Educación Plástica e Visual

PROXECTO CADEIRAS

 

O “proxecto cadeiras” xurde no IES Francisco Aguiar froito da iniciativa dunha alumna que realizou no curso 2014-2015 o Mestrado de Educación Secundaria na área de Educación Plástica. Nace, por tanto, cunha intención e orientación claramente disciplinar. Pero un ollo atento, unha sensibilidade alerta soubo descubrir neste traballo unha capacidade simbólica encaminada a unha reflexión sobre a inclusión na escola.

 O proxecto artellábase arredor de tres eixos principais que poderían sintetizarse en tres palabras: recuperación, creatividade, integración-inclusión.

 

RECUPERACIÓN: O Proxecto “Cadeiras” partía da existencia nos institutos de mobiliario que se desecha por deterioro o inadecuación ás necesidades escolares, concretamente cadeiras:coxas, desconchadas, deterioradas por mal uso... Partindo disto, o proxecto pretende recuperar para o seu uso algunhas destas pezas de mobiliario desechado.

 A reflexión que xurdíu posteriormente foi clara para todos: tamen na sociedade, e na escola, temos persoas que tendemos a arrinconar porque non cumplen os parametros de “normalidade” que estabrecemos. Recuperar a estas persoas é o punto de partida.

 

CREATIVIDADE: A recuperación que se plantexou dende a Educación Plástica implicaba darlle un novo valor ás cadeiras antes desechadas. E para iso foi preciso miralas con ollos novos, recoñecer as súas posibilidades e poñer sobre elas a nosa creatividade. O proxecto, por iso, quería ser unha oportunidade para o desenvolvemento libre da creatividade artística. Cada un dos rapaces e rapazas de 4º da ESO participantes puido expresarse con completa liberdade temática e de técnicas.

 Cando un dos grupos de alumnos participantes  reflexionaba sobre isto, puxo como exemplo a curtametraxe “Cuerdas” que recentemente traballamos en clase. Destacábase nel non só a intención que a rapaza protagonista ten de recuperar ao rapaciño con parálise cerebral, senón a grandísima creatividade que ela pón en xogo para logralo. Creatividade que non busca cambiar á persoa segundo un modelo estandar (facelo “normal”) senón que trata de sacar a máxima potencialidade da diferencia partindo disa mesma diferencia.

 

 INTEGRACIÓN: O colofón do proxecto consistía en deixar , por sorpresa, estas cadeiras nalgunhas zonas do noso instituto e observar as reaccións do resto do alumnado diante dista intervención. E podemos dicir que, logo da sorpresa inicial, a actitude foi de grande respecto. Houbo tímidas inciativas de modificar a súa posición (cousa que era perfectamente aceptable no noso proxecto) . Chamounos a atención , iso sí, que en xeral non se utilizaron como o que eran, cadeiras para sentar. Tendían a ser miradas como obxectos curiosos, artísticos. Actualmente estas cadeiras foron retiradas do corridor donde estiveron expostas incialmente. Atópanse nunha aula de desdobre. Estamos a observar que, agora sí, o alumnado que asiste a diversas actividades nista aula senta nelas con naturalidade.

 

Reflexionando sobre estes feitos e reaccións un grupo de 3º da ESO coincidía en remarcar o desexo e a responsabilidade de sermos cada vez máis inclusivos e integradores. Acudía un deles a unha comparación xeométrica: que a nosa mirada non cubra só un ángulo de 90º .Para valorar a riqueza da diversidade e entender que a realidade só é tal se a entendemos íntegra... en 360º.

 

 

 

 

 

 

 

"bd. ban-de". Revista de Banda Deseñada do IES Francisco Aguiar nº 8

Certamente o mundo das revistas escolares é unha tradición asentada. Case todos os institutos teñen a súa. Pero non hai moitos que teñan unha revista específica adicada á Banda Deseñada. Hoxe presentamos o número 8 de "Ban-de" a Revista de Banda deseñada do IES Francisco Aguiar, confirmando que non se trataba dunha efímera iniciativa .

"Ban-de" xurdíu como resultado dunha fructífera relación entre os sucesivos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Uxía López, Xan Munín...) e o Departamento de Educación Plástica e Visual ( especialmente a través do profesor Xosé Manuel Rey Bao). A isto engadíronse xeracións de rapaces e rapazas que disfrutaban coa arte gráfica, a pintura, a banda deseñada: vímolos enchendo os pintaxizes ao remate de cada trimestre  e decorando con eles biblioteca e cafetería; participando na interesante iniciativa da decoración de cadeiras recicladas; ou materializado o seu interese nos premios que acadou por varias veces a alumna Sarela Lorenzo ( o último forma parte do número que agora presentamos -mágoa que por cuestións economicas non poida ser a toda cor)

En suma, oitavo número da Ban-de. Que o disfrutedes como nos disfrutamos ao presentalo.

 

 

 

Safari Fotopoético 2015. Artistas e imaxes premiadas

 
 
Terceiro Premio: Nerea Gutiérrez Barcia.
  A fotografía presenta un encadre axeitado, cunhas alineacións desenfocadas que conducen a mirada ás flores do primeiro plano; o texto é axeitado e está ben situado, aínda que contrasta pouco co fondo.
 
 
 
Segundo Premio: Daniel López Lendoiro.

A orixinalidade do encadramento compensa o leve desenfoque da saída de auga. 

 
Primeiro Premio: Alicia González Sánchez.

O xurado estimou a imaxe en si e a súa adecuación co texto, situación deste, tipografía elixida.

 
 
NORABOA A TODOS/AS PARTICIPANTES.  O NIVEL É CADA VEZ MÁIS ALTO

 

FOTOSAFARI 2015

Preme na icona situada na parte inferior dereita para ver a maior tamaño

Chegou aos nosos oídos...Sarela Lorenzo premiada no III Certame de Banda Deseñada

Chegou aos nosos oídos...que a nosa xa ex alumna Sarela Lorenzo volveu resultar premiada no III Certame de Banda Deseñada que convoca o IES Arcebispo  Xelmirez I de Santiago de Compostela.

Desta volta acadou o segundo premio da categoría de maiores de 16 anos coa súa obra Philip ( que agardamos poder poñer pronto a disposición dos lectores desta páxina).

Parabens para Sarela,  foi un pracer contar con ela entre o noso alumnado

 

Venres 22 de maio. Remata a fase formativa do programa "Fotografía en Curso"

Hoxe, venres 22 de maio remata unha experiencia moi enriquecedora para unha parte do noso alumnado. Durante máis de seis semanas o alumnado de 4º da ESO C e parte de B participaron no programa de "Fotografía en Curso" que organzou o Departamento de Educación Plástica coa colaboración do CGAI.

O profesor José Manuel Rey Bao e o fotografo Tono Mejuto estiveron coordenando e impartindo docencia, guiando miradas educando sensibilidades e dando a coñecer técnica.

Logo distas semanas hoxe toca  poñer todo o traballo sobre as mesas e pensar como e onde dalo a coñecer. Polo que puidemos ver nos previos o material é moi subliñable.

Quedamos en impaciente espera.

Martes 28 de abril. Terceira sesión "fotografía en curso"

Logo do traballo realizado os pasados días 10 e 21, o alumnado de 4º da ESO aborda a terceira xornada de "Fotografía en curso" amosando xa or primeiros resultados na súa exposición "espazos baleiros"·

Celebrando a Paz no Aguiar

O equipo da Biblioteca (que non para) conseguíu liar, o venres 6 de febreiro a todo o alumnado da ESO nunha orixinal actividade para conmemorar á Paz deseñada polos profesores José Manuel Rey Bao e Elvira Castro Otero

Tratábase da formación no patio e coa ayuda do alumnado, da figura que simboliza a paz .

 Cada grupo de alumnos, axudados polos respectivos profesores ocupaba un espazo da figura para compoñer así o símbolo.

Mentres, dende dúas clases altas, Tomás e Lorena, alumnos de 4º da ESO rexistraban cos seus vídeos toda a maniobra. Próximamente ensinaremos o resultado.

Como colofón,  a lectura dun poema de Alberti alusivo ao tema e un pequeno concerto dalgúns alumnos de 4º dirixidos pola profesora Blanca Bello. Ocasión na que poidemos escoitar a estrea dunha nova letra  do profesor de galego, Óscar García,  para unha canción de Lennon e McCartney

Oh si, quixera ver
A alegría cruzar fronteiras
Os muros de odio esboroar
Imos cantar a paz verdadeira.
E ti, pódelo ver
O diñeiro mercar caretas
E pombas que pintan para ocultar
O sucio ruído das metralletas.
Se queres este mundo en paz
Oe ben, rapaz,
Temos que libralo da miseria
E da inxustiza e do rancor
E así, mellor,
Poder comezar a nova xeira.

[Letra de Óscar García Ramos / Música: Hey Jude Lennon & McCartney]
Distribuir contido