2º Bacharelato

FALAMOS DE XEOGRAFÍA

O VENRES 12 DE XANEIRO  profesorado da facultade de Xeografía da Universidade de Santiago reuniráse co alumnado de Xeografía de 2º BAC do noso instituto para falar de xeografía e para presentar os estudos do Grao que esta disciplina desenvolve na Facultade compostelá. 

Lonxe queda unha disciplina entendida só como pura descrición do medio físico ou humano.

Pouco ten que ver a xeografía do século XXI con listas de ríos, montañas, cabos e golfos. 

A día de hoxe, a xeografía analiza as relacións entre o medio e o ser humano, entre o espazo e as sociedades que o habitan.

E faino cun sentido crítico, explicativo e, na medida do posible, transformador.

A charla terá lugar no Salón de Actos do IES Francisco Aguiar entre as 11.45 e as 12.35hs. 

Orientación para alumnado de 2º BAC

 

 

 

O mércores 20 de decembro, entre as 10,15 e as 11,15 o alumnado de 2º BAC participará nunha actividade de orientación centrada na proba da ABAU ( a vella selectividade) e nas alternativas posteriores en canto a estudos universitarios. 

Visitarán o noso instituto a profesora da Universidade de A Coruña responsable do Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante en dita Universidade ( e ás que coñecemos das nosas Xornadas de Orientación do pasado curso): Teresa González 

Estamos seguros que a actividade será de máximo interés e utilidade para o noso alumnado

 

Imaxe e Son 17-18. Transforma a túa vida

"Historias da Biblioteca: Transforma a túa vida" Video rodado na Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos polos alumnos de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato.

 
Orixinal de Oscar Lagares Lafuente e Marcos Blanco Crespo.
 
Dende Imaxe e Son aproveitamos para agradecer ao equipo da Biblioteca a súa actitude colaborativa, paciente e amable cos autores destes pequenos traballos de vídeo.

Imaxe e Son 17-18 Episodio 2 Historias da Biblioteca: D. Quixote do Aguiar

Novo traballo de "movementos de cámara" do alumnado de "Imaxe e Son" de 2º de Bacharelato. Nesta ocasión os autores inspiranse no clásico de Miguel de Cervantes "D. Quixote" e traspasan a súa aficción a lectura con resultado de  (marabillosa) tolemia á nosa biblioteca. 

 
Orixinal de Oscar B. D. e Juan Carlos C. G.

Imaxe e Son 17-18. Aventuras na Biblioteca. Episodio 1

Primeira entrega dos vídeos rodados na Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos, no curso 2017-2018, polos alumnos de Imaxe e Son de 2º de Bacharelato dentro do exercizo movementos de cámara.
Creación orixinal de María Corral Vieiro, Iara Ayelén Obelar e Samuel Román Vara.

Día da Biblioteca. Imaxe e Son.

profeticsbetaDefinición, Biblioteca: lugar onde podemos atopar calquera soporte dun texto coma novelas, revistas, banda deseñada, ensaios, etcétera para a súa consulta ou desfrute.

De mostra, uns botóns...

Laila Einstein
Beowolf Mujeres

"Fotonovelas" de Imaxe e Son

Primeiras produccións dos de Imaxe e Son. Tocou contar unha historia con fotografías, seleccionando planos. Temos dúas que contar, "Un novo alumno" e "Historia dun suspenso". Desfrutade da fin de semana.

Imaxe e Son. 2017-2018. Arrancamos

Comeza un novo curso na optativa de 2º de Bacharelato de Imaxe e Son. Gustaríanos compartir o primeiro traballo. Unha análise da magnífica curtametraxe "Borrowed Time". Esta curta, feita por dous membros da compañía Pixar, non leva curiosamente o selo da compañía xa que non se trata dunha obra para nenos. A nós serviunos para analizar os distintos tipos planos, segundo distancia e ángulo, empregados polos autores para crear unha historia conmovedora, chea de metáforas visuais e de gran beleza. Velaí vai o noso pequeno homenaxe en forma de traballo a unha historia que nos cautivou.

Feliz inicio de curso. @ticsbeta

ABAU ( Selectividade-PAU's) xuño 2017 : 100% aprobados!

Que podemos dicir un ano máis... que podemos sentirnos moi contentos e orgullosos no noso instituto.

Se xa foi un éxito que 75 alumnos/as se poidesen presentar a ditas probas en xuño logo de aprobar o duro 2º de Bacharelato, a satisfacción medra aínda máis  logo das probas da ABAU ( antes selectividade ou PAAU) cando o 100% dos 75 alumnos/as que o IES Francisco Aguiar presentou a estas probas aprobou coa cualificacion de apto a fase xeral de ditas probas.  

A falta dun estudo máis polo miúdo dos resultados podemos adiantar algunhas conclusións que tiramos da  cualificación resultante da combinación da nota de ditas probas ABAU coas cualificacións de Bacharelato:

APROBAN: 75 alumnos (100%)

 

SUPERAN O 9 : 9 alumnos (12%)

 

SUPERAN O 8: 18 alumnos (24%)

 

 SUPERAN O 7: 41 alumnos (56%)

 

Parabéns, logo,  á xeración de

 

cachorros de ornitorrinco,

booktubers

manequin challengers

pioneiros de asignaturas de imaxe e son

fotografos do 33º outono fotográfico

artistas decoradores de cadeiras de instituto

músicos de éxito

pelegríns polo camiño inglés

escritoras multipremiadas

 Voluntarias correspondentes 3.0

 

 

 

 

 

E logo da ABAU.... Que estudar? Onde vivir mentres tanto?

 

Que estudar en Galicia? Hai vida despois da ABAU(enlace)

 

 

E agora que estudo? Aquí podes ver a oferta formativa que tes en Galicia e en España

Titulacións das Universidades

Ciclos formativos de Formación Profesional

 

Ensinanzas de réxime especial:

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas de danza

Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Ensinanzas deportivas

Ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño

Ensinanzas superiores de arte dramática

Ensinanzas superiores de deseño

Ensinanzas de música

 

Oferta universitaria en toda España:  Titulacións Universitarias en España

 

Oferta de Formación Profesional en España:  Ciclos formativos en España

 

Prazas nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo(enlace)

 

A Consellería de Educación convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2017/18.

 

Requisitos:

Alumnado que no curso académico 2017/18 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.

A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:

a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.

b) Tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.

Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.

As prazas poden ser gratuitas ou bonificadas:

A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar da persoa adxudicataria sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2016/17 (Boletín Oficial del Estado núm. 171, do 16 de xullo). 

 

Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades: 

a) Ata un 10 %: 551,99 €.

b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 846,45 €.

c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.340,98 €.

d) Máis do 30 %: 2.019,17 €.

 

Prazos:

a) Para os solicitantes matriculados en Bacharelato ata o 15 de xullo de 2017.

b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos ata o 8 de agosto de 2017.

Os trámites poden facerse en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A

Máis información no DOG do 9 de xuño de 2017 e nos CRD:

http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/ 

http://centros.edu.xunta.es/credovigo/ 

http://centros.edu.xunta.es/credodeourense/

*O limiar 2 de renda familiar para o curso 2016-2017:

Familias dun membro: 13.236

Familias de dous membros: 22.594

Familias de tres membros: 30.668

Familias de catro membros: 36.421

Familias de cinco membros: 40.708

Familias de seis membros: 43.945

Familias de sete membros: 47.146

Familias de oito membros: 50.333

 

 Aloxamento nas Residencias de Xuventude durante o curso 2017/2018(enlace)

 

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen.

As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.

Convocatoria para o curso académico 2017/18: 220 prazas.

Cidade

Residencia

Estudantes

Traballadores/as

Violencia xénero

Lugo

Centro Residencial Xuvenil “LUG”

60

7

7

Ourense

Florentino L. Cuevillas

45

5

5

Vigo

Altamar

75

8

8

 

O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2017.

As solicitudes están dispoñibles na sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as.

Requisitos:

- Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.

- Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante.

-Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.

A mocidade estudante, ademais:

- Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.

- Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.

A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes:

- Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.

- No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

- No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Prezo: 

a) Habitación dobre: 324 € por residente e mes. 

b) Habitación cuádrupla: 250 € por residente e mes.

Período de estadía:

O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de xullo de 2018. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.

As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes, iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no que estiveran matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e en todo caso concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.

En calquera caso as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.

Máis información no DOG do 13 de xuño de 2017

Lugo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-lug-ii/

Ourense: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-florentino-lopez-cuevillas/

Vigo: http://reaj.com/albergues/residencia-juvenil-altamar/

 

 

Distribuir contido