Skip to Content

Tecnoloxía

Estructura Tecnología en Bachillerato

 

Si quieres ver el contenido de los vídeos debes ejecutar la presentación de forma manual con los controles de la esquina inferior izquierda < >

O pasado 19 de abril fomos á Escola de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo a competir na sétima edición da competición de robots. Este ano vimos cunha boa nova: O noso equipo "Game Over 1" gañou o terceiro premio na categoría Be Robot de Bacharelato.

 

 

 

 

 

Moitos parabéns, equipo!

 

O alumnado de TIC de 4º de ESO estivo a experimentar cunha aplicación que usa intelixencia artificial (IA) para animar fotografías. Vede como estas interesantes científicas nos contan a súa traxectoria en galego

 

 

Presentámosvos o novo club de programación e robótica "Game Over", se estades interesados en formar parte estaremos tódolos martes no segundo recreo e os xoves no primeiro na aula de Polos Creativos

 

En primeiro de ESO empezamos a programar dunha maneira sinxela, e por iso publicamos esta felicitación do Nadal en Scratch, feita por Nuno Hoffmann Penide de 1º ESO B. Premede na bandeiriña verde e sobe o volume

 

Seguindo coa formación en dixitalización dos primeiros de ESO, presentámosvos os deseños dos taboleiros de xadrez que fixeron no segundo exercicio de deseño do curso. Este exercicio serviralles para afianzar algunhas competencias dixitais no manexo do computador e para visualizar manipulando obxectos en tres dimensións como unha introdución ao deseño asistido polo computador. 

Están moi contentos cos resultados de os seus deseños en TinkerCad e nós coa súa creatividade:

 

Estes dous cursos tivemos que trasladar e simplificar os traballos que antes faciamos na aula-taller a traballos feitos en casa e a simulacións por computador. 

Preparamos esta sala virtual de exposicións para que toda a comunidade educativa poida ver unha mostra do que fixo e segue facendo o noso alumnado (non están todos os proxectos que son, pero si son todos os que están). Percorrede estas catro salas e poderedes ver vídeos de moitos proxectos e prácticas que fixeron os alumnos durante estes dous estraños cursos. Sabemos que puxeron todo o seu traballo e ilusión para obter bos resultados.

Esperamos que, tras a vacinación, o próximo curso podamos volver á actividade frenética do taller, un espazo no que poden poñer a proba as súas competencias de xeito global.  

 

Animámosvos a participar no noso "Pasapalabra" programado en Scratch, a ver cantas preguntas acertas sobre as mulleres que tiveron un papel relevante en disciplinas STEM. Antes, buscade todas as respostas no corredor que conduce ata a aula de Tecnoloxía na exposición sobre mulleres STEM (Science Technology Engeneering Mathematics) feita polos alumnos de 4º ESO TIC e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato.
 
 
Temos unha pequena axuda no instituo, pasa pola exposición de mulleres STEM feita polos alumnos de TIC de 4º de ESO e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato...

  Ou se o prefires consulta as fichas das mulleres STEM, están dispoñibles en galego e en inglés. Preme aquí

 

 
O primeiro trimestre de curso termina e desde o IES A Basella queremos desexarvos Bo Nadal e un Próspero Ano Novo coas tarxetas de Nadal feitas polos alumnos de 2 de ESO no seu primeiro traballo de programación en Scratch.
 
 
 

O grupo de alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES A Basella foi Campión de Galicia na liga mundial de modelado 3D de precisión co móbil (d3mobile Metrology World League).

d3mobile

As alumnas Alba Iglesias, Irene Castro, Lucía Chazo e Laura Vicente, coordinadas polo noso profe de tecnoloxía Cristóbal Álvarez, participaron durante este curso na liga mundial de modelado 3D de precisión a partires de fotografías, tomadas co móbil. Foi un traballo intenso no que aprenderon moitas cousas. Os integrantes do equipo agradecen a colaboración prestada tanto pola comunidade educativa como pola organización do campionato.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), e o CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional. O obxectivo principal desta actividade é a elaboración de modelos tridimensionais a escala, realizados a partires de fotografías tomadas co teléfono móbil e un ordenador con programas específicos gratuítos. Ao tempo que se fomentan vocacións científicas e técnicas entre os rapaces e espertan a súa capacidade investigadora. O modelado 3d de precisión ten moitas aplicacións na vida real: deseño de pezas de aeronaves, na Fórmula 1, no deseño de videoxogos, na fabricación de próteses médicas, na arquitectura, escultura, etc.

Xa temos reto para o curso vindeiro, queremos imprimir coa nosa impresora 3D obxectos a partires das técnicas de modelado 3D como as utilizadas neste concurso.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o mércores 29 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Polo noso premio, entrevistaronos na Voz de Galicia: neste artigo

Se queredes ver a historia deste equipo e o que tiveron que facer neste concurso consultade o seguinte blog:

Tecnoabasella d3mobile

 

Distribuir contido


by Dr. Radut