2º Bacharelato

A Coruña. O legado romano.

O martes 21 de marzo os alumnos e alumnas de 2º BAC que cursan a materia  de "Ética e Filosofía do Dereito", visitarán acompañados polo seu profesor Luis Gorrochategui, a cidade de A Coruña.

O obxecto é descubrir a pegada do mundo romano na cidade herculina. O estudo deste mundo romano é un presuposto fundamental para entendernos posto que pon os alicerces  do dereito que é  fundamento do dereito que hoxe xeralmente aceptamos. 

Sábado 11 de marzo. Xornada de orientación para alumnado e familias ( imos pola IIIª)

 

O Bacharelato é un momento de importantes decisións no relativo aos futuros estudos ou saídas profesionais.

 O panorama educativo constantemente cambiante que estamos a vivir non facilita a toma de decisións aos interesados e ás súas familias

A nosa convocatoria

 . Convidamos ao alumnado de 2º BAC que este ano rematará estudos de secundaria pero tamén ao de 1º BAC para que poida tomar decisións con maior perspectiva.

 . Convidamos ao alumnado, pero tamén ás familias, convencidos de que nunha decisión así compre sumar puntos de vista.

 . Convidamos fóra do horario lectivo para favorecer a asistencia tanto das familias como dos colaboradores/as.

 . Convidamos non tanto a unhas charlas teóricas canto a un encontro con persoas que estudaron ou estudan aquilo no que podemos estar interesados/as.

 . Convidamos non porque dispoñamos dun grande presuposto económico, senón porque atesouramos o inmenso capital humano dun Instituto de máis de medio século. Contaremos como colaboradores con ex-alumnos/as do IES Francisco Aguiar.

 

 

Imaxe e son. Tempada 2, episodio 1.

Voltamos os de Imaxe e Son, desta vez coas historias da cafetería. O noso máis sincero agradecemento a Melania, pola súa comprensión e paciencia. Haberá próximos episodios? Somos Imaxe e Son. Non paramos. Non nos esquecemos. Esperádenos.

 

Guións para exercizo plano/contraplano Imaxe e Son 2017

En Imaxe e Son andivemos a facer guións para un corto.

Destes 6 magníficos guións votamos os tres que nos gustaría grabar, aínda así, os guións en si mesmos non teñen desperdicio nengún.

Historias de mafiosos, policíacas, loitas por bocatas de tortilla, escolas de maxia, amor e desamor, música...

Todo ca súa correspondente sinopse, guión literario, guión técnico, storyboard, e catálogo de persoaxes. Publicamos destacados os guións máis completos.

 

A ver qué vos parecen.

 Garrafón



 



 

Para que sigades a ler, tamén temos:

CSI Compostela
Discusión musical 

 

 

Vista á central de Endesa As Pontes

O martes 7 de febreiro, os Departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía  visitarán un ano máis as instalacións de ENDESA en As Pontes.

 Coordinados por Luisa Muiño e Juan M. Neira os alumnos de Física de 2º BAC e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC ocuparán toda a mañá nesta interesante visita.

Visita ao Arquivo do Reino de Galicia. 20.XII.2016

O alumnado de 2º da Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais visitará o martes 20 de decembro pola tarde as instalacións do Arquivo do Reino de Galicia situado no Xardín de San Carlos da cidade de A Coruña.

Estarán acompañados pola súa profesora de Historia, Lucía Sáez, colaboradora tamén dista institución nalgunha das súas publicacións.

Na visita coñecerán os fondos documentais que atesoura esta importante institución e tamén todos os procesos técnicos precisos para a conservación e restauración do patrimonio documental. 

E posto que a "nomina" de ex alumnos e ex alumnas  do Aguiar é ben diversificada. Tamén podemos presumir nela de xente que se adica a este mundo da arquivistica e a documentación. Por iso non queremos pasar sen lembrar a Berta Otero, actualmente polos "madriles" completando formación;  e  a Ángel Arcay desentrañando e organizando arquivos por Galicia adiante ( e cun precisoso e apetitoso blog de receitas nacido do Arquivo do Museo de Pontevedra: La Cocina del Palacete)

 

 

Imaxe e Son. Fin da 1ª Tempada.

E así, os de Imaxe e Son, publicamos un dos nosos primeiros exercizos. Seguiremos traballando e voltaremos, mellores, porque aprendemos contínuamente dos nosos acertos e, tamén, dos nosos erros. Grazas polos vosos comentarios, polos vosos ánimos, polas vosas críticas.
Deixamos este exercizo gravado na biblioteca cun bó sabor de boca, o que dá pechar un libro despois desfrutar ca súa lectura.
Adicado á Biblioteca Sebastián Buedo, aos que fan posible o seu funcionamento, aos que lle dan vida ao desfrutala.

Tempada 1

Episodio 3

 
 
 
 
Exercizo de movementos de cámara de alumnos/as de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos. Alba, Gala, Tomás e José Marcos nos levan a Biblioteca. Alí, sempre atoparemos un bó libro para mergullarnos nas súas letras e, finalmente, pechalo ca satisfacción de haber desfrutado da lectura.
Carmen Núñez

Imaxe e son. Tempada 1, episodio 2.

Seguimos crecendo, seguimos traballando, probamos, xogamos, experimentamos, creamos... De novo, grazas a o equipo da Biblioteca, pola súa hospitalidade. E velaí vai, en aberto, para todos os públicos, completamente de balde.

Tempada 1

Episodio 2

 

 

Exercizo de movementos de cámara feito por alumnas de 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos.
As incribles Antía, Fresa, Laura, Lucía e Uxía nos sumerxen dentro dos pensamentos, algo sibilinos, dalgunhas usuarias da Biblioteca.
As persoas as que este vídeo fai alusión son as propias guionistas, cámaras, actrices, editoras e directoras. Haberíalles que preguntar a elas se con él fan unha crítica a falsedade dalgunhas relacións ou, simplemente fixeron unha broma interna e divertida.
A música, todo un descubrimento: "Pina colada" de  Silent Partner accesible na biblioteca de audios de Youtube.

Carmen Núñez

 

Club de Lectura presencial de 2º BAC

Non hai dúbida, unha das formulas máis orixinais dos clubs de lectura do noso instituto son os da modalidade presencial que se realizan nos recreos co alumnado de 2º bacharelato. 

Atendendo ás características diste curso final do bacharelato (tolo e desbocado) propónselles, en vez de traer feita unha lectura para falar sobre ela, achegarse a unha  durante o tempo do club. Por este motivo bótase man con frecuencia de formas literarias breves ( contos, aforismos, haikus...) e tamén de productos audiovisuais como cancións ou curtametraxes. O obxectivo non cambia: compartir reflexións e sentimentos arredor de textos, imaxes, sons...e arrodeados de amigos e compañeiros.

Parabéns para o equipo de biblioteca, e neste caso nomeadamente para o profesor Francisco Rodríguez, polo entusiasmo proxeléctico, por tantos recreos ao servizo da promoción da lectura. E parabéns para o alumnado que segue a deixarse enlear para a lectura.

Imaxe e son. Tempada 1, episodio 1.

O alumnado de Imaxe e Son comeza nesta entrada a publicación dos exercizos que realizamos na clase. Neste caso trátase dun exercizo de movementos de cámara grabado na biblioteca "Sebastián Buedo".

Queremos expresar o noso agradecemento aos responsables da Biblioteca polo seu inconmensurable traballo e pola súa total colaboración co noso pequeno proxecto. Moitas grazas, de corazón. 

Aproveitamos o final dos videos para incluir unha pequena mensaxe para publicitar a "hora de ler", actividade que se realiza no noso IES nos cursos da ESO dende fai anos e que é tan necesaria.

Sen enrolarme máis, deixo para o voso xuizo a primeira producción. Nos vindeiros días publicaremos máis. Coma nas boas series, ...

Tempada 1

Episodio 1

 

"Historias da Biblioteca: O libro dos segredos". Exercizo de movementos de cámara de alumnos/as de Imaxe e Son 2º de Bacharelato do IES Francisco Aguiar de Betanzos curso 2016/2017. Aldara, Arantxa, Pablo, "Pol" e Roque aproveitan a súa creatividade para ensinar a todos a ruta ao libro que contén os segredos, oculto na Biblioteca. Animan a todos os seus compañeiros e compañeiras á desfrutar da lectura, porque na Biblioteca Sebastián Buedo sempre podes atopar tesouros para a hora de ler.

Música: Metaphysik de Kevin MacLeod está sujeta a una licencia de Creative Commons Attribution (https://creativecommons.org/licenses/by/4.0/)Carmen Núñez

Fuente: http://incompetech.com/music/royalty-free/index.html?isrc=USUAN1400056

Artista: http://incompetech.com/

 

Distribuir contido