Skip to Content

Feliz Verán

A comunidade educativa do IES A Basella deséxavos un feliz verán cheo de diversión,

descanso e momentos inesquecibles. 

Vémonos o próximo curso con máis enerxía e ganas de aprender xuntos! 

 
 

Información Curso 24-25: Libros de texto

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

 

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

 

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Neste enlace achégase un resumo das características do premio con indicacións importantes sobre como realizar a solicitude desde a aplicación de PremiosEdu ou desde a Sede electronica.

Pode acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/.

 
 

Becas do Ministerio de Educación e Formación Profesional para o curso 24/25.

Tedes toda a información sobre as becas do ministerio na seguinte presentación:

 

Premede no seguinte enderezo se queredes máis información

 

 

Viaxe a Penaventura 2 ESO

Penaventura!!

Cinco días de viaxe nos que o noso alumnado de 2º da ESO puido dsfrutar de moitísimas actividaes deportivas e de aventuras: unha megatirolina, escalada, xogos rocódromo, bicicletas electricas, búsqueda do tesouro, rapel... Pero sobre todo unha experiencia de convivencia natureza e de fortalecimento das amizades. Puidemos ver como desfrutaban dunha merecida viaxe de fin de curso.

Tamén visitamos Porto, onde visitamos a Libraría Lello e fixemos unha ruta en barco polo Douro e Guimarães na que percorremos a zona vella e coñecemos a vila onde naceu Portugal.

  

Clausura do proxecto Erasmus+ KA220

O luns 17 de xuño, o noso IES participou nun evento multiplicador para clausurar o proxecto Erasmus+ KA220 DISAT, enfocado na creación de espazos inclusivos nos centros educativos do territorio da Unión Europea.

A xornada organizada polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra contou coa participación dos centros educativos galegos socios do proxecto (CEE de Pontevedra, CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño, IES A Basella de Vilanova de Arousa e o CIFP Montecelo) xunto cos socios europeos (Agrupamento de Escolas do Barreiro de Portugal, IC Carducci Gramsci de Italia, e Oz-De-Bir Ozel Egitim Uygulama Okulu 1. Kademe de Turquía) nunha mesa redonda internacional onde os participantes compartiron as súas experiencias e reflexionaron sobre o impacto do proxecto DISAT nos seus respectivos centros.

 

 

 

 

Premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2023/24

Iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2023-2024 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria foi publicada no DOG o pasado 6 de xuño.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e rematará o 8 de xullo.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na aplicación PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu), no portal educativo e na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

Prema na icona para ver  a folla informativa coas novidades e características máis relevantes desta convocatoria e con consellos prácticos sobre o proceso de solicitudes. A principal condición para presentarse é ter unha nota media na ESO igual ou superior a 9 puntos:

a) A forma máis aconsellable de cubrir as solicitudes é mediante o emprego da aplicación PremiosEdu, deseñada para facilitar este procedemento. Unha vez cuberta, a aplicación permite tanto a presentación da solicitude na sede electrónica a través dun enlace directo, como a presentación presencial (por exemplo, nun rexistro) imprimindo o Anexo I cos datos introducidos. 

b) Posto que na meirande parte dos casos o alumnado é menor de idade non emancipado, nas solicitudes debe constar como representante un dos seus pais, nais ou titores/as legais, que ademais asinará as solicitudes.  

 

Máis información

 

Polos creativos 23-24

Queredes ver o que fixemos en polos creativos este curso?

Un día para recordar. Apradiñamento lector!

O xoves 23 de maio foi o día do Apadriñamento Lector!

Unha actividade á que lle temos especial cariño e que se vén realizando desde hai anos entre A Basella e o CEIP Xulio Camba. Este curso, por vez primeira, foi posible facela con dous centros máis da contorna dos que provén gran parte do alumnado da Basella:

  • O CEIP Viñagrande de San Miguel de Deiro
  • O CEIP Torre Illa, na Illa de Arousa.

Aos dous coles do Concello de Vilanova, acudíu o alumnado de 2ESO; e ao da Arousa, o alumnado de 1BAC de Literatura Universal. Todo o mundo, desde @s pequech@s ata @s máis maiores, estaba ansioso e ilusionado coa actividade, que resultou súper motivadora. Mesmo con momentos emocionantes de reencontros e descobertas! Oxalá poidamos repetila de aquí en diante, sinxelamente porque é marabillosa!


Grazas ao profesorado e ao alumnado participante!


Parabéns ás e ós contacontos, que o fixeron xenial!

 

Proxecto Erasmus: Reunión transnacional "Inclusive spaces and inclusive school"

Durante a semana do 20 ao 25 de maio ten lugar en Turquía a reunión transnacional do proxecto Erasmus+ KA220 DISAT coordinado polo CFR de Pontevedra na que elaborarase a guía do proxecto conxunto cos socios CEE Pontevedra, CIFP Montecelo, IES A Basella, CEIP plurilingüe Meaño-As Covas, IC Carducci Gramsci, Agrupamento de Escolas do Barreiro e ÖZ-DE-BIR Özel Egitm Uygulama Okulu 1 Kademe.

 

Fondo solidario libros de texto e axudas libros e material escolar 2024/25

No DOG de 20 de maio de 2024, saiu a orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca as axudas para material escolar do alumnado de ESO e Primaria para o vindeiro curso.

Como no IES A BASELLA vanse utilizar ordenadores EDIXGAL en todos os cursos da ESO, o impreso será destinado á solicitude de material escolar.

O prazo para a entrega da documentación no centro ou por vía telemática remata o 21 de xuño de 2024 (incluído). Premede na seguinte imaxe para ver os detalles.

 

DOGA:

DOG 96 do 20/5/2024 - ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H). (xunta.gal)

 

 

Plan Dixital do Centro

Na seguinte presentación pódense consultar os resultados das enquisas e probas de competencia dixital, a análise das fortalezas e debilidades do centro no eido TIC. Así como os obxectivos que nos fixamos desenvolver para o curso 22-23.

O plan Dixital completo, aprobado polo Consello Escolar o 30 de xuño de 2021, pódese consultar no apartado de documentación do centro.



by Dr. Radut