Skip to Content

Histórico de actividades

Desde o centro lembramos á Comunidade Educativa as excursións e as viaxes de estudo que temos previstos para o presente curso escolar:

Francisco Sóñora, director do Proxecto Climántica, animou hoxe ao noso alumnado de 1º de Bacharelato a mirar cara atrás e cara adiante como especie, entender o clima no pasado e o que esperamos no futuro, e concienciarnos da importancia do reto ao que nos enfrontamos co cambio climático.

 

charla1

O pasado martes 23 de outubro, os alumnos de 2º de ESO, puideron gozar da ruta literaria de O misterio de Portomarín como premio ao seu bo comportamento o curso pasado.
Ademais das interesantes visitas e charlas que fixeron, puideron comprobar, de primeira man, como cada vez hai menos auga na zona, algo que enlaza co cambio climático, tema que están a traballar no instituto dentro do proxecto que dinamiza o equipo de biblioteca.

Podedes ver o álbum de fotos completo se pulsades na foto seguinte:

    Cando chegan estas datas, sempre nos pasa o mesmo, nos actos de  graduación de Bacharelato aparecen sentimentos confusos nos que se mesturan alegría e tristeza.

    Alegría por ver como os nosos alumnos van crecendo, madurando e subindo, aos poucos, chanzos que os achegarán aos seus soños e tristeza por ver que o tempo pasa, e que deles só nos quedarán os bos momentos compartidos. 

   Por iso só podemos dicir unha cousa: Moita sorte e "Venga, va!"

 

Como unha imaxe vale máis que mil palabras... Deixámovos os produtos finais do noso alumnado no curso escolar 2017-18. Bo traballo, rapaces e rapazas!!
 

 
 
Como unha imaxe vale máis que mil palabras... Deixámovos os produtos audiovisuais finais do noso alumnado no curso escolar 2017-18.
 
Bo traballo, rapaces e rapazas!!
 
E, se ademais, queredes ver tódalas fotos e vídeos do festival da 1ª edición de Cine do IES A Basella, pasade polo blog de Bibliobasella facendo click na seguinte imaxe:
 
 

Como cada ano, desde o centro, concentramos as viaxes de estudos neste período previo a Semana Santa. Xa temos un adianto das fotos dos nosos alumnos que andan polo mundo:

Os alumnos de Bacharelato foron a Andorra a practicar esquí nunha actividade programada polo departamento de Educación Física.

 

 

Os alumnos de 2º de ESO na viaxe cultural a Barcelona, cos profesores Joaquín de Música e Uxía de Lingua Galega

 

E por último, os alumnos de 1º de Bacharelato na súa estancia con familias británicas en Norwich nunha actividade programada polo departamento de inglés.

 

Seguro que todos veñen contando experiencias moi interesantes

 

O mes de febreiro foi intenso, recibimos a catro científicas que nos animaron a descubrir distintos campos da ciencia e a tecnoloxia. Aquí tedes un pequeno resumo

 

Non puidemos ter mellor comezo do noso ciclo de conferencias , aprendemos moito de bioloxía mariña e da representación que fan as películas dos grandes animais mariños como as luras xigantes, os megalodones, os cachalotes e as baleas, grazas a Lara García e Luisa Martínez do CSIC co súa conferencia "Criaturas mariñas, do océano á pantalla". Moitas grazas por vir.

 

Despois da charla, dun xeito interactivo, puidemos comprobar o tamaño real que teñen as luras xigantes e ver larvas de polbo e unha mandíbula de lura xigante. Todo interesantísimo.

 

 

Se queredes ver algunhas fotos pulsade aqui e se queredes máis detalles desta actividade pasade polo blog bibliobasella, temos vídeos...

Ademais, a prensa local fíxose eco da nosa actividade:

Presentámosvos o ciclo de conferencias que se vai a desenvolver no noso centro con motivo do "Día internacional da muller e a nena na ciencia"

 

Este ano no  insti tivemos a sorte de que nos viñese visitar o Apalpador. Conta a lenda que este mítico xigante, de profesión carboeiro, baixaba todos os nadais das montañas de Lugo para comprobar se os nenos estaban ben alimentados. Palpáballes a barriga e deixaba castañas quentes. O noso apalpador (grazas, Agustín) deixou na Basella moitos doces e larpeiradas, para ledicia dos nosos nenos e nenas. Velaiquí ao Apalpador e á súa irmá Maruxa, que veu a botarlle unha man.

 

Despois da visita do apalpador, os grupos da ESO participaron no concurso de decoración de portas das aulas: "Abre a porta ao Nadal", facendo deseños tan bonitos como estes. 

 

Se queres velas todas preme aquí

Ademais, como cada ano, o comité de solidariedade terminou a recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas que realiza por estas datas.
 

Distribuir contido


by Dr. Radut