Educación Plástica e Visual

Visita á Coruña 27 novembro 2015

Mañá viaxeira a que nos agarda neste 27 de novembro no Aguiar. 

Viaxeira e ilustrada!

O alumnado de ESO 3º dos grupos A e B  realizarán unha visita á cidade da Coruña cun triple destino. Por unha banda visitarase a Casa Museo Casares Quiroga  que alberga a exposición fotográfica realizada polos nosos alumnos o ano pasado "Betanzos histórico. Unha mirada xoven sobre unha cidade vella".

  

Tamén haberá ocasión na mañá de coñecer a Casa Museo María Pita e visitar nela outra exposición fotográfica que forma parte  coa nosa exposición do Outono Fotográfico.

  

Como remate o alumnado poderá participar nun obradoiro na Fundación Luís Seoane. 

O Aguiar no 33º Outono Fotográfico

Outono Fotográfico é o máis importante festival galego de fotografía, o decano da Península Ibérica. 

Este ano chega á súa 33ª edición baixo o título "Periferias". Ofrece unha ampla programación que se presentarará en toda a xeografía galega ( Ourense, O Barco, Celanova, Chantada, Monforte, Oleiros, Pontedeume,  Pontevedra, Vigo, Xinzo...) e  completarase coa proposta de catro exposicións na cidade de A Coruña

  • Ana Gil na Casa Museo de María Pita (1 a 31-XII),
  • Javier López Prol na Casa Museo Casares Quiroga (2 a 31 XII);
  • unha colectiva "Fotografando Instantes" na Casa Museo de María Pita (10 a 29- XI)....

 

 

Para toda a comunidade educativa do Aguiar é unha auténtica honra poder participar co noso traballo nesta prestixiosa mostra. O traballo do noso alumnado coa dirección e coordenación de Tono Mejuto e do profesor Xosé Manuel Rey son así xustamente recompensados.

 

O vindeiro domingo  terá lugar a inauguración oficial á que nos comprace convidar a todos os amigos do Instituto: alumnos e ex_alumnos, profesorado actual ou pasado, nais e pais, personal non docente ...

Agardamosvos pois o 8 de novembro ás 12,30 na Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panaderas 12, de A Coruña

O fotografo dista reportaxe roga disculpas.

Non todos os alumnos participantes aparecen nesta imaxe.

Uns porque xa non están no Aguiar (estudando, algúns fotografía, noutros centros)

outros porque non puideron acudir á "sesión fotográfica". 

Pero o mérito é de todos e cada un dos que traballaron neste proxecto, alumnado e profesorado

independentemente de que estean na foto ou non.

Grazas.

Curso de fotografía no Aguiar con Ruben Panete

Continuando coa experiencia fotográfica ("Fotografía en curso" ) que iniciamos o curso pasado, o Departamento de Educación Plástica e Visual, por medio do profesor Rey Bao, organiza para alumnado de 3º da ESO unha actividade co fotografo Rubén Panete Fernández.

Trátase dunha actividade que terá lugar entre a 2ª e 4ª hora do luns cun grupo de 3º da ESO (3ºB) e a 4ª e 6ª do martes con outro(3ºA).  Baixo o título "Xogar co espazo: fotografía e percepción espacial" este taller  propón "unha experiencia lúdica, común e participativa no que o alumnado empregará dúas tecnoloxías fotográficas para experimentar de xeito creativo o espazo público e a súa percepción".

Agardamos que sexa unha productiva e estimulante actividade.

Ecos do traballo no curso pasado

"Los alumnos del IES Francisco Aguiar han puesto el objetivo en el casco histórico." Así comeza o artigo no que se da noticia da exhibición en distintos locais da Asociación de Amigos do Casco Histórico.

As fotografías dos alumnos de 4º da ESO, dirixidos por Tono Mejuto, pasaron anteriormente pola Libraría Biblos.

Toca agradecer a Toni Silva o detalle de citar a todos os artistas e mencionar aos profesores coordinadores do proxecto: Lucía Sáez e Xosé Manuel Rey Bao.


El Comarcal, La Voz de Galicia, 1 de setembro de 2015.

Betanzos "Unha mirada xove sobre a cidade vella" Inauguración da exposición

Cantas veces temos constatado que o traballo cotián adoita ser escuro e pouco vistoso.

Agacharse baixo dunha capa para mirar por un buratiño e descubrir a realidade volta do revés (porque estabamos mirando a través dunha cámara escura) logo da sorpresa primeira pode chegar a ser mesmo rutinario.

Descubrir unha perspectiva, unha imaxe, un punto de vista...e resistir o movemento instintivo do dedo pulsador é complicado.

Sentir o pracer de medir a luz, a distancia, traballar co balance de brancos...todo isto esixe traballo e reflexión....é dicir todo isto é plenamente humano. 

O resultado... a imaxe fotografica, un xeito de ollar que descubre ángulos e aspectos insolitos, agachados, sorprendentes, comprometedores. 

      Isto é o que fixeron durante todo o curso un grupo de alumnos de 4º da ESO no Aguiar...atreverse a mirar como un fotografo. Coa axuda do fotografo Tono Mejuto. No programa do Plan Proxecta "Fotografía en Curso". Coa inestimable coordenación e axuda de Xosé Manuel Rey Bao e Lucía Sáez.  Ao final dista viaxe chegamos a presentar unha selección de fotografías que conforman unha peculiar exposición: "Unha mirada xove sobre a cidade vella"

 

     O martes 30 de xuño, ás 20.00h. na Librería Biblos,  presenta exposición esta xeración de fotografos .Presentarán Uxía Castelos, Laura Cortés  e Noelia Fraga . 

Bo remate para un día de praia !

PROXECTO CADEIRAS

 

O “proxecto cadeiras” xurde no IES Francisco Aguiar froito da iniciativa dunha alumna que realizou no curso 2014-2015 o Mestrado de Educación Secundaria na área de Educación Plástica. Nace, por tanto, cunha intención e orientación claramente disciplinar. Pero un ollo atento, unha sensibilidade alerta soubo descubrir neste traballo unha capacidade simbólica encaminada a unha reflexión sobre a inclusión na escola.

 O proxecto artellábase arredor de tres eixos principais que poderían sintetizarse en tres palabras: recuperación, creatividade, integración-inclusión.

 

RECUPERACIÓN: O Proxecto “Cadeiras” partía da existencia nos institutos de mobiliario que se desecha por deterioro o inadecuación ás necesidades escolares, concretamente cadeiras:coxas, desconchadas, deterioradas por mal uso... Partindo disto, o proxecto pretende recuperar para o seu uso algunhas destas pezas de mobiliario desechado.

 A reflexión que xurdíu posteriormente foi clara para todos: tamen na sociedade, e na escola, temos persoas que tendemos a arrinconar porque non cumplen os parametros de “normalidade” que estabrecemos. Recuperar a estas persoas é o punto de partida.

 

CREATIVIDADE: A recuperación que se plantexou dende a Educación Plástica implicaba darlle un novo valor ás cadeiras antes desechadas. E para iso foi preciso miralas con ollos novos, recoñecer as súas posibilidades e poñer sobre elas a nosa creatividade. O proxecto, por iso, quería ser unha oportunidade para o desenvolvemento libre da creatividade artística. Cada un dos rapaces e rapazas de 4º da ESO participantes puido expresarse con completa liberdade temática e de técnicas.

 Cando un dos grupos de alumnos participantes  reflexionaba sobre isto, puxo como exemplo a curtametraxe “Cuerdas” que recentemente traballamos en clase. Destacábase nel non só a intención que a rapaza protagonista ten de recuperar ao rapaciño con parálise cerebral, senón a grandísima creatividade que ela pón en xogo para logralo. Creatividade que non busca cambiar á persoa segundo un modelo estandar (facelo “normal”) senón que trata de sacar a máxima potencialidade da diferencia partindo disa mesma diferencia.

 

 INTEGRACIÓN: O colofón do proxecto consistía en deixar , por sorpresa, estas cadeiras nalgunhas zonas do noso instituto e observar as reaccións do resto do alumnado diante dista intervención. E podemos dicir que, logo da sorpresa inicial, a actitude foi de grande respecto. Houbo tímidas inciativas de modificar a súa posición (cousa que era perfectamente aceptable no noso proxecto) . Chamounos a atención , iso sí, que en xeral non se utilizaron como o que eran, cadeiras para sentar. Tendían a ser miradas como obxectos curiosos, artísticos. Actualmente estas cadeiras foron retiradas do corridor donde estiveron expostas incialmente. Atópanse nunha aula de desdobre. Estamos a observar que, agora sí, o alumnado que asiste a diversas actividades nista aula senta nelas con naturalidade.

 

Reflexionando sobre estes feitos e reaccións un grupo de 3º da ESO coincidía en remarcar o desexo e a responsabilidade de sermos cada vez máis inclusivos e integradores. Acudía un deles a unha comparación xeométrica: que a nosa mirada non cubra só un ángulo de 90º .Para valorar a riqueza da diversidade e entender que a realidade só é tal se a entendemos íntegra... en 360º.

 

 

 

 

 

 

 

"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 8

Certamente o mundo das revistas escolares é unha tradición asentada. Case todos os institutos teñen a súa. Pero non hai moitos que teñan unha revista específica adicada á Banda Deseñada. Hoxe presentamos o número 8 de "Ban-de" a Revista de Banda deseñada do IES Francisco Aguiar, confirmando que non se trataba dunha efímera iniciativa .

"Ban-de" xurdíu como resultado dunha fructífera relación entre os sucesivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Uxía López, Xan Munín...) e o Departamento de Educación Plástica e Visual ( especialmente a través do profesor Xosé Manuel Rey Bao). A isto engadíronse xeracións de rapaces e rapazas que disfrutaban coa arte gráfica, a pintura, a banda deseñada: vímolos enchendo os pintaxizes ao remate de cada trimestre  e decorando con eles biblioteca e cafetería; participando na interesante iniciativa da decoración de cadeiras recicladas; ou materializado o seu interese nos premios que acadou por varias veces a alumna Sarela Lorenzo ( o último forma parte do número que agora presentamos -mágoa que por cuestións economicas non poida ser a toda cor)

En suma, oitavo número da Ban-de. Que o disfrutedes como nos disfrutamos ao presentalo.

 

 

 

Safari Fotopoético 2015. Artistas e imaxes premiadas

 
 
Terceiro Premio: Nerea Gutiérrez Barcia.
  A fotografía presenta un encadre axeitado, cunhas alineacións desenfocadas que conducen a mirada ás flores do primeiro plano; o texto é axeitado e está ben situado, aínda que contrasta pouco co fondo.
 
 
 
Segundo Premio: Daniel López Lendoiro.

A orixinalidade do encadramento compensa o leve desenfoque da saída de auga. 

 
Primeiro Premio: Alicia González Sánchez.

O xurado estimou a imaxe en si e a súa adecuación co texto, situación deste, tipografía elixida.

 
 
NORABOA A TODOS/AS PARTICIPANTES.  O NIVEL É CADA VEZ MÁIS ALTO

 
Distribuir contido