Skip to Content

Programa ARCO

Hoxe, 7 de outubro, comezan as accións do programa ARCO no noso instituto co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda as necesidades de todo o alumnado. Iniciativa cofinanciada polo Fondo Social Europeo.

 

 

 

OBXECTIVOS

 

  1. Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.

  2. Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.

  3. Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.

  4. Disminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.

  5. Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.

  6. Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.

  7. Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.

 



page | by Dr. Radut