Skip to Content

Histórico de actividades

Un ano mais o IES A Basella estivo presente na final nacional do concurso Young Business Talents,  representado polo equipo CRIIM (Alba Santos, Laura Castrelo, Carolina Álvarez e Iván Nogueira).

Nesta edición participaron mais de 9000 alumnos, divididos en 2500 equipos de 547 centros educativos de toda España. O concurso desenvólvese dende o mes de novembro ata marzo, tomando decisións todas a semanas sobre  xestión dunha empresa virtual.

Na final nacional, que tivo lugar en Madrid,  o pasado 7 de abril, competiron os 100 mellores equipos de España (11 deles galegos), distribuidos en 20 simulacións. O equipo CRIIM logrou gañar a súa simulación e obter 400 €. En canto á clasificación xeral obtivo o décimo quinto posto, dun total de 2500 equipos participantes. Parabéns a Alba, Laura, Carolina e Iván.

Deixamósvos as fotos de noso equipo e en un vídeo da competición.

     

 

 

Entre os días 12 3 e de 17 de marzo, o alumnado de 2º ESO puido gozar dunha viaxe de estudos polo Cantábrico.

Correron e suaron nun partida de laser tag ( paintball laser), gozaron das vistas e paisaxes que nos ofrece a nosa costa (Concejo de Suances) e fixeron unha auténtica viaxe no tempo: estiveron no medio de dinosauros (MUJA), compartiron pinturas e caza cos nosos antepasados (Atapuerca), comprobaron como foi evolucionando a especie (Museo da evolución humana, Museo da tortura) e con ela a arte, desde o prerrománico (Santa María del Naranco, San Miguel de Lillo) ata a arquitectura máis moderna (Museo Guggenheim_Bilbao e centro Modoo _Calatrava_ de Oviedo) sen esquecer o gótico máis representativo desta zona (Catedral de Burgos e León)

E tamén probaron algunha larpeirada coma os carbayóns en Oviedo, os riquísimos xeados da Heladería Regma de Santander ou a quesada de Santillana del Mar, mentres ían apuntando as súas observacións e sensacións nunc aderno de viaxe.

 

imagen

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa Javier Mariño Villadamigo (1º bach A), autor de "Odisea" e Miriam Rodríguez Somoza (1º bach B), autora de "Océano",  figuran entre os catro nominados, na categoría de menores de 16 anos, ao 2º premio do concurso de microrrelatos “Primeiro as persoas, despois as fronteiras” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 31 de marzo na Fundación Abanca de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Podedes ler os seus textos premendo na seguinte imaxe:

Outro curso máis tivemos unha cita no festival de Entroido no instituto, desde aquí queremos felicitar a todolos participantes, cremos que é un gran éxito que tódolos grupos da ESO actúasen. Vemos que a calidade vai en aumento ano tras ano. 

Noraboa tamén ás rapazas de 1º da ESO que se presentaron ao Concurso de Monólogos

 

Preme na seguinte imaxe si queres ver as fotos. 

imaxe

 O día de onte, 25 de novembro, foi especial no noso IES por moitos motivos.

Primeiro, porque despois de semanas de duro traballo organizando actividades, elaborando materiais, convocando concursos, preparando e ensaiando espazos e música (grazas a todos)... chegou o día.

E CHEGOU O DÍA  con letras maiúsculas. Porque comezaron os nervios dende primeira hora coa colocación de lazos á entrada do insti, porque se intuíu a emoción na presentación da pancarta, porque se escapou algunha bágoa na lectura do intenso relato de Belén Paz Allo ("Desnudez"), porque se desataron os aplausos na entrega dos premios aos microrrelatos e carteis, porque se nos puxo un nó na gorxa ao escoitar as frases que pronuncian os maltratadores... e ao intuír o que as mulleres maltratadas poden sufrir, porque nos SENTIMOS UN, UNIDOS CONTRA O MALTRATO ao escoitar aos alumnos de ciclo, ao ver o lazo  e o lema no aparcadoiro, ao gardar o minuto de silencio...

E todos aplaudimos, porque todos merecedes un aplauso,  dende os presentadores ata cada alumno/a de cada etapa educativa, cada profesor/a, cada membro da comunidade educativa que puxo o seu gran de area para que todo resultase emotivamente didáctico. GRAZAS EN MAIÚSCULAS POR PROTESTAR CONTRA O MALTRATO, POR APOIAR AS VÍTIMAS. IES A BASELLA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ama en igualdade

 Se queres ver o álbum de fotos, preme na seguinte imaxe.

mama

Tamén os homes dan a cara para falar das violencias machistas, e son caras coñecidas.

 Está a vosa disposición no seguinte enlace a Memoria de Actividades Complementarias e Extraescolares do curso 2014-15

 

Os Departamentos de Francés e Ciencias Naturais do IES A Basella organizaron unha viaxe a Xenebra para coñecer as instalaciòns do CERN. O alumnado de Bacharelato visitou o màis importante centro de investigaciòn en fìsica de partìculas a nivel mundial onde recibiron informaciòn sobre o funcionamento do LHC (gran colidor de hadròns) e os descubrimentos e aplicaciòns derivados dos traballos e investigaciòns realizados no CERN (como o bosòn de Higgs e o desenvolvemento de tecnoloxìas industriais e informàticas como a World Wide Web).
Aproveitaron tamén para visitar a cidade de Xenebra e os seus museos, a sede da ONU na cidade, e facer unha excursiòn à fermosa vila medieval francesa de Yvoire.

CERN

Queredes ver unha reportaxe fotográfica do que fixemos no instituto o día do libro? Premede na seguinte imaxe:

 

Dia do libro

Dende aquí deseamoslle a Jose Antonio Vázquez Millán (2º Bach) e Belén Paz Allo (1º Bach) moitos parabéns por conseguir o 1º e 3º premio (compartido co 4ª finalista), no Concurso de microrrelatos convocado por Amnistía Internacional co lema "O meu corpo, os meus dereitos". Moi pronto poderemos ler os seus microrrelatos na nosa revista
 
Gañadores
 
 
Se queredes ver máis fotos do acto de entrega, preme na seguintr ligazón: Acto de entrega

Os alumnos do IES A Basella de Vilanova de Arousa BELEN PAZ ALLO (1º bach C) e JOSÉ ANTONIO VÁZQUEZ MILLÁN (2º bach A) figuran entre os catro nominados, na categoría de maiores de 16 anos, ao 1º premio do concurso de microrrelatos “O meu corpo, os meus dereitos” organizado por AMNISTÍA INTERNACIONAL (Vigo). Coñecerase o gañador ou gañadora nun acto a celebrar o día 21 de abril no Teatro García Barbón de Vigo. Moita sorte e parabéns aos dous! O noso recoñecemento para tod@s @s partícipes. Axiña poderemos ler os seus textos na nosa revista “A Batea”.

corpo

Distribuir contido


by Dr. Radut