Skip to Content

O Recuncho dos Parabéns

 O Instituto da Lingua Galega organizou o concurso de vídeo Móvete entre o estudantado dos institutos de Galicia e das zonas de fala galega de fóra de Galicia con motivo da conmemoración do seu 50 aniversario.

Queremos felicitar desde aquí ao noso alumno Xoel Outeda Noguera de 1º de Bacharelato polo primeiro premio do concurso de vídeo Móvete co seu vídeo Herdanza.

 

O noso alumno Richard Vázquez Varela, de 1º da ESO, foi un dos 25 estudantes seleccionados para participar no Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da Comunidade Autónoma (Convocatoria 2019)

 

Richard participou o sábado 8 de xuño na proba de selección, xunto con preto de 400 estudantes máis nacidos nos anos 2006 ou 2007. Mediante esta proba preténdese detectar aptitudes matemáticas avanzadas. A proba realizouse na Facultade de Matématicas da USC.

 

O obxectivo deste proxecto é detectar e prestar atención a nenos e nenas con talento matemático que, en moitos casos, poden pasar inadvertidos ou quedar desatendidos.

 

Desde o instituto, queremos felicitar ao noso alumno, Pablo García García, por lograr o primeiro posto no Campionato Mundial de Kenpo co que foi recoñecido como deportista de alto nivel galego.

Parabéns, Pablo

 

Desde esta páxina queremos felicitar ao noso alumno, Manuel Paz Núñez de 4º de ESO, por terminar o programa do Estalmat- Pi na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago (USC).

Estalmat Pi é un programa anual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT-Galicia (Programa para o ESTímulo do TALento MATemático) para que non perda o contacto e a afección polas matemáticas.

 

Os 25 alumnos da promoción 2015 e as súas familias participaron na despedida de Estalmat Pi-Galicia, un acto no que Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, ofreceu unha charla sobre a actualidade das matemáticas. Os mozos recibiron os seus diplomas.

Moitos parabéns, Manuel. Segue progresando con toda a ilusión no fascinante mundo das matemáticas.

Unha representación de alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato do noso centro, participou na IX Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou, o día 7 de febreiro, na escola de minas en Vigo. Sergio di Natale obtivo o accesit como mellor alumno de 4 ESO. Moitos parabéns a todos.

 .

 

     

Parabéns a Miriam Rodríguez Somoza, 2ª Bach -C-, polo Premio do Público no Terceiro Concurso de Microrrelatos da Rede de escolas de Amnistía Internacional (Vigo). Velaí as fotos da recollida do premio -un fermoso medallón da escultora Cuqui Piñeiro- e un lote de libros entre os que se atopaba o último de Núñez Singala, a quen podedes ver adicándolle a súa obra.

Para ler o seu relato, "Casualidade ou non", así como os dos demais partícipes premede na imaxe:


Estamos de noraboa, a Universidade de Vigo convidounos ao acto de entrega de axudas de"Premios de Excelencia Académica" para estudantes que se matriculen por primeira vez en titulacións de grao de dita universidade. Nesta convocatoria resultou premiada unha das nosas ex alumnas: Alba Santos Pérez.

Moitas felicidades, Alba. Desexamos que continúes cultivando éxitos na túa vida.

 

Desde este recuncho queremos felicitar a Belén Aragunde polo seu maxistral solo de frauta, acompañada pola Banda de Música de Vilagarcía, que interpretou o domingo 19 de marzo de 2017 no Auditorio de Vilagarcía co gallo da celebración do día do Pai.

Moitos Parabéns.

O grupo de alumnas de 4º da ESO e 1º de Bacharelato do IES A Basella foi Campión de Galicia na liga mundial de modelado 3D de precisión co móbil (d3mobile Metrology World League).

d3mobile

As alumnas Alba Iglesias, Irene Castro, Lucía Chazo e Laura Vicente, coordinadas polo noso profe de tecnoloxía Cristóbal Álvarez, participaron durante este curso na liga mundial de modelado 3D de precisión a partires de fotografías, tomadas co móbil. Foi un traballo intenso no que aprenderon moitas cousas. Os integrantes do equipo agradecen a colaboración prestada tanto pola comunidade educativa como pola organización do campionato.

A competición está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo de investigación USCAN3D, a FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología), e o CEM (Centro Español de Metrología) e polo Instituto Geográfico Nacional. O obxectivo principal desta actividade é a elaboración de modelos tridimensionais a escala, realizados a partires de fotografías tomadas co teléfono móbil e un ordenador con programas específicos gratuítos. Ao tempo que se fomentan vocacións científicas e técnicas entre os rapaces e espertan a súa capacidade investigadora. O modelado 3d de precisión ten moitas aplicacións na vida real: deseño de pezas de aeronaves, na Fórmula 1, no deseño de videoxogos, na fabricación de próteses médicas, na arquitectura, escultura, etc.

Xa temos reto para o curso vindeiro, queremos imprimir coa nosa impresora 3D obxectos a partires das técnicas de modelado 3D como as utilizadas neste concurso.

A cerimonia de entrega de premios celebrarase o mércores 29 de xuño ás 12:00 no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Lugo (Universidade de Santiago de Compostela).

Polo noso premio, entrevistaronos na Voz de Galicia: neste artigo

Se queredes ver a historia deste equipo e o que tiveron que facer neste concurso consultade o seguinte blog:

Tecnoabasella d3mobile

 

Este foi un curso intenso en competicións de Tecnoloxía. Este ano, dos dous equipos que presentamos a Desafío STEM, o equipo "Breaking Projects", quedou finalista dentro da categoría "Industria Local" co seu proxecto NEMO I. Un ROV que pode medir temperatura, luminosidade e gravar imaxes debaixo da auga do mar con aplicacións na industria bateeira e na reparacións de cascos dos barcos.

O equipo estivo formado polos alumnos de primeiro de bacharelato: Javier Mariño, Álex Rey, Mario Esperón, Pablo López, Adrián Rial e Yeray García. Aqui tedes o video que presentaron á fase final da competición:

 

"Desafío STEM" é un concurso interescolar nacional que pretende fomentar o aumento de vocacións en competencias STEM, siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas. Este proxecto foi completado cun estudo de mercado feito polos alumnos de 4º de ESO na materia de "Obradoiro de iniciativas emprendedoiras"

Aqui tedes unha foto dos dous grupos co ROV:

 

 

 Pola nosa clasificación, entrevistáronnos na Voz de Galicia: neste artigo

Se queredes ver a historia deste equipo e o que tiveron que facer neste concurso consultade o seguinte blog:

Tecnoabasella EduROVs

 

Distribuir contido


by Dr. Radut