Skip to Content

Francés

O festival da francofonía, como os últimos anos, celebrouse no Pavillón de Vilanova. E comezou o gran espectáculo. Cancións, bailes, teatro... E todo en francés! 

Se viñestes este ano esperamos vervos para o seguinte, e os que non viñeran estades invitados!

 

O alumnado de francés de 3º e 4º da ESO e 1º Bacharelato realizaron traballos de investigación para afondar na emerxencia climática, a deforestación, a perda de biodiversidade, o malgasto de auga... Centrámonos, sobre todo, no porvir da Terra nos vindeiros anos e nas posibles solucións.

Velaquí uns poucos exemplos, preme na imaxe para velos:




Ademais, no día de hoxe, viñeron dúas voluntas de Greenpeace a dar unha charla sobre o Cambio climático e a perda de biodiversidade, ao rematar agasalláronnos cuns sobreciños con sementes de flores variadas. Grazas Maruxa e Sara!

   Ola a todo@s

      O  2 de febreiro, día da “ Chandeleur ” en Francia, celebrábamolo no noso Centro facendo e degustando as exquisitas  “ crêpes “. Despois de moitos anos, por motivos do andazo da Covid, este non se pode realizar , aínda que se fai unha homenaxe ó día na clase con actividades. Agardemos que de aquí ó final de curso, poidamos lévalo ó fin. Nós, non nos imos esquecer.

                         Minia e Estefanía

Aquí tedes unha imaxe do ano pasado:

Como sabedes este 27 e 28 de abril tiñamos una cita co festival  da “ Francophonie “ , no que cada ano nos xuntamos  con alumnos doutros centros educativos para  cantar e confraternizar co mundo francófono. Este ano non pode ser, pero non hai que desanimarse, e como di Nieves, para o vindeiro ano voltaremos para celebralo con máis forza e alegría que nunca, pero para iso, agora “debemos  quedar na casa” e podedes  aproveitar para cantar a canción que tiñades preparada á xente que vos rodea.

                 Saúdos de Minia , Elisa e Nieves

 

 

 

Como en cursos anteriores,  celebrouse “ la Chandeleur “ durante a primeira semana do mes de febreiro. O alumnado de 3º e 4º foi o encargado de facer as crêpes para todo o alumnado, profesorado e persoal do centro o día 4, pois o día 2, este ano foi domingo. A esta actividade tamén asistiu Nieves, a antiga profesora do centro, recentemente xubilada, que non se quixo perder dita conmemoración. O resto dos días, continuaron a facerse polos cursos nos que se imparte francés, sendo os alumnos os autores das mesmas. Como pasa sempre, disfrutaron moito, e sobre todo 1º de ESO, pois para eles é una novidade.

Como cada ano, este venres 1 de febrero celebramos no instituto a Chandeleur. Coa axuda das profes e o alumnado de francés poidemos achegarnos un pouco máis á cultura tradicional francesa. As crèpes estaban realmente exquisitas!

 

Como vén sendo habitual por estas datas, o noso concello énchese de alumnos de toda Galicia para participar nas actividades da  Francofonía.

Este ano participaron os centros: IES de Carral, IES David  Buján, CPI Alfonso VII, IES Plurilingüe Eusebio dá Garda, CPI A Xunqueira, IES María Casares, IES Val Miñor, IES Piñeiro Manso, IES Cabo Ortegal, IES Moncho  Valcarce…

Deixámosvos un vídeo-resumo dás  actuacións  do alumnado  do  noso IES feito pola nosa compañeira de inglés, Ana Cruz. Se queredes ver máis fotos do acto non dubidedes en pasar polo blogue da nosa Biblioteca

 

 

O departamento de Lingua Francesa do IES A Basella, conxuntamente cos concellos de Vilanova de Arousa e As Pontes , volveu celebrar o festival da Francofonía, no que cada ano aumenta o número de centros participantes e organízanse actividades novas, como o paseo en barco pola ría de Arousa, para coñecer as súas bateas.

Como en anos precedentes, algúns alumnos viñeron de véspera quedando a pernoctar no pavillón conxuntamente con algúns do noso centro, para ir coñecéndose e disfrutar da velada nocturna, na que non faltou a música. Tódolos centros quedaron moi contentos coas instalacións e son son . Coma sempre, para rematar os días dedicados á Francofonía, houbo unha degustación dos productos típicos franceses, á que estaban invitados tódolos alumnos e o persoal docente e non docente do centro

 

 

 

Un ano máis, o alumnado de francés celebrou desde o día 9 ata o 13 de maio, a semana da Francofonía. Como novidade, cabe salientar que este ano o festival de cancións francesas se celebrou no lago artificial da vila de As Pontes de García Rodríguez, baixo unha carpa, por mor da climatoloxía. A véspera, durmiron no pavillón onde houbo xogos e bailes. A experiencia foi moi positiva pois contactaron con alumnos doutros centros de Galicia. Xa de volta ao centro, clausurouse a semana cunha xornada de degustación de produtos franceses, onde non faltaron as crêpes feitas polos alumnos, as quiches, queixos, patés etc.

 

Como cada ano, este pasado 2 de febrero celebramos no instituto a Candelaria. Coa axuda das profes de francés e o alumnado de Bacharaleto, todo o centro puidemos degustar unhas crèpes que estaban realmente exquisitas! Isto sérvenos, ademais, para acercarnos un pouco máis á cultura tradicional francesa.

Preme na imaxe para ver todas as fotos

 

Distribuir contido


by Dr. Radut