2º Bacharelato

Proba acceso á Universidade (ABAU) Información importante

 

 NOTAS IMPORTANTES PARA O ALUMNADO QUE REALIZARÁ

AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU)

EN XUÑO 2017 (días 7,8 e 9)

 

TRANSPORTE:

 A empresa GILSANZ porá a disposición do alumnado un autobús gratuito para ir aos exames ( só ida) :

 

    1. Sairá da porta do Instituto ás 8.00h. do mércores 8 de xuño (compre estar uns minutos antes para evitar retrasos ou mesmo perdas)

 

 

 IMPRESCINDIBLE PARA PRESENTARSE AO EXAME

 

      1. As probas terán lugar na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais (Campus Elviña. Comisión Delegada nº 6) Tno. 981167000 Extensión 2409
      2. O alumnado participante nas ABAU deberá acudir á presentación o primeiro día (7 de xuño) ás 9.00 h. e nas sucesivas probas con puntualidade á  hora convocada para o seu comezo.

      3. O alumnado deberá concorrer a cada un dos exames  provisto:

 

        • DNI ou pasaporte

        • Pluma ou bolígrafo de tinta azul ou negra

        • Material propio de materias como: Debuxo ( compás, escuadra...) ou Latín e Grego ( dicionarios)

 

NON ESTÁ PERMITIDA A ASISTENCIA AOS EXAMES CON TELÉFONOS MÓBILES NIN OUTROS DISPOSITIVOS ELECTRÓNICOS, AGAS CALCULADORAS NON PROGRAMABLES. O incumplimento desta norma poderá ser motivo de medida disciplinaria.

 

 Horario da ABAU xuño 2017 (enlace)

O noso ánimo para os examinandos/as e un sorriso ( "pa' deses3sar")

¡SORTE!

 

 

 

O vídeo da cerimonia de Graduación 2017

Video montado por Irene García proxectado na graduación de alumnado de 2º BAC do IES Francisco Aguiar o 25 de maio de 2017.

Participan, como locutores Carmela Vázquez, Alfonso Edreira, Adrián Mauri, Isabel López, Inés López e Noelia Fraga. Como artistas invitados unha chea de alumnos e alumnas dista promoción.

 

PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (ABAU). MATRÍCULA I EXAMES

As datas e lugares clave para o alumnado que superou en xuño a avaliación de 2º BAC e quere participar nas Probas de Acceso do Bacharelato á Universidade (ABAU)

MATRÍCULA

24 de maio  

  • Comprobación de datos no impreso de pre-matrícula na secretaría do IES Francisco Aguiar

 

29 de maio

  • Matrícula das probas de acceso  e solicitude do Título de Bacharel na secretaría do IES
  • Abono de taxas na entidade bancaria
  • Presentación de documentación en secretaría do IES

 

EXAMES

7,8 E 9 DE XUÑO

  • Probas de acceso á Universidade. Na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. Elviña

       Tfno. 981 16 70 00(2409)

IMPORTANTE AVISO PARA O DESPRAZAMENTO AOS EXAMES:

 

 

CUALIFICACIÓNS

16 de xuño

 

  • Publicación das cualificacións das probas ABAU. En internet a partir das 20.00

20 de xuño

  • Envío ao IES Francisco Aguiar, dende os LERDS, das Tarxetas de Cualificación das ABAU

 

 

Imaxe e Son. Tempada 3: Historias do aula de debuxo. (Único episodio)

De novo estamos aquí.

Fixemos animacións con distintos soportes, con distinto software, con distintas metodoloxías. Animamos fotograma a fotograma con debuxos feitos por nós ben con fotografías (stop motion) ou con capas co software libre de edición de imaxes Gimp. Tamén houbo quen animou fotograma a fotograma debuxando no móbil con aplicacións gratuitas coma FlipaClip. Outros fixeron animación con interpolación de movemento, tanto en ordenador  con Gimp coma en tablet/móbil. Por último, animamos con ósos e interpolación de movemento tanto en 3D con Blender coma en 2D en Plastic (para tablet).

E todo isto combinámolo nunha pequena curta que toma como escenario o aula de debuxo do instituto. Agradecemos o Departamento de Artes Plásticas a súa colaboración e, por fín,  invitámosvos a desfrutar co noso pequeno traballo.

firma

Saída didáctica. Santiago de Compostela e a Arte. 25.IV.2016

Como ven sendo tradicional, nesta parte final do curso o alumnado que cursa a materia de historia da Arte en 2º de Bacharelato cursa unha indispensable visita didáctica á cidade de Santiago de Compostela. Desta volta, protagonizan o evento un grupo numeroso acompañados polos seus profesores Xosé Luis Mosquera e Xan Munín.

O programa inclúe a visita aos principais monumentos da arte medieval e barroca da cidade, un percorrido polo trazado urbano,un achegamento á arte máis recente no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea) e unha visita á obra do arquitecto Peter Eisenman, a Cidade da Cultura.

Imaxe e Son: Tempada 2, episodio 3.

Rematamos a tempada 2 "Historias da cafetería" cunha truculenta historia ao estilo de "O silencio dos cordeiros". Unha asasina múltiple e unha detective. Unha historia que daría para unha longametraxe e da que aquí mostramos un pequeno avance. Os de Imaxe e Son seguen a grabar. Haberá unha terceira tempada? 

 

firma

Testemuña fotográfica da visita xeográfica a Ferrol (7.IV.2017)

Que a visita a Ferrol dos alumnos de 2º BAC Xeografía foi un éxito; que se cumpliron os obxectivos didácticos; que, asemade, foi unha estupenda xornada de convivencia para rematar trimestre( o pasado 7 de abril).... dan conta as facianas sorrintes dos "meninos e meninas" participantes.Guiño

Platón, Xenofonte, Eutropio, Fedro, Rafi, Lorena e Pablo: OLÍMPICOS DO AGUIAR

O xoves 6 de abril, á tardiña, dous alumnos do Aguiar: Lorena Naveira e Pablo Vázquez, acompañados pola súa profesora Rafaela Villalba, participarán en Santiago de Compostela na IIIª Olimpíada de Traducción de textos clásicos. 

Cada proba consistirá na tradución dun texto proposto, acompañada de análise morfolóxica e sintáctica dunha selección de dito texto que se sinalará oportunamente.

Os textos das probas serán dos autores utilizados nas PAU de anos anteriores:

— en Lingua Grega, da obra de Platón e Xenofonte reducirase adicionalmente para esta proba o corpus ao primeiro libro de Anábase e primeiro libro de Helénicas e ás obras platónicas Critón e Apoloxía de Sócrates.

— en Lingua Latina a proba versará sobre textos de Eutropio e Fedro.

 

As probas desta IIIª Olimpíada terán lugar na Facultade de Filoloxía, aula C11 o xoves 6 de abril de 2017

16:00-17:30: proba de Lingua Grega

17:30-18:00: descanso

18:00-19:30: proba de Lingua Latina

 

Outorgaranse 3 premios para cada modalidade:

1º premio: 250€

2º premio: 150€

3º premio: 100€

Todos os participantes recibirán un diploma acreditativo.

 

A entrega de premios será previsiblemente o xoves día 4 de maio de 2017 en Santiago de Compostela. 

Imaxe e Son: Tempada 2, Episodio 2.

E voltamos por fín. Cunha segunda parte das "Historias da cafetería". Facendo homenaxe ao western. Ata ónde se pode chegar polo último dos bocadillos de tortilla. O noso agradecemento a Melania pola súa paciencia os días de rodaxe e, por suposto, polos seus bocatas de tortilla Guiño.

 

Distribuir contido