Skip to Content

Histórico de actividades

Esta semana foi moi interesante. Estivo repleta de actividades relacionadas coa Ciencia, xa que novembro é o mes da ciencia en galego. Tivemos charlas e exposicións de experimentos.

EXPOSICIÓN DE EXPERIMENTOS

O martes pola tarde, os membros de cuarto e primeiro de bacharelato do club de ciencias fixeron unha exposición de experimentos onde puideron explicar aos seus compañeiros de 1º e 2º de ESO, como é unha célula vexetal,  distintos fenómenos físicos como a fluorescencia, como illar ADN ou como acender unha calculadora construíndo unha pila de limóns.

Queredes ver todos os experimentos? Seguide a conta de instagram do club de ciencias do IES A Basella

CHARLA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL: POLICÍA CIENTÍFICA

Ademáis, parte do alumnado de Bacharelato con materias de ciencias, tivo a oportunidade de asistir ás charlas do Departamento de Bioloxía, organizadas pola profe Ángela Morales. O encargado da exposición foi Luis Hombreiro, inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vilagarcía, Doutor en Bioquímica.

Dúas foron as cuestións principais que tratou:

- Ciencias Forenses: finalidade é áreas de especialidade (xenética forense, identificación biométrica, informática forense, etc).
- Organización da policía científica en España (acceso ás especialidades)

Seguro que o alumnado interesado tomou boa nota!

Moitas grazas por todo! 


#clubdeciencias #orientaciónprofesional

Aquí tedes un pequeno vídeo-resumo da excursión de 2 ESO a Asturias e Cantabria para que poidades apreciar a beleza das paisaxes e o ben que o pasou todo o alumnado presente. Grazas a Sabela, Celia e Patricia, as profes encargadas de acompañar ó alumnado polo vídeo.

 

Aquí está a presentación en inglés do noso centro e os seus proxectos educativos. Queremos agradecen como se merece o traballo e colaboración do alumnado, profesorado e persoal do centro. É un luxo contar con eles.

P.D: non vos perdades o excelente inglés dos participantes no vídeo.

 

 

 

Os gañadores foron:

 

Categoría Individual: Luca Serantes (2º ESO B)

Categoría grupos: Os cazacovid (1º ESO B)

Categoría clase: Videochamada (2º ESO C)

 

Parabéns aos gañadores e grazas a todos por participar.

 

 

Tedes dispoñible as enquisas sobre o uso do galego nas seguintes ligazóns:

                     Enquisa alumnado

   Enquisa familias

Aínda que deslucido polas restriccións que marca o protocolo COVID, un 25N máis o IES A Basella amosa o seu rexeitamento contra esa lacra que supón a violencia de xénero cun breve acto no que alumnado de 3 de ESO lembraba as mulleres asasinadas, mentres alumn@s de 1 de ESO colocaban unha planta na súa memoria. Grazas a toda a comunidade educativa por axudar a crear este "Xardín da memoria". Aquí tedes o vídeo:

A partir do día 23 de marzo a TVG2 en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, emitirá series educativas de 09:30 a 13:30. Se vos apetece aprender dun xeito distinto non deixedes de pasarvos e disfrutar desta iniciativa 

 

 Esta iniciativa súmase á do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) pon en marcha a partir do luns 23 de marzo, en colaboración con Radio Televisión Española (RTVE)

Temos unha mensaxe para todos os membros da comunidade educativa do noso instituto, só tedes que atopar a Papá Noel na seguinte presentación:

Distribuir contido


by Dr. Radut