Skip to Content

ANPA

Podedles consultar a memoria da ANPA do curso 2022-23 na seguinte ligazón:

 

Memoria da ANPA

II CERTAME LITERARIO

“LETRAS GALEGAS NO IES A  BASELLA”

    Concurso literario que patrocina a ANPA do IES A Basella para celebrar o día das Letras Galegas 2018. Poderá participarse na modalidade de narrativa e/ou poesía, con traballos individuais.

BASES

  • Pode presentarse todo o alumnado do IES A Basella.
  • A lingua usada será o galego.

 

Modalidade:

  • Narrativa: relato curto (mínimo 1 folio) e/ou microrrelato.
  • Poesía: extensión libre.
  • Temática libre.

 

Establécense 3 categorías:

  • 1º ciclo da ESO
  • 2º ciclo da ESO
  • Bacharelato e Ciclo Formativo

 

Presentación: os textos presentaranse nun sobre cerrado no que figurará o nome do concurso así como o seudónimo do autor e a categoría. Dentro deste mesmo sobre figurá outro no que, ademais do seudónimo e a categoría, deben aparecer nome e apelidos e  curso do autor do texto. 

A data límite para a presentación dos traballos será o 11 de maio (inclusive) e entregarase na BIBLIOTECA do IES A Basella.

Os premios, canxeables en material deportivo, escolar ou electrónico, salvo móbiles (previa factura de compra) serán, en cada categoría:

1º premio 75 €

2º  premio 50 €

3º premio 25 €

Podería  quedar deserto algún dos premios en base ao criterio do xurado.

 I CERTAME LITERARIO

“LETRAS GALEGAS NO IES A  BASELLA”

Concurso literario que patrocina a AMPA do IES A Basella para celebrar o día das Letras Galegas 2017. Poderá participarse na modalidade de narrativa e/ou poesía, con traballos individuais.

BASES

  1. Pode presentarse todo o alumnado do IES A Basella.
  2. A lingua usada será o galego.
  3. Modalidade:
    1. Narrativa: relato curto (mínimo 1 folio) e/ou microrrelato.
    2. Poesía: extensión libre.
  4. Temática libre.
  5. Establécense 3 categorías:
    1. 1º ciclo da ESO
    2. 2º ciclo da ESO
    3. Bacharelato e Ciclo Formativo
  6. Presentación: os textos presentaranse nun sobre cerrado no que figurará o nome do concurso así como o seudónimo do autor. Dentro deste mesmo sobre figurá outro no que, ademais do seudónimo, debe aparecer o nome e o curso do autor do texto.
  7. A data límite para a presentación dos traballos será o 5 de maio (inclusive) na conserxería do IES A Basella.
  8. Premios, para todas e cada unha das categorías e modalidades, ata total 6 premios de 75 €, en material deportivo, escolar ou electrónico, salvo móviles (previa factura de compra).

Podería  quedar deserto algún dos premios en base ao criterio do xurado.

A asociación da ANPA La Basella, acordou na asamblea ordinaria celebrada o 30 de xaneiro de 2013:

A CREACIÓN DUN BANCO DE LIBROS DE TEXTO.

A finalidade deste Banco é a de poder dar de balde os libros de texto ós nosos fillos.

Para ter dereito a esta aportación é necesario pertencer á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Instituto IES A Basella.

Para tratar o asunto farase unha asamblea extraordinaria o día 5 de abril ás 20:30 na primeira convocatoria e a segunda ás 20:40.

Esta asociación convida a todos os Pais e Nais de alumnos a asistir a dita asamblea.

Distribuir contido


by Dr. Radut