Skip to Content

Histórico de actividades

Achégase o Nadal, os adornos, a árbore e a cea están case listos, só faltan os bos desexos para ti e os teus. Desde o IES A Basella desexamos a toda a Comunidade Educativa unhas felices festas con este programa en Scratch feito pola alumna de 2º de ESO, Douaa Ammari, na asignatura de Tecnoloxía.

 

 Para ver outras postais dixitais doutros alumnos podedes entrar aquí

 

Novembro foi un mes intenso. Empezamos enchendo de Ciencia a biblioteca e rematamos gravando pequenos vídeos de 1/2 minuto onde toda a Comunidade Educativa do IES A Basella puido contar feitos relacionados coa Ciencia, que dunha maneira ou outra, lle chaman a atención.

No medio, unha exposición con diferentes experimentos para que os alumnos puidesen manipulalos, un concurso sobre películas de ciencia ficción, e algunha cousa máis que seguro queda no tinteiro.

Presentámosvos un taboleiro resumen de todo o que se fixo este mes, podedes buscarvos a vós, aos vosos fillos, ou aos vosos amigos nas fotos e vídeos simplemente pasando o punteiro do rato polos planetas. Esperamos que vos guste.

 

Como xa sabes, novembro é o mes da Ciencia en galego, e agora temos un novo reto para ti. Es youtuber? Gústache a Ciencia? Cóntasnos cal é o feito científico que máis che flipa? Teoría do Big Bang? Química na cociña? Onde ves Ciencia ao teu redor?

Imos montar un estudo de gravación nos recreos: prepara os teus 30 segundos de fama e anímate a participar

Tes tres categorías:

  • Categoría A: Primeiro Ciclo.
  • Categoría B: Segundo Ciclo
  • Categoría Libre.

 Se precisas axuda contacta cos profes: Cristóbal (Tecno), Ana (Inglés), Raquel (Bioloxía)

 Colgaremos os videos no padlet 1/2 minuto de Ciencia no IES A Basella,

 Nós xa temos o noso video. O reto é:

Novembro: 30 días, 30 vídeos de 30 segundos de Ciencia. Participa.

 

 

Como ven sendo habitual no noso instituto, adicamos parte do mes de novembro á celebración do día da Ciencia en galego. Este curso, estamos a desenvolver desde a biblioteca un proxecto no que o cinema é o nexo de unión de moitas actividades. Que mellor escusa para encher a biblioteca de ciencia e cinema!

 

No cinema, a aparición en pantalla de cuestións científicas está ligada ao xénero da ciencia ficción, moitas das súas películas, baseadas en libros de autores como Isaac Asimov ou Arthur C Clarke desenvólvense nesa fina liña que separa a ficción imposible e unha realidade futura. Por iso, aínda que non sexamos de todo rigorosos, seleccionamos 18 películas que presentan feitos que poden chegar a converterse en reais nun futuro.

 

Como están os teus coñecementos de ciencia ficción? Atréveste a contestar o seguinte cuestionario? Hai premios con ciencia (consulta as bases)

 

  

 

cuestionario

Cuestionario

 

Cartaces en pdf (Podes consultar)

 

Bases concurso

Outro ano máis, na biblioteca do noso centro, puidemos ver seres horribles, sentir presenzas estrañas, oir ruídos terroríficos... gritar coa proxección de curtas de medo.

curtas

Atréveste a entrar na nosa biblioteca? Se non tes medo... sobe o volume do teu computador

 


Se queres ver o photocall só tes que visitar o blogue da biblio:

Photocall de Samaín

 

No seguinte enlace accederás a unha relación das Actividades Complementarias e Extraescolares que se realizaron no nosos Centro durante o curso 2016/2017.

Outro ano mais os alumnos de 1º e 2º de ESO e algúns de 1º de Bacharelato compartiron unha fantastica xornada na Illa de Ons. Este ano, como novidade, a viaxe parteu directamente do peirao de Vilanova de Arousa nun catamarán de última xeración que fixo a viaxe nunha hora e media. Deixámovos as fotos da excursión.

O alumnado de 2º da ESO do I.E.S. A Basella de Vilanova de Arousa cumpriu o seu compromiso coa defensa medioambiental dentro do proxecto VozNatura e celebrou -aínda que un pouco tarde- o Día dos Océanos cunha saída á praia de O Terrón (Vilanova de Arousa). Recollimos varias bolsas de lixo no que predominaban envases plásticos, palillos de batea, cabichas, papel e vidro. Unha vez máis cobramos conciencia da necesidade de cambiar a nosa actitude cara o medio ambiente

 

O departamento de Lingua Francesa do IES A Basella, conxuntamente cos concellos de Vilanova de Arousa e As Pontes , volveu celebrar o festival da Francofonía, no que cada ano aumenta o número de centros participantes e organízanse actividades novas, como o paseo en barco pola ría de Arousa, para coñecer as súas bateas.

Como en anos precedentes, algúns alumnos viñeron de véspera quedando a pernoctar no pavillón conxuntamente con algúns do noso centro, para ir coñecéndose e disfrutar da velada nocturna, na que non faltou a música. Tódolos centros quedaron moi contentos coas instalacións e son son . Coma sempre, para rematar os días dedicados á Francofonía, houbo unha degustación dos productos típicos franceses, á que estaban invitados tódolos alumnos e o persoal docente e non docente do centro

 

 

Este ano temos dous equipos participando en Ciencia Clip.

Ciencia Clip é un concurso de vídeos divulgativos de ciencia deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de Educación Secundaria. É unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica da UPV/EHU, patrocinada pola Deputación Foral de Bizkaia, coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, e  na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma Naukas e Scenio.

Aquí tes os vídeos dos teus compañeiros: Non esquezas votar por eles:

 

Los orígenes de PI: Fran Cardama e Álvaro Goldar

Orígenes de PI

 

sementes

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut