Skip to Content

Física e química

 

Como vén sendo habitual no noso centro, todos os meses de novembro, celebramos o día da Ciencia en Galego onde facemos distintas actividades na biblioteca, como ciclos de conferencias, exposicións de experimentos, ...

Este ano non puidemos ter mellor comezo do noso ciclo de actividades -haberá sorpresas- cunha conferencia sobre Ciencia na que aprendemos moito sobre materiais intelixentes e as súas aplicacións grazas a María Pazo Rodríguez, investigadora do departamento de Enxeñaría de Materiais da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, co súa conferencia "Materiais Intelixentes e Outras Curiosidades". Moitas grazas por vir.

Durante a charla, dun xeito interactivo, puidemos comprobar como algúns materiais teñen memoria, como poden ser soldados por explosión ou como hai fluídos con propiedades magnéticas que poden usarse en amortecedores intelixentes nos coches. Todo interesantísimo.

 

  

Distribuir contido


by Dr. Radut