que amosan como dende moi novos a publicidade inflúe sobre o noso comportamento e o noso modo de actuar.

A través de distintos exemplos puideron constatar claramente como a linguaxe é distinta cando o produto se destina a homes ou mulleres, ou a nenas e nenos.

Na seguinte charla destas xornadas tivemos un taller práctico sobre primeiros auxilios, impartido polo alumnado do ciclo de emerxencias sanitarias, organizado polo seu profesor Aleixo Vilas.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer