Educación Plástica e Visual

Fotografía no Aguiar. O casco histórico

Se o pasado martes 30 de maio un grupo de 3º da ESO enfocaba as súas cámaras fotográficas ao patrimonio monumental do Parque do Pasatempo, o xoves 1 de xuño o grupo de 3º A volverase, de novo, ao casco histórico de Betanzos.

Non é a primeira ocasión no que o Departamento de Educación Plástica e Visual, baixo a coordenación de José Manuel Rey Bao, presta atención a esta parte da nosa cidade. O resultado noutros anos foron vartias exposicións e un libro que se atopa no prelo e que recollerá o traballo dos alumnos e alumnas do curso pasado. Desta volta a procura de detalles insólitos ou curiosos centrarán a visión que os nosos alumnos darannos da cidade. 

Para ilo distribuiranse en dúas quendas de tres horas cada unha nas que realizarán as diversas tomas fotográficas. 

Fotografía no Aguiar. O Pasatempo

 

O martes 30 de maio os alumnos de ESO 3º C, divididos en dúas quendas de tres horas cada grupo, visitarán o parque Enciclopédico do Pasatempo. O motivo é realizar unha práctica  incluida no programa de introducción á linguaxe fotografica que o IES Francisco Aguiar, baixo a dirección e coordenación de José Manuel Rey Bao, leva realizando nos últimos anos. 

Como consecuencia dista actividade alumnos de diversas xeracións deron lugar á celebración de  exposicións no Liceo de Betanzos, para o Outono Fotográfico na Casa Museo Casares Quiroga de A Coruña,  e mesmo está no prelo a edición dun libro cos traballos do último ano. 

 

Si en anos anteriores o foco das camaras estivo dirixido ao casco vello de Betanzos, como un xeito de reivindicación e estímulo dunha mirada crítica no noso alumnado, desta volta é o Parque Enciclopédico de O Pasatempo.  Con isto o Departamento de Educación Plástica segue unha liña coherente de coñecemento e valoración do patrimonio betanceiro no que a escola pública debe ser abandeirada.  Sumámonos así, por certo, a outras recentes iniciativas de recuperación e valoración diste parque, iniciativas nas que xogaron un papel importante algúns ex alumnos como o noso arquiveiro de cabeceira,  Ángel Arcay.

 

O Aguiar no PROXECTO TERRA. Intercambio territorial: Porto

Nos vindeiros 4 e 5 de maio, un numeroso grupo de rapaces e rapazas de 4º da ESO do noso IES participarán nun intercambio territorial que se inscribe no Proxecto Terra.

Trátase dun programa de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

O noso IES, por iniciativa do Departamento de Educación Plástica e Visual e a colaboración dos de Lingua Galega e Xeografía e Historia, participa dende o ano pasado neste progra de reflexión sobre a arquitectura e o noso habitat. 

Se o pasado curso os alumnos e alumnas poideron coñecer unha interesante experiencia de recuperación urbana en Guimaraês (enlace), este ano será a belísima cidade de Porto a que nos ensinará a súa proposta arquitectónica e urbanística para facermos reflexionar.

 

 

Safari Fotopoético. Letras Galegas 2017

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Carlos Casares.

   Rexirase polas seguintes bases:

 

 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.

  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
  2. O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 2 e o 15 de maio do presente ano 2017.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  4. As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta pequena escolma de títulos de Carlos Casares.
  5. O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca: 
  7. bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:

 

  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto

Kim e Altarriba visitan o Aguiar. 14.III.2017

O martes 14, os alumnos de 3º da ESO terán a oportunidade de coñecer a dous dos máis importantes autores españois no eido da novela gráfica e o libro Ilustrado: Antonio Altarriba e o debuxante Kim.

Os alumnos de 3º da ESO do noso IES teñen lido "El arte de volar" na asignatura de Educación Plástica, baixo a supervisión de X.M. Rey Bao e agora poderán compartir preguntas e impresións directamente cos autores no acto que terá lugar a partir das 17.00 no Salón de Actos.

 

Posteriormente a este encontro, arredor das 18:15 (condicionado polo xa citado cos nosos alumnos),  os participantes no Club de Lectura de Adultos recibiremos a Antonio Altarriba e Kim no lugar habitual de reunión, a Libraría Biblos na Rúa Santiago, 4.

 

Inmellorable ocasión para que amantes e interesados  na novela gráfica e no libro ilustrado, poidan disfrutar dunha interesante conversa  con estes artistas.

 

 

Betanzos Histórico: así eramos / así somos. Inauguración da exposición no Liceo

O venres 2 de decembro ás 20.00h   inaugúrase no Edificio Liceo de Betanzos unha exposición fotográfica con materiais elaborados polos alumnos de ESO 3º B do curso pasado coordinados e dirixidos polo profesor de Educación plástica e Visual Xosé Manuel Rey Bao.  

Baixo o  título: "Betanzos histórico: así eramos/ así somos", atopamos un diálogo entre fotografías antigas da vila e as imaxes que capturaron os nosos alumnos.

Ocasión inmellorable para deixar que xurda un diálogo entre o que eramos onte e o que chegamos a ser hoxe.

Ocasión para facer unha visita sen presas,  para mirar de vagar as imaxes reparando nos detalles agachados baixo a pátina do tempo, do cotiá ou do humilde.  

Ocasión para comprometer unha acción decidida pola súa conservación e revitalización

( algo que dende este Departamento de Plástica  do IES Francisco Aguiar vense facendo dende hai moitos anos de xeito decidido i entusiasta)

Ocasión para volvermos namorar de Betanzos.

Chegou aos nosos oídos....Ana Acción. Xoiaría en exposición

Chegou aos nosos oídos... que a nosa ex alumna Ana Acción participa coas súas creacións de xoiaría na exposición que o alumnado da Escola Mestre Mateo de Santiago presentará o 4 de novembro ás 19,30 na Cidade da Cultura da capital de Galicia. (E que nos, no Aguiar,  xa tivemos a sorte de coñecer o ano pasado na II Xornada de Orientación na que Ana participou amablemente)

Ana expón xunto con outros compañeiros de promoción que de seguro están a formar unha prometedora xeneración de creadores: As xoieras e xoieros que presentan a súa obra final, e que participan por segunda vez neste desfile, son : Alicia Martínez CasalsAna Acción VeigaEmma LichtensteinGrillo AldatzLidia Korai Ombak Laut, Marco Antonio Siles, Sara Pazos, Susana VeigaYinner Cardona YondaValen LaValen e Sonia Fernández. 

 

BAN-DE. O noveno número da nosa revista de banda deseñada

Non é doado manter a publicación dunha revista escolar durante varios anos. Menos aínda se dita revista está orientada a un campo tan específico como é a banda deseñada.

No Aguiar, grazas ao traballo combinado do Equipo de Normalización Lingüística, do Departamento de Educación Plástica e Visual e  mais dos alumnos que cada ano participan co seu entusiasmo, podemos dicir que xa levamos publicados 9 números de BD.Ban-De, a  revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar.

(premer neste enlace para mirar o número 9 de BD.Ban-De)

 

21.VI.2016. Inaugación da Exposición "Xeo(si)metrías)"

O martes 21 

ás 19 horas

na Libraría Biblos de Betanzos (r/ Santiago,  4)

 

Inaugúrase a exposición que mostra o traballo de "fotografía  en curso" que durante este ano realizaron os alumnos e alumnas de ESO 3º A,  coordinados polo seu profesor de Educación Plástica e Visual, José Manuel Rey Bao. 

Baixo o título de "Xeo(si)metrías" os xoves fotógrafos amosannos unha visión diversa do casco histórico de Betanzos.

Distribuir contido