Skip to Content

Filosofía

Para terminar o primeiro trimestre, o alumnado de 1º de Bacharelato, asistiu no auditorio do Concello de Vilanova a unha actividade sobre como combater a desinformación á que estamos expostos na actualidade pola cantidade de noticias, mensaxes, bulos e memes que recibimos a través das redes sociais. Os alumnos puideron coñecer de primeira man recursos para diferenciar as "desordes informativas" e medios para loitar contra iso como a verificación e os organismos fact-checking, os métodos que utilizan para facelo e o uso da tecnoloxía e outras ferramentas para loitar contra a desinformación.

 

 

 

Tras a charla do profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Jorge Vázquez Ferreiro, os alumnos fixeron unha actividade práctica onde puideron analizar a linguaxe que usan os medios para crear opinión e detectar algúns  bulos na rede.

 

O día 28 de xaneiro o alumnado de Ética e filosofía do dereito (2º bach.) e de Filosofía (4º ESO) asistiu a un xuízo na Audiencia Provincial de Pontevedra. A actividade enmárcase no programa Educar en Xustiza do CGPJ, que tenta ensinar o funcionamento do sistema xudicial, e particularmente en temas como a violencia de xénero ou a responsabilidade penal dos menores. Ao finalizar a sesión o tribunal e os avogados tiveron a amabilidade de responder as nosas preguntas e explicar aspectos tanto técnicos como éticos implicados no seu traballo. Os alumnos valoraron moi positivamente a experiencia e mostraron gran interese en comprender ata os máis pequenos detalles do sucedido durante a xornada.

 

O día 24 de xaneiro o alumnado de 1º de bacharelato asistiu a unha charla sobre os últimos descubrimentos no ámbito da neurociencia. O conferenciante foi Juan Casto Rivadulla Fernández, profesor e investigador na Universidade da Coruña e que conta con varios premios pola súa labor como divulgador científico. Os alumnos sorprendéronse coas aplicacións prácticas que permite a disciplina: dende o “cultivo” de cerebros para a investigación ata dispositivos que permiten mover cousas coa mente, pasando por tratamentos que permiten borrar ou engadir lembranzas, detección de mentireiros, aplicacións médicas (cegueira, Parkinson)... etc. Todo un universo aínda por descubrir e no cal a reflexión filosófica e ética ten e terá un importante papel.

 

Velaí unha proposta do alumnado de Antropoloxía para o vindeiro 23 de xuño. Nel explicamos unha fermosa tradición galega: A auga de San Xoan

 

Hoxe, 20 de febreiro de 2018, tivo lugar no noso centro unha charla do defensor dos Dereitos Humanos de Colombia Gustavo Pedraza á que asistiu o alumnado de 1º de Bacharelato. Gustavo está amenazado por esixir en diferentes foros que se investigue o asasinato do seu irmán Carlos Alberto Pedraza. Carlos era un líder social que traballaba na defensa dos Dereitos Humanos, investigaba os crímenes de lesa humanidade cometidos por axentes do Estado e loitaba por implantar modelos económicos respetuosos coas comunidades locales e o medio ambiente. Como defenso r dos Dereitos Humanos está acollido polo Programa de Protección temporal de Defensores de Dereitos Humanos de Amnistía Internaciona

Se queredes ver tódalas fotos premede aquí

 Co gallo da celebración do Dia Internacional dos Dereitos Humanos  2017 tivo lugar en A Basella unha charla-taller sobre diversidade sexual e dereitos humanos impartida polas activistas de Nós Mesmas Raquel Cordeiro Vázquez e Cristal Caride da Silva ao alumnado de 1º de bacharelato. Foi moi instrutivo descubrir como a patoloxización da diversidade serviu e aínda sirve de excusa para negarlle o recoñecemento debido.

  

 

     

Parabéns a Miriam Rodríguez Somoza, 2ª Bach -C-, polo Premio do Público no Terceiro Concurso de Microrrelatos da Rede de escolas de Amnistía Internacional (Vigo). Velaí as fotos da recollida do premio -un fermoso medallón da escultora Cuqui Piñeiro- e un lote de libros entre os que se atopaba o último de Núñez Singala, a quen podedes ver adicándolle a súa obra.

Para ler o seu relato, "Casualidade ou non", así como os dos demais partícipes premede na imaxe:


No IES A Basella celebramos o venres 1 de abril a Xornada dos Dereitos Humanos 2016 cunha charla de Susana Muíños Paz, activista polos dereitos humanos de Amnistía Internacional (Vigo) e profesora de Ensino Secundario. Falou de "Muller e publicidade" amosando na súa análise da linguaxe publicitaria a violencia simbólica agochada no tratamento do corpo feminino.Asistiu o alumnado de 1º de bacharelato que o desexou.

Hoxe, 3 de abril, tivo lugar no noso centro unha charla da defensora dos Dereitos Humanos de Colombia Claudia García Giraldo á que asistiu o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Claudia pertence á asociación de Desprazados e Desprazadas para a Convivencia Pacífica e lidera, coa súa organización, a participación no proceso de restitución de terras en Bogotá. Como defensora dos Dereitos Humanos estivo acollida polo Programa de Protección temporal de Defensores de Dereitos Humanos de Amnistía Internacional.

      charla1   charla2

Distribuir contido


by Dr. Radut