Anuncios edu xunta
Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022-2023
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosPublicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (código de procedemento ED001A)
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) (DOG n.º 32, do 14 de febreiro)
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2024, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 31 de xaneiro de 2024.
Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.
O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:
- No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 10 DE MAIO DE 2024 e especificar o corpo e especialidade.
- No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínResolución provisional de concesión de premios a proxectos de innovación na Formación Profesional
Publicada a resolución provisional de concesión de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional convocados pola Resolución do 26 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional.
Tema:
Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
CentrosAmpliación do prazo de solicitude do programa Retorna Talento FP 2024/25
Publicada a ampliación do prazo de presentación de solicitudes do programa de bolsas Retorna Talento FP 2024/25.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o día 12 de xuño, incluído.
Tema:
BolsasEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoComposición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23
Xúntase a Resolución do 26 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición do xurado que seleccionará, analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2022/23.
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2022/23Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado Familias CentrosApertura do prazo de presentación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP) do curso académico 2024-2025
De acordo co artigo 39.1 da Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisional entre o persoal docente pertencente aos corpos de inspectores deeducación, catedráticos e profesores de ensino secundario, do corpo, para extinguir, de profesores técnicos de formación profesional, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, catedráticos e profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, catedráticos e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, e do corpo de mestres, que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, aos que resultan desprazados por falta de horario, ao persoal a que se lle conceda unha comisión de servizos por concelleira ou concelleiro, por motivos de saúde ou por conciliación da vida familiar e laboral, ao persoal interino e substituto e ao persoal funcionario de carreira que solicite o reingreso no servizo activo (Diario Oficial de Galicia n.º 113, do 14 de xuño), o persoal interino e substituto que se atope nalgunha das situacións recollidas no punto décimo quinto do texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente desta consellería e publicado mediante Resolución do 2 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, poderá formular solicitude de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais (CADP).
PRAZO: desde o 15 de maio ata o 31 de maio de 2024, ambos incluídos
MÁIS INFORMACIÓN: www.edu.xunta.gal/substitutos
Servizo relacionado:
CADPTema:
Información xeral Destinos provisionais e outros concursosEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínConvocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25
Xúntase a Resolución do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.
NOTA: As/os aspirantes á especialidade de Espeleoloxía, ademais da superación das probas de acceso específicas deberán superar unha entrevista coas empresas do sector. No caso de non acudir, decaerán no seu dereito a cursar as devanditas ensinanzas.
File:
Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG)Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletínListaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas nas universidades do SUG e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, ano 2024
Achégase a listaxe provisional de solicitude admitidas e excluídas das Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2024.
Anuncio principal:
Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da InvestigaciónColectivo:
AlumnadoSección:
BoletínProbas libres para a obtención de títulos FP (LOE e LOXSE). Curso 2023-2024
Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de títulos de FP (LOE e LOXSE).
Período de reclamación: desde o día 6 ás 9:00 horas ata o 8 de maio ás 13.00 horas, empregando o asistente web para reclamacións.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoResolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25
Achégase a Resolución provisional de centros admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25.
A exposición pública desta resolución no portal educativo desta consellería (http://www.edu.xunta.gal/portal/) abre un prazo de tres días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación na mencionada web, para efectuar reclamacións ou renuncias.
O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación xustificativa e que se deberá identicar coa denominación “E-Dixgal”. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Anuncio principal:
Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2024/25Tema:
Programas e plans Abalar Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado CentrosSección:
InnovaciónResolución Provisional de solicitudes admitidas e excluídas Programa PIALE 2024
Ábrese un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias á concesión das actividades perante a persoa que exerza a presidencia da comisión que rematará o 10 de maio de 2024, incluído. A renuncia á adxudicación dunha actividade considérase renuncia a todas as actividades que a persoa interesada marcase na súa solicitude. As reclamacións ou renuncias deberán presentarse electronicamente, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, en https://sede.xunta.gal/portada. Deberán entrar en A miña sede, na solicitude realizada para a convocatoria do programa PIALE 2024, código do procedemento ED305F, e premer en Accións , na opción Alegacións ou Renuncia, segundo corresponda. Ao premer en Alegacións, poderán achegar a documentación que consideren.
Unha vez que a reclamación sexa remitida polo procedemento indicado, solicítase que se adiante, ademais, escaneada ao correo electrónico formaes@edu.xunta.gal para axilizar a súa tramitación de cara á publicación das listas definitivas. As listaxes están publicadas na aplicación PIALE.
Anuncio principal:
Convocadas prazas destinadas ao profesorado para a realización de itinerarios formativos para a mellora da súa competencia lingüística e comunicativa, relativos ao programa PIALE para o ano 2024Servizo relacionado:
PIALETema:
Programas e plans PIALEEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
ProfesoradoSección:
Linguas estranxeirasListaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, ano 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
AlumnadoO sergas convoca 158 prazas de persoal sanitario de formación profesional mediante concurso-oposición
O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 30 de abril a convocatoria de 158 prazas por concurso-oposición para o ingreso no Servizo Galego de Saúde en catro categorías de persoal sanitario de formación profesional.
En concreto, ofértanse 121 prazas de técnico superior en laboratorio de diagnóstico clínico (das que 54 son de acceso libre, 6 de discapacidade xeral e 61 de promoción interna), 16 prazas de técnico superior en dietética (7 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 8 de promoción interna), 13 prazas de técnico superior en documentación sanitaria (5 de acceso libre, 1 de discapacidade xeral e 7 de promoción interna) e 8 prazas de técnico superior en anatomía patolóxica e citoloxía (4 de acceso libre e 4 de promoción interna).
O proceso desenvolverase mediante tres exercicios na fase de oposición e na baremación dos méritos correspondentes na fase de concurso. Entre a experiencia que se valorará, o Sergas outórgalle unha puntuación adicional a ter prestado servizos en centros sanitarios considerados illados (nos hospitais comarcais ou en determinados centros sanitarios de atención primaria) e ter prestado servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinado pola covid.
As persoas aspirantes dispoñen dun mes contado desde o día seguinte á publicación no DOG desta convocatoria para presentar as súas solicitudes de participación.
No caso de persoas con discapacidade, poderán solicitar a necesaria adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios. Ademais, as vítimas de violencia de xénero ou violencia sexual poden solicitar a protección e seudonimización dos seus datos identificativos.
Tema:
Información xeralEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoLista definitiva de solicitudes admitidas e excluídas das Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, convocatoria para o ano 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, convocatoria para o exercicio 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoResolución pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado
Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023-2024.
Os centros inscribirán o alumnado que solicitase participar na proba de nivel intermedio ou na proba parcial da área de dominio 4 do nivel intermedio, coa data límite do 22 de maio, ás 23:59 horas.
Tema:
Plans e actuacións en innovación educativa EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoListaxe provisional de persoas admitidas e excluídas na proba para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos correspondentes a convocatoria de xuño de 2024
Nota: Debido a causas sobrevidas hai un cambio no lugar de realización da proba na sede de Ourense. A proba do próximo 7 de xuño celebrarase na EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, n.º 4, 32002 Ourense.
Anuncio principal:
Convocatoria das probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e xuño de 2024Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Educación de persoas adultas Ensinanzas de educación secundariaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Educación de persoas adultasColectivo:
Alumnado CentrosPublicación da composición dos tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega nos procedementos selectivos de ingreso convocado mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición dos tribunais que xulgarán a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoPublicación da composición do tribunal de valoración da proba de coñecemento de lingua castelá nos procedementos selectivos de ingreso convocados mediante a Orde do 31 de xaneiro de 2024 (ED001A)
Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará a proba de acreditación do coñecemento da lingua castelá nos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
AlumnadoSelección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado
Achégase Resolución do 25 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2024/2025.
File:
Resolución do 25 de abril de 2024 AnexosTema:
Lingua estranxeira Programas e plansEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado AlumnadoSección:
Boletín Portada de boletín Linguas estranxeirasCorrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras
Publicada a corrección de erros na listaxe provisional de alumnado seleccionado e suplente, segundo a Orde do 29 de xaneiro de 2024, pola que se convocan axudas para a realización de actividades formativas en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 12/02/24).
As listaxes pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/.
Anuncio principal:
Orde do 29 de xaneiro de 2024 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitivaTema:
Bolsas Lingua estranxeira Programas e plans AxudasleEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Linguas estranxeiras