Educación Plástica e Visual
Concurso Betanzos en Detalle no xornal "Betanzos e a súa comarca"
O IES Francisco Aguiar en colaboración co Concello de Betanzos e ACEBE CCA organiza o concurso "Betanzos en Detalle". Está dirixido a escolares e ao público en xeral buscando a promoción e posta en coñecemento e valor do casco histórico brigantino. O concuso desenvolverase ao longo de seis meses. Cada mes faranse públicas cinco fotografías correspondentes a pequenos detalles agochados en diferentes puntos do casco histórico. Trátase de identificar a ubicación destes detalles e contestar unha pregunta ao mes relacionada con elas. As fotografías, orixinais do alumnado de Educación Plástica e Visual do centro, publicaránse en "Betanzos e a súa comarca", nun taboleiro no edificio do Liceo e na páxina web do IES Francisco Aguiar. Para completar o concurso haberá que identificar 30 fotografías e contestar a 6 preguntas. Estableceranse dúas categorías e un premio para cada unha delas. Os escolares optarán a unha tablet e o público en xeral a un tarxeta regalo ACEBE CCA por valor de 100€. Animádevos todos a participar. |
![]() |
As exposicións fotográficas do Aguiar no xornal Betanzos e a súa comarca
|
Hoxe, ca saída do novo número do xornal "Betanzos e a súa comarca", levamos a grata sorpresa do eco feito das pasadas exposicións fotográficas do alumnado de 3º da ESO e Jose Manuel Rey Bao. Gracias ao equipo do xornal, que publica ACEBE CCA, polo seu traballo e por lembrar as nosas pequenas contribucións á vida cultural brigantina. Cambiando un chisco a frase dun tal Humphrey Bogart nunha película: "Este pode ser o comezo dunha fermosa colaboración" |
As mostras fotográficas do Aguiar na Opinión
Os pasados días falábamos das mostras fotográficas que o alumnado de 3º da ESO ten expostas na libraría Biblos e no edificio do Liceo. Os periodistas da Opinión fixeron eco destas dúas interesantes iniciativas, en dous artigos publicados recentemente. Agradecemos a súa contribución á hora de divulgar a cultura betanceira e o traballo dos nosos alumnos/as.
SOS escolar contra el abandonoAlumnado de tercero de la ESO del instituto Aguiar pone el foco en los desperfectos de O Pasatempo para reivindicar su rehabilitación a través de una exposición fotográficaLa Opinión A Coruña 09.09.2018 |
De expedición por las calles dolientesEl alumnado del Francisco Aguiar inaugura una muestra que pone el foco en la ruina del casco histórico - "No se trata de buscar culpables, sino de buscar entre todos una solución", pidenLa Opinión A Coruña 11.09.2018 |
Mostra fotográfica "Rúas doentes" no edificio Liceo de Betanzos
![logo concello](/centros/iesfranciscoaguiar/system/files/u21/logo_superior_betanzos.jpg)
Inauguración da exposición fotográfica "O Pasatempo: patrimonio en perigo"
O mércores 5 de setembro agroma, en forma de exposición fotográfica, parte do traballo realizado no pasado curso polos alumnos e alumnas de Educación Plástica e Visual en 3º da ESO.
Trátase dun traballo que, baixo a coordenación do profesor José Manuel Rey, sitúa o seu foco sobre o Parque do Pasatempo e a necesidade de valoración e inciativas de conservación.
Consideramos moi oportuna esta aportación cando por outros camiños, a Asociación de Amigas/os do Pasatempo ( no que colaboran varios ex alumnos e ex alumnas)
- ven de reivindicar a catalogación do dito parque como Ben de Interese Cultural (BIC),
- publica unha interesante revista de investigación ( "Casa dos Espellos")
- e mesmo reactiva o coñecemento e disfrute do parque coa organización de eventos como a romaría modernista que tivo lugar o pasado 24 de agosto.
A exposición do noso alumnado inaugurarase na Libraría Biblos o mércores 5 de setembro ás 20 horas. Alí quedará exposta ata o día 30 do mesmo mes.
Mostra fotográfica no liceo “Betanzos histórico: rúas doentes”
![logo concello](/centros/iesfranciscoaguiar/system/files/u21/logo_superior_betanzos.jpg)
Mostra fotográfica "Pasatempo: patrimonio en perigo" na libraría Biblos.
A libraría Biblos dende o 5 ata o 30 de setembro, organiza unha mostra fotográfica titulada "O Pasatempo: patrimonio en perigo" con imaxes tomadas poloo alumnado de 3º da ESO titorado polo incansable José Manuel Rey Bao do Departamento de Educación Plástica e Visual. Quedades todos convidados a visitala.
XVI Bienal de pintura Balconadas de Betanzos. I participación do Aguiar
Xa están expostas até o 28 de Agosto as obras que participan no concurso da XVI Bienal de pintura Balconadas convocado polo concello de Betanzos. Para nós esta non é unha edición calquera, é a primeira vez que o alumnado do instituto, titorado e representado por José Manuel Rey Bao, participa. Unha honra que a obra dos alumos/as de 4º da ESO de Educación Plástica e Visual estea colgada ao carón doutras de artistas internacionais.
Parabéns e sorte.
PROXECTO TERRA. Curso 2017-2018. Guimaraês, Patrimonio
Un ano máis o Departamento de Educación Plástica e Visual, coa colaboración do Departamento de Galego participa nos encopntros interterritoriais do Proxecto Terra.
Un ano máis os nosos alumnos e alumnas visitan a fermosísima cidade de Guimaraês, Capital Europea da Cultura no ano 2012, distinguida por un proxecto interesantísimo de revitalización urbana que inclúe unha nova forma de ollar o patrimonio.
Un ano máis alumnado e profesorado aprendendo e tomando nota.
Un ano máis unha presentación en vídeos co fío condutor do novo punto de vista do patrimonio. Un patrimonio habitado no que non estamos sós os humanos. Un patrimonio que debe transformarse en recurso ( turístico, educativo...) e non en simple "floripondio". Un patrimonio que xestionado polo seus "donos" será máis patrimonio e máis respetado. E sobre todo un patrimonio que fuxe do modelo de parques temáticos para facerse escenario da vida cotiá.
O patrimonio habitado. A Citania de Briteiros
O patrimonio feito recurso. Penha, Castelo e Couro.
O patrimonio de xestión social. Souto de Sâo Salvador
Patrimonio para convivir. Guimaraês cidade ( no coraçâo)
PREMIOS. LECTORES 2018
A maioría poderíamos estar dacordo en que non hai mellor estímulo para a lectura que ver ler a outros. Esta idea parece estar na orixe do concurso que propón fotografiar a lectores ou lectoras e asociar á imaxe unha cita propia ou allea.
Un pensamento, unha imaxe, unha suxestión de lectura
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - Educación Plástica e Visual Distribuir contido](/centros/iesfranciscoaguiar/misc/feed.png)