Alumnas de CM de Farmacia e Parafarmacia durante a súa estancia en Potenza para realizar a FCT no marco do programa Erasmus +
O alumnado de 2º CM de Farmacia e Parafarmacia do IES Lamas de Abade solidarizouse coa campaña internacional contra a SIDA celebrada o día 1 de decembro. Fíxose fincapé na importancia da información, detección precoz responsabilidade e prevención de todas as ETS.
Visita do alumnado de 2º CS Farmnacia e Parafarmacia A á sección de Produtos parafarmacéuticos na FarmaciaLabella (Santiago de Compostela); esta visita resultou moididáctica, con moita atención e seguida con interese!!
O pasado venres 24 de novembro, con motivo do día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrouse no noso centro unha carreira solidaria polo "Dereito a ser nena", na que se recadaron fondos para a organización Save the Children.
Agradecer a todos a vosa participación e as vosas aportacións pola causa.
Con obxecto de dar a coñecer o apaixonante mundo dos minerais, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e dentro das súas actividades de divulgación científica, ofreceu ou pasado venres 24 de novembro no noso instituto Lamas de Abade e para os nosos alumnos de 1º de ESO, tres obradoiros interactivos de identificación de minerais.
Trátase duns obradoiros teórico-prácticos, de dúas horas de duración, onde os asistentes aprenden a identificar os minerais máis comúns da natureza a partir das súas propiedades físicas: dureza, raia, cor, hábito, etc, así como a súa clasificación, usos, ambientes de formación e onde se poden atopar no campo.
Un dos seus obxectivos é espertar a curiosidade e implicar á cidadanía mediante actividades de difusión e divulgación baseadas en contidos documentados por profesores de EME cunha linguaxe rigorosa pero accesible.
Para facer accesible o coñecemento científico á sociedade en xeral e ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional en particular, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía ofrece un conxunto de actividades con contidos relacionados coa enerxía, os materiais e o medio ambiente, temáticas todas elas directamente relacionadas coas titulacións que se imparten no centro: O Grao en Enxeñaría de Minas e Recursos Enerxéticos e o Grao en Enxeñaría da Enerxía.
Os profesores da Universidade de Vigo, en grupos pequenos, souberon adaptarse perfectamente ós coñecementos dos nosos pequenos de 1º de ESO, pero hai que dicir, que o noso alumnado tamén soubo estar á altura.
Desfrutaron de una mañá de minixeólogos con entusiasmo e recibiron , como non, tamén os seus agasallos.
Contaremos acaso con un grupo de posibles enxeñeiros na nosa canteira?
Isabel Zendal, Xosé Rodríguez, Ángeles Alvariño, Ángel María Carracedo ou Marisol Soengas son só uns dos poucos nomes que destacaron e destacan polo seu labor no eido científico.
Con motivo do mes da ciencia en galego nas bibliotecas, o alumnado de 1º de ESO do noso IES, elaborou unha pequena mostra de biografías de científicos e científicas que destacan pola súa relevancia, orixinalidade ou representatividade na historia da ciencia en Galicia.
Na lista atopámonos médicos, aventureiros, enxeñeiros, navegantes, biólogos, químicos ou naturalistas. Todos eles e elas considerados científicos e científicas no seu campo e grandes divulgadores da ciencia en distintos períodos da historia.
Son moitos máis os nomes da ciencia en galego e animámosvos a investigar sobre as persoas que, cada día, traballaron e traballan na procura de avances fundamentais para a sociedade.
Nas seguintes ligazóns, podedes consultar o “álbum da ciencia en galego” do Consello da Cultura Galega que recolle hoxe en día 284 biografías de investigadores e investigadoras, dispoñibles na rede e para descargar en formato pdf (“álbum da ciencia: 30 nomes e as súas achegas”).
O IES LAMAS DE ABADE CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
O mércores, 15 de novembro, de man da campaña de HM HOSPITALES: “LOS MINUTOS DE LA VIDA”, achegáronse profesionais do Hospital HM para formar a máis de corenta rapaces do curso de 3º da ESO do IES LAMAS DE ABADE, unha iniciativa que quere chegar ao maior número de rapaces e rapazas de Santiago para coñecer as medidas a tomar de maneira urxente ante una parada cardiorrespiratoria ou un atragantamento. Durante dúas sesións lectivas, combinando a teoría e a posta en práctica da mesma, os rapaces e rapazas puideron coñecer estas actuacións básicas en situacións de emerxencia sanitaria. É de vital importancia coñecer este tipo de maniobras que poden chegar a salvar vidas.
Da man de expertos na materia, o alumnado puido poñer en práctica a valoración inicial de pacientes, a posición lateral de seguridade, as maniobras en caso de atragantamento e a reanimación cardiopulmonar (RCP).
Dende o centro, agradecemos ao equipo de HM hospitales e aos profesionais que impartiron o curso o seu labor e colaboración na formación das novas xeracións.
A Comunidade Educativa do IES Lamas de Abade, xunto co alumnado e persoal de apoio de ASPANAES, como convidados de honra
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Castañas fóra!!!
Compartimos castañas asadas, caloriño e arrecendo delicioso, receitas de vida saúdable, visitas guiadas aos castiñeiros do IES Lamas de Abade, obradoiros de maquillaxe e perrucaría, tendais de poemas, refráns, ditos populares e debuxos de castañas. Compartimos tamén xogos tradicionais, música e baile. Elaboramos un mural do “Castiñeiro de Castel”, degustamos doces de tempada…
E… sobre todo, compartimos receitas de relación entre nós, momentos de lecer, convivencia e festa.
Xornada de exposicións, con bingo, kahoot,
pirámides interactivas.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer