Skip to Content

Música

         Do mesmo xeito que nos últimos cursos, algúns dos nosos alumnos de 3º e 4º de ESO actuaron no encontro de ASOMUSICA en Vigo. Interpretaron 2 temas: Havanna (cantado) e If I'm lucky (bailado) Mostrámosvos o vídeo da súa gran actuación. Temos futuros artistas.

 

Celebrouse o día 19 de abril no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o II Encontro de alumnos de música de ensinanza secundaria de Galicia, organizado por ASOMUSICA, no que participaron 15 institutos chegados dende toda Galicia.

O departamento de música do IES  A BASELLA considerou importante participar nel,  polo que de socialización, estímulo académico e artístico ten nos alumnos a participación nestes eventos. Unha nutrida  e cualificada selección de 38 alumnos de todos os cursos onde se dá a materia de música (2º ESO ata 1º BACHARELATO incluídos), participou con gran éxito interpretando O RAPAGALO, un mix dunha creación rapeira con letra das alumnas de cuarto de ESO, Haizea Compañ e Noelia Núñez , que falaba das inquedanzas dos mozos nestes tempos que corren, mixturado cunha adaptación da cantiga tradicional O GALO do mítico grupo de gaitas, OS CAMPANEIROS de Vilagarcía da Arousa, amosando que modernidade e tradición poden darse a man e crear novas linguaxes artísticas (o tema deste ano do encontro era A MÚSICA GALEGA  en todas as súas acepcións, variantes, épocas e estilos). Despois da actuación , varios dos centros participantes desprazámonos ao Parque Natural do Carreirón, na Illa de Arousa, para un xantar de pícnic.

Tanto a actuación artística como o comportamento dos participantes na actividade  foi impecable e xa estamos todos contando as horas para poder volver participar no terceiro encontro o vindeiro curso. Dende o departamento de música, só felicitar e darlle as grazas  aos  alumnos participantes , ao centro por apoiar a iniciativa  e á profe Uxía Nogueira, que xentilmente nos acompañou na xornada.

Se queredes ver a galería de imaxes pulsade no seguinte collage

 

Encontros

Si queres ver o vídeo da viaxe, AQUÍ.

Distribuir contido


by Dr. Radut