2º Bacharelato

Post ABAU. Simulador da nota de admisión ás titulacións das Universidades galegas



 

Esta fin de semana será a da gran liberación para o noso alumnado que ven de rematar as probas da ABAU.

 

Nunha semana máis ou menos teredes as vosas cualificacións e entón compre ter clara cal é a nota acadada resultado da ponderación entre a cualificación da ABAU e a do BAC. Para facilitar isto a propia Xunta de  Galicia proporcionanos un simulador que permite calcular dita NOTA DE ADMISIÓN. 

 

 

Todas as persoas interesadas en coñecer a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tendes á vosa disposición este simulador. Para isto, é necesario introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

 

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25262

ABAU XUÑO 2018

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Pois xa está ...mañá chega a ABAU para o noso alumnado que superou o 2º BAC.

 

Malia a fama que ten a proba entre os que a abordan cada ano, podemos certificar que non é tan complicada  como se pensa... aínda que se o noso alumnado ten algún nervio non é estrano ( non en van é o primeiro examen que fan diante de quen non os coñece)

 

Dende a páxina web do IES Francisco Aguiar queremos  desexarvos SORTE e, actuando un pouco como avós "cebolleta" recomendarvos algúns consellos para que os teñades en conta :

 

1. A ABAU comeza mañá ás 9.00 coa presentación e logo ás 10.00 coa proba de Lingua Castelá pero realmente hai algunhas cousas que preceden a ese momento que non debedes descuidar:

    • ◦ Por moito que queirades apurar o estudo, non faredes ben o pequeno maratón que comeza mañá se hoxe non durmides as horas suficientes e non vos alimentades ben mañá ao erguerse da cama.

 

    • ◦ Cando vaidades esta noite para cama aconsello deixar preparadas as cousas que precisaredes para o día seguinte: DNI ou documento identificativo, varios bolígrafos de tinta azul e/ou negra imborrable, calculadoras( permitidas), diccionarios....

 

    • ◦ Os que usedes o bus que partirá do insti... ter en conta que hai que estar alí con todo preparado ás 7.50-8.00h.

 

    • ◦ E, por se alguén o precisa... sesión previa de perruquería para asegurar que están "despexados os pavillóns auditivos para verificar que non se usan dispositivos auditivos non permitidos". ;)

 

2.  Poñer o espertador.... e o da nai, do pai, do irmán se é preciso para espertar a tempo. Logo do antedito almorzo ( ainda que o estómago, seica, non admita moito por estar repleto de nervios) chegar puntual para colller o bus.

 

 

3. Unha vez no lugar das probas, acompañados polo mellor acompañante que temos en plantiña para o mes de xuño(Xosé Luis Mosquera), prestade máxima atención ás instruccións e seguídeas ao pé da letra.

 

 

 

 

4. Repartirán os códigos identificativos que debedes conservar e gardar sempre con moito coidado (sempre no mesmo lugar, sempre coas mesmas rutinas...) E non esquezades que os exames son obrigatoriamente anónimos: non asinedes nin os marquedes de ningún xeito ( podería ser causa de anulación), só pegar os vosos códigos en cada caderniño.

 

5. Non esquezades que cada examen se entrega nun  único caderniño e supón a elección dunha opción ( A ou B) que debedes contestar de modo excluinte ( non mesturar respostas de ambas).

 

 

6. O tempo máximo de cada proba son 90 minutos pero  antes de 30 minutos non poderedes sair da aula.  Consello: procurade sacar todo o que teñades ...e algo máis. Entregar en branco ou de calquera xeito é autosuspenderse. Lembrade que durante o examen non se permiten preguntas ( lembrade a Francisco...)

 

 

7. Ollo coas calculadoras programables, móbiles e reloxos intelixentes, non están permitidos.

 

SORTE!

Confiade, por riba de todo no traballo que fixestes ao longo do curso,

que non foi pouco, e que agora agromará, seguro,  en bos resultados.

Probas ABAU Xuño 2018.

Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais - Campus de Elviña (Comisión Delegada nº 6) -

Tfno.: 981/16.70.00 ‒ Extensión 2409 Fax: 981/16.70.70

 

Probas: Os exames terán lugar os días 12, 13 e 14 de xuño, segundo o horario indicado

 

AVISO:

A EMPRESA GILSANZ PON  A DISPOSICIÓN DO NOSO ALUMNADO, GRATIS,  UN AUTOBÚS PARA IR ÓS EXAMES (SÓ A IDA), HAI QUE ANOTARSE EN SECRETARÍA.

 

Sairá da porta do Instituto ás 8.00h. do martes 12 de xuño (compre estar uns minutos antes para evitar retrasos ou mesmo perdas)

 

 

Primeiro día: 12 de xuño

09,00 – 10,00 : Presentación

10,00 – 11,30 : Lingua Castelá e Literatura II

12,00 – 13,30 : Historia de España

 

15,30 – 17,00: Lingua Galega e Literatura II

 

17,30 – 19,00: Primeira Lingua Estranxeira II

 

 

 

MOI IMPORTANTE:

 

Instruccións para a realización de exames(enlace)

( identificación, etiquetas, móbiles, materiais específicos, calculadoras,  reloxos, tempos...)

 

E como sempre o noso ánimo para os examinandos/as e un sorriso ( "pa' deses3sar")

 

¡SORTE!

 

 

 

¡Hasta siempre Instituto!. A graduación 2018 na Voz de Galicia

PABLO PORTABALES 

26/05/2018 05:00 H

 

Y este jueves tuvo lugar el acto de graduación en el Francisco Aguiar de Betanzos.

Hubo actuaciones musicales, intervenciones de alumnos y profesores, «e entrega das insignias do instituto», comenta el director, Francisco Rodríguez.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/05/25/siempre-instituto/00031527265377866846272.htm

 

Así recolle Pablo Portabales a nosa graduación do xoves 24 en palabras necesariamente sintéticas para dar cabida a outros institutos.

 

Pero os que tivemos a fortuna de disfrutala "in situ"  sabemos poñer moitos detalles entrañables. 

 

 

Certo que houbo actuacións  musicais grazas a Blanca Bello, ao alumnado de BAC, a Amë e a Óscar. Actuacións que emocionaron,   "Mama mia" con botas plateadas incluidas (directamente ABBA) por parte de Blanca;   

 

 

decindo a todos que non nos mete medo o que veña por diante, que "non hai montaña suficiente grande " ("Ain't no mountain high enough") para os que alí estabamos;

 

 

ou a chamada a soltar amarras  sen chorar polo que deixamos atrás que Amë cantou (acompañada á guitarra por öscar e ao piano por Blanca) con "The Sign of the Times".

 

Claro que houbo discursos!

 

A voz grave e sempre impresionante de Francisco desvelou un dos grandes secretos: a xeración do 2018 pasaba a ser modelo para a xeración do 2019. 

 

Quen non ríu e emocionou coas palabras delicadas de Selene, coa alegría contaxiosa de Amë ou a enerxía de Tania!

 

 

Como non escoitar aos autoalcumados "xeración desastre" relatar as peripecias do paso polo Insti, o recordo para os que vivían tan lonxe ( ou en repúblicas independentes) que parecía mentira que viñesen ata Betanzos a recibir clases. Lidía de blanco elegante e impoluto; Andrea estilizada e altísima;  dinámica e alegre, como sempre, Lucía.

 

E sorprendernos co discurso de ciencias que María e Elías declamaron case sen mirar para o papel. As indubidables dotes para a escea de Elías, a voz serea e firme de María (impresionante). Un discurso impecablemente construido que nos levou da poesía  á risa  transportados sen resistencia posible  por un vendaval de emocións. 

 

E que dicir do discurso dos profes, de Cheché e Blanca. Ninguén podía esperar nada parecido. Cheché e Blanca falando distendidos, rindo e facendo rir sen "cortarse" por  poñer un nariz de pallaso, unha pamela de palla ou unha gorra de capitán de barco. Blanca e Cheché cantando os maitines que profetizaban a noite que viña por diante aos graduados,  ou animando con música de Orquesta Mondragón:"Viaje con nosotros "Francisco Aguiar". Viaje con nosotros a mil e un lugar.."

 

E logo de todo isto "entrega de insignias". Certo que se entregou este deseño que nos identifica e nos situa nesa cidade outa abrazada polos ríos Mandeo e Mendo que se funden na ría de Betanzos. Pero esa entrega era case o de menos,  porque o xeito en que o Aguiar quedaba  era xa en forma de vivencias fondas no alumnado e profesorado, en familias e amigos. 

 

 

Que logo fixesemos unha fotografía que nos reunía a todos, ou que rematásemos co  refrixerio ofrecido por Melania, era só un aparente final. De feito, moitos viñeron á mañá seguinte directos da festa coruñesa (algúns ataviados con calcetíns de cor  rosa... vai saber saidos de onde, outras termando por facer o horario escolar completo ata o final da mañá).  E agardamos que sigan viñendo cada vez que necesiten algo de nós ou simplesmente para facermonos saber que é das súas vidas. 

 

BOA VIAXE ! (agárdavos a vosa Itaca)

 Xeración do ano 2000

Promoción 2018 do "Aguiar"

 

 

 

Imaxe e Son. Videopoemas 2018

Publicamos os videopoemas realizados polo alumnado de Imaxe e Son e seleccionados como finalistas na II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María. 

 

Orixinal de María Corral e Iara Obelar.

 

Orixinal de Samuel Román e Oscar Lagares.

 

 

Concurso Videopoemas convocado pola Casa Museo de Manuel María. Dous finalistas do Aguiar.

O sábado 19 de Maio asistimos á entrega dos premios da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María. Os de Imaxe e Son do Aguiar levamos o orgullo de ter dous videopoemas entre os finalistas "Máis ve que o meu corazón" de María Corral e Iara Obelar e "O foguete" de Samuel Román e Oscar Lagares. 

maria e iara

O noso agradecemento á organización pola convocatoria destes premios e por unha ceremonia entrañable na que nos sentimos xa premiados. Parabéns a todos os participantes que realizaron unhas magníficas curtas, dun altísimo nivel, demostrando sen dúbida, que hai futuro no audiovisual galego.

ABAU 2018(selectividade)Calendario. Ponderacións...

ABAU: Proba de avaliación do bacharelato para o acceso á Universidade

Calendario da proba de acceso á Universidade: http://ciug.gal/PDF/cartelcalendario2018.pdf

Parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e das materias de opción da proba: http://ciug.gal/PDF/novataboapond18.pdf

A realización dos exercicios da ABAU serán o 12, 13 e 14 de xuño de 2018. Haberá unha convocatoria extraordinaria o 12, 13 e 14 de setembro de 2018

Un blogue interesante do IES A Sardiñeira para aclarar dúbidas: https://monicadizorienta.blogspot.com.es/

ABAU 2018(selectividade) Horario das probas de xuño

HORARIO. Xuño 2018

 

 

Primeiro día: 12 de xuño

09,00 – 10,00 : Presentación

10,00 – 11,30 : Lingua Castelá e Literatura II

12,00 – 13,30 : Historia de España

 

15,30 – 17,00: Lingua Galega e Literatura II

17,30 – 19,00: Primeira Lingua Estranxeira II

 

 

Segundo día: 13 de xuño

09,00 – 10,30:

                 Matemáticas Aplicadas CC.SS.

                 Fundamentos da Arte II

11,00 – 12,30:

                 Matemáticas II

                 Latín II

13,00 – 14,30:

                 Debuxo Técnico II

                Artes Escénicas

                 Segunda Lingua Estranxeira II

 

16,00 – 17,30:

                 Física

                 Xeografía

                 Cultura Audiovisual II

18,00 – 19,30:

                 Química

                  Grego II

 

 

Terceiro día: 14 de xuño

09,00 – 10,30:  

                 Bioloxía

                 Historia da Arte

11,00 – 12,30:

                 Xeoloxía

                 Historia da Filosofía

13,00 – 14,30:

                  Economía da Empresa

                  Deseño

 

Distribuir contido