Skip to Content

Creación dun Banco de Libros de Texto

A asociación da ANPA La Basella, acordou na asamblea ordinaria celebrada o 30 de xaneiro de 2013:

A CREACIÓN DUN BANCO DE LIBROS DE TEXTO.

A finalidade deste Banco é a de poder dar de balde os libros de texto ós nosos fillos.

Para ter dereito a esta aportación é necesario pertencer á Asociación de Nais e Pais de Alumnos do Instituto IES A Basella.

Para tratar o asunto farase unha asamblea extraordinaria o día 5 de abril ás 20:30 na primeira convocatoria e a segunda ás 20:40.

Esta asociación convida a todos os Pais e Nais de alumnos a asistir a dita asamblea.



page | by Dr. Radut