Skip to Content

Blogues

Benvida do club de programación e robótica "Game Over"

Benvidos ao noso club. Presentámosvos o novo club de programación e robótica "Game Over", se estades interesados en formar parte estaremos tódolos martes no segundo recreo e os xoves no primeiro na aula de Polos Creativos.

Obxectivos

Membros

Tarefas

Ideas

 

Finanzas

 Promocións

Coñecéndonos

 

Desde hoxe dividímonos en dous grupos, o primeiro, o grupo de alumnos e alumnas de cuarto que imos presentar á competición de robótica da universidade de Vigo e o segundo grupo, os que imos facer proxectos en Scratch.

Estivemos a montar os mBot V2, pero aínda nos falta. O grupo de Scratch viu distintos proxectos nos que traballar e comezou cun itinerario de aprendizaxe de Coderdojo.

 

 

Presentámosvos o noso club de programación e robótica

 

 

”O comezo é máis da mitade da totalidade.”
Aristóteles.

Non fixo falta que nos convenceran, temos espazo, material e ganas. Así que imos comezar un club de programación e robótica no noso instituto, funcionará como unha actividade complementaria. A ver que tal nos sae, os comezos son duros.

Somos un grupo de alumnos e profes do IES A Basella en Vilanova de Arousa interesados en robótica, programación, impresión 3D e as tecnoloxías disruptivas, por iso creamos este club.

A nosa primeira idea é dividirnos en grupos por intereses, constituír unha xunta directiva e xuntarnos polo menos dous recreos á semana. Depende da cantidade de xente que mobilicemos imos ir especializándonos en diferentes temas, os nosos intereses son moitos. Queremos presentarnos á Competición de robótica da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo; tamén mellorar e facer programas en Scratch e en Python; o profe de tecno quere facer un mClon; a profe de física quere desenvolver simulacións en Scratch; mólanos a Intelixencia Artificial e non sabemos cantas cousas máis.

Hoxe fixemos a nosa primeira reunión e tratamos os seguintes temas:

- Estrutura do club.
- División en grupos de traballo

Rubén e Julián presentáronnos a estrutura do club e os campos de traballo que podemos elixir:

- Desenvolvemento de algoritmos a probar nos mBots para a competición de robótica da EEI (Escola de Enxeñaría Industrial) de Vigo. O prazo de matriculación para a competición comeza hoxe.

 

- Coder Dojo: Desenvolvemento de programas para aprender Scratch e Python. Xa temos toda a documentación ultimada para entrar na rede da Raspberry Pi Foundation, se consolidamos as sesións e somos capaces de avanzar en proxectos, igual abrimos o noso Dojo a máis persoas da nosa comunidade educativa.
- mClon. Poderemos tentar desenvolver un mClon, aínda que igual é un proxecto a medio prazo. Os frikis do hardware e a impresión 3D teñen un bo campo para explorar.
- IA. A intelixencia artificial é un tema que nos interesa, dedicaremos unhas horas para ver como implementar algoritmos en Scratch que a usen.
- Charlas con expertos. Convidaremos a expertos da nosa zona para que nos axuden e poidamos aprender cousas novas.

O noso primeiro paso será crear unha canle de discord para manter discusións e axudarnos en liña.

 

 

Prueba

Hola

Proxecto xa veñen

O outono é época de cogumelos. Xa veñen... e ante semellante acontecemento o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía está a preparar un proxecto pedagóxico que vai a ter como protagonistas ao alumnado de 1º de ESO e no que se verá implicada toda a comunidade educativa do Instituto.

Calendario de exames de setembro de materias pendentes de cursos anteriores

No arquivo adxunto pódense consultar as datas dos exames das materias pendentes, que tiñas suspensas de cursos anteriores e que non as aprobaches en xuño

Calendario de exames de setembro do curso actual

No arquivo adxunto, atópanse as datas dos exames extraordinarios de setembro do curso 2009/10

Datas de matricula

No documento adxunto tedes dispoñible as datas de matrícula para a ESO, Bacharelato e Ciclo Superior de Química Ambiental.

 

Estamos seleccionados para o Proxecto Abalar

 ABALAR é o proxecto que para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

 Se queredes mias informacion pulsa no seguinte enlace:

Proyecto Abalar 
Distribuir contido


by Dr. Radut