Skip to Content

blogue derobotica

Benvida do club de programación e robótica "Game Over"

Benvidos ao noso club. Presentámosvos o novo club de programación e robótica "Game Over", se estades interesados en formar parte estaremos tódolos martes no segundo recreo e os xoves no primeiro na aula de Polos Creativos.

Obxectivos

Membros

Tarefas

Ideas

 

Finanzas

 Promocións

Coñecéndonos

 

Desde hoxe dividímonos en dous grupos, o primeiro, o grupo de alumnos e alumnas de cuarto que imos presentar á competición de robótica da universidade de Vigo e o segundo grupo, os que imos facer proxectos en Scratch.

Estivemos a montar os mBot V2, pero aínda nos falta. O grupo de Scratch viu distintos proxectos nos que traballar e comezou cun itinerario de aprendizaxe de Coderdojo.

 

 

Presentámosvos o noso club de programación e robótica

 

 

”O comezo é máis da mitade da totalidade.”
Aristóteles.

Non fixo falta que nos convenceran, temos espazo, material e ganas. Así que imos comezar un club de programación e robótica no noso instituto, funcionará como unha actividade complementaria. A ver que tal nos sae, os comezos son duros.

Somos un grupo de alumnos e profes do IES A Basella en Vilanova de Arousa interesados en robótica, programación, impresión 3D e as tecnoloxías disruptivas, por iso creamos este club.

A nosa primeira idea é dividirnos en grupos por intereses, constituír unha xunta directiva e xuntarnos polo menos dous recreos á semana. Depende da cantidade de xente que mobilicemos imos ir especializándonos en diferentes temas, os nosos intereses son moitos. Queremos presentarnos á Competición de robótica da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo; tamén mellorar e facer programas en Scratch e en Python; o profe de tecno quere facer un mClon; a profe de física quere desenvolver simulacións en Scratch; mólanos a Intelixencia Artificial e non sabemos cantas cousas máis.

Hoxe fixemos a nosa primeira reunión e tratamos os seguintes temas:

- Estrutura do club.
- División en grupos de traballo

Rubén e Julián presentáronnos a estrutura do club e os campos de traballo que podemos elixir:

- Desenvolvemento de algoritmos a probar nos mBots para a competición de robótica da EEI (Escola de Enxeñaría Industrial) de Vigo. O prazo de matriculación para a competición comeza hoxe.

 

- Coder Dojo: Desenvolvemento de programas para aprender Scratch e Python. Xa temos toda a documentación ultimada para entrar na rede da Raspberry Pi Foundation, se consolidamos as sesións e somos capaces de avanzar en proxectos, igual abrimos o noso Dojo a máis persoas da nosa comunidade educativa.
- mClon. Poderemos tentar desenvolver un mClon, aínda que igual é un proxecto a medio prazo. Os frikis do hardware e a impresión 3D teñen un bo campo para explorar.
- IA. A intelixencia artificial é un tema que nos interesa, dedicaremos unhas horas para ver como implementar algoritmos en Scratch que a usen.
- Charlas con expertos. Convidaremos a expertos da nosa zona para que nos axuden e poidamos aprender cousas novas.

O noso primeiro paso será crear unha canle de discord para manter discusións e axudarnos en liña.

 

 

Distribuir contido

As imaxes deste blog online forma parte do sitio web http://www.edu.xunta.gal/centros/iesabasella atopándose albergadas os seus arquivos no mesmo servidor que a web do centro. Este blog online forma parte, a tódolos efectos, da citada web do centro.



by Dr. Radut