Educación Plástica e Visual

'Pareidolia' curso 20-21, fotografías orixinais do alumnado de 3º ESO

A pareidolia  é un fenómeno psicolóxico onde un estímulo vago e aleatorio (habitualmente unha imaxe) é percibido erróneamente como unha forma reconocible.

O Departamento de Educación Plástica e Visual con José Manuel Rey Bao traballou este concepto un curso máis, coma sempre, con resultados divertidos e sorprendentes.

'Desde a xanela', tamén no 2021, fotografías orixinais do alumnado de EPVA de 3º ESO Plan Proxecta 'Fotografía en curso'

Doutra volta, diferente, seguimos agardando e mirando ao exterior dende as nosas xanelas, luminosas unhas, indiscretas outras... esperando o momento en que a pandemia desapareza e nos permita volver a tomar as rúas, os espazos abertos.

Compartimos, de novo con vós, os fermosos traballos fotográficos orixinais do alumnado de 3º ESO e J.M. Rey Bao, dende as xanelas.

Proxecto Terra: Dereito ao hábitat 19/20

Desde o curso 2015-16, o noso instituto participa no programa “ProxectoTerra”. Esta iniciativa está integrada no Plan Proxecta e parte dun convenio entre a Consellería de Educación e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para concienciar aos nosos rapaces e adolescentes sobre a importancia do patrimonio arquitectónico (en particular a arquitectura popular), os valores da boa arquitectura contemporánea e a necesidade dunha ordenación racional do territorio no que vivimos. 

Un dos temas nos que traballamos, combinando os tres eixes citados, é o “Dereito ao hábitat”; parte dunha idea de “Arquitectura sen fronteiras”, cuxo obxectivo xeral é motivar a reflexión do alumnado en torno ao hábitat como un sistema complexo de situacións que debe construírse colectivamente e ao que todas as persoas teñen dereito. Encaramos ese obxectivo con observación da contorna, na busca de exemplos onde este dereito está ameazado por diversas intervencións de dubidoso gusto ou simplemente absurdas, e con accións prácticas, como as transformacións que nos últimos cursos levamos facendo nos corredores e espazos comúns do propio instituto. 

Neste curso iniciamos unha galería fotográfica con imaxes de espazos, edificacións e estruturas que consideramos que deterioran o espazo no que vivimos e constitúen, polo tanto, unha ameaza ao noso dereito colectivo ao hábitat.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2019-2020 -> Dereito ao hábitat 19/20

Fotos dende a xanela, proposta fotográfica do alumnado de EPVA de 3º ESO #fotografiaencurso

Dende a xanela, no confinamento, miradas do alumnado de EPVA de 3º da ESO con J.M. Rey á fronte, que compartimos aquí con vós. 

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita o álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Departamento de Plástica e Visual 2019-2020 -> Fotos dende a xanela

#Pareidolia 2019/20. Traballos orixinais do alumnado de #EPVA de 3º ESO

Un curso máis, o alumnado de 3º da ESO de Educación Plástica Visual e Audiovisual, volve a experimentar coa pareidolia. En concreto, miren onde miren, atopan caras nos lugares máis insospeitados do noso entorno.

Para ollar doutro xeito, a través ou non, dunha cámara.

Mural refracción da luz (homenaxe a Pink Floyd Dark Side of the Moon) nova sorpresa do alumnado de EPAV para o corredor do laboratorio de FeQ

O alumnado de Educación Plástica e Visual co profesor José Manuel Rey Bao á fronte, dentro do Proxecto Terra do COAG (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia), no apartado 'Dereito ao hábitat', volve a sorprendernos cun artístico mural. Instalado no corredor dos laboratorios de Física e Química mostra a refracción dun feixe de luz branca separándose nas cores do espectro visible. Ao mesmo tempo, fai unha homenaxe á icónica portada do disco do grupo de rock sinfónico Pink Floyd no que moitos califican coma a súa obra máis representativa 'Dark side of tht moon'.

dark side of the moon dark side of the moon
dark side of the moon

Lembramos tamén nesta entrada, intervencións pasadas feitas tamén polo alumnado de Rey Bao coma o mural 'Evolución', o mural da 'Táboa Periódica',  e os pintaportas dos baños do alumnado do edificio principal (1º andar e 2º andar), entre outras....

Saídas fotográficas por Betanzos dos 3º da ESO

 

fotografiaencurso

Ao longo desta semana, o alumnado dos grupos A, B eC de 3º da ESO, acompañados por  Julián Ferrer (Dpto Hª) e J.M. Rey (Dpto. Artes Plásticas), fará un percorrido introdutorio polo Casco Histórico e o trazado urbano da cidade medieval de Betanzos a modo de estímulo da mirada fotográfica. A actividade ten carácter gratuito e está vinculada ao proxecto 'Fotografía en curso' e servirá como achegamento para un posterior traballo fotográfico.

 

 

 

 

 

Galería fotográfica #clubdeciencia novembro 'Maquetando a ciencia'

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Novembro: Maquetando a ciencia
Distribuir contido