Skip to Content

Ciencias da natureza

Modificación da programación

Observado un erro na modificación da programación do departamento de Bioloxía e Xeoloxía que se mostra na páxina de portada do instituto. solicitouse o cambio pola modificación adaptada ao máximo de 20 páxinas solicitada pola inspección.

Pouca diferencia hai. Trátase da unificación das táboas por materia nunha táboa única para tódalas materias.

O erro seguramente se debe a un transpapeleo. No ficheiro adxunto atópase a modificación definitiva de menos de 20 páxinas.

 

 

Instrucións

O alumnado que non entregou os boletìns de tarefas, foi avisado con data 6 de maio de que terá que realizar unha proba obxectiva on line baseada nos estándares elementais (preguntas de exame) que tamén lle foron enviados xunto con un libro on line de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de ESO.

A proba terá lugar o luns día 18 de maio. Accédese mediante un enlace que pedirá nome e clave, que lle foron enviadas a cada alumno. A partir desa data activarase a tecla de inicio da proba. Ao pulsala terán 30 minutos para completar a proba (contador de tempo na parte superior dereita), transcorrido o cal se recolleró o exame. Se rematan antes e pulsan en terminar verán os resultados en porcentaxe (0 a 100), aos que se terá que sumar a nota da cualificación do profesor/a das preguntas de resposta cun texto.

Unha vez iniciada xa non se pode parar a proba. A conta segue. Para aprobar hai que superar o 50 %.

Estándares de aprendizaxe elementais

As preguntas da proba corresponderanse cos seguintes estándares:

Estándares de aprendizaxe

Grao mínimo de consecución

UD: O Universo

 

BXB2.2.1. Recoñece os compoñentes do Universo e do Sistema Solar, e describe as súas características xerais.

Identifica en imaxes e describe as características fundamentais (e diferenciais) dos principais astros do Universo.

BXB2.4.1.  Identifica  a  posición  da Terra no Sistema Solar.

Localiza a situación da Terra entre os planetas do Sistema Solar.

BXB2.5.1. Categoriza os fenómenos principais relacionados co movemento e a posición dos astros, e deduce a súa importancia para a vida.

Relaciona os movementos da Terra coa medida do tempo e o calendario.

BXB2.5.2. Interpreta correctamente en gráficos e esquemas fenómenos como as fases lunares e as eclipses, e establece a súa relación coa posición relativa da Terra, a Lúa e o Sol.

Explica como se forman as fases lunares e as eclipses en relación coa posición dos astros implicados.

U.D. A Xeosfera

 

BXB2.6.2. Describe as características xerais da codia, o manto e o núcleo terrestre, e os materiais que os compoñen, e relaciona esas características coa súa situación.

Identifica nun esquema as 3 principais zonas da estrutura interna da Terra, sinalando as características diferencias máis salientables.

BXB2.7.1. Identifica minerais e rochas utilizando criterios que permitan diferencialos.

Diferencia entre mineral e rocha.

 

U.D. A Atmosfera

 

BXB2.8.1. Recoñece a estrutura e a composición da atmosfera.

Identifica nun esquema as capas da atmosfera.

BXB2.8.2. Recoñece a composición do aire e identifica os contaminantes principais en relación coa súa orixe.

Identifica, a lo menos, os dous principais gases que constitúen o aire.

BXB2.8.3. Identifica e xustifica con argumentacións sinxelas as causas que sustentan o papel protector da atmosfera para os seres vivos.

Explica razoadamente algúns exemplos do papel protector da atmosfera para o mantemento da vida na Terra.

BXB2.10.1. Relaciona situacións en que a actividade humana interfire coa acción protectora da atmosfera.

Indica algúns exemplos

U.D. A Biosfera

 

BXB3.1.1. Estima a importancia da biodiversidade e aplica criterios de clasificación dos seres vivos, relacionando os animais e as plantas máis comúns co seu grupo taxonómico.

Indica algúns exemplos

BXB3.2.1. Identifica e recoñece exemplares característicos de cada un destes grupos, e salienta a súa importancia biolóxica.

Identifica o reino ao que pertencen algúns seres vivos característicos.

BXB3.5.1. Detalla o proceso da nutrición autótrofa e relaciónao coa súa importancia para o conxunto de todos os seres vivos.

Describe e diferencia os conceptos de nutrición autótrofa e heterótrofa

 

 Libro virtual

Enlace á proba

Recordar que ao entrar vai a pedir nome e clave, que aínda que permite o acceso, a tecla de inicio da proba non se mostrará ata o día da proba (18 de maio) e que unha vez iniciada xa non se pode volver atrás. O tempo segue contando. Pulsando en finalizar, xa rematada a proba, mostra o resultado en porcentaxe (hai que superar o 50 %) e faltan por corrixir as tres preguntas longas.

O nome e a clave foron enviados á conta email @iesabasella.org

Proba de pendentes de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO

Acceso co móbil ou tablet

Enfoca o código QR coa cámara

Ou entra na seguinte dirección:

http://iesabasella.edu20.org/student_quiz_assignment/show/13022108

Se algo non fora ben co móbil durante a proba, pono en horizontal.

A continuación indícanse as actividades que, segundo a reunión de departamento celebrada on line o 18 de marzo, asignará o profesorado do departamento de Bioloxía e Xeoloxía durantre o período de confinamento polo coronavirus:

Juan Poza

Nas materias de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato, Xeoloxía e Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato xa se estaba empregando ao longo do curso a aula virtual http://www.iesabasella.edu20.org que permite o ensino on line. 

O alumnado xa foi informado oralmente e por escrito de que seguiremos realizando na aula virtual as tarefas de aprendizaxe complementadas con traballos colaborativos en Drive, como se viña facendo ao longo do curso. Xa están traballando así, se ben para 1º de bacharelato os exames quedan pospostos para ser realizados á volta na clase. Queda constancia na mensaxería, nas novas da aula virtual e nos correos enviados a cada alumno desde a propia aula.

A comunicación entre alumnos e co profesorado realízase mediante o sistema de mensaxería da aula virtual complementado co chat da aula para encontros puntuais. En caso necesario habilitarase a video conferencia.

A aula conta tamén cunha app para para traballar desde o móbil.

As tarefas avalíanse coma sempre, se ben se permiten os retrasos ata a volta das clases.

Raquel Baños

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO seguiremos utilizando Edixgal, cada semana recibirán material de consulta e tarefas para realizar desde casa, máis ou menos o equivalente ao que fariamos nas catro sesións de aula que temos por semana. Para dúbidas e comunicación usamos as contas de correo do instituto.

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 3º da ESO empregamos o correo electrónico, o chat de gmail e a aula classroom na que iremos colgando material de consulta e unha tarefa semanal (a asignatura só conta con dúas horas á semana).

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía comunicámonos a través dun grupo de WhatsApp e diariamente, van recibindo material na aula de classroom. Colgaranse de 4 a 5 vídeos semanais con explicacións sobre o temario e un breve cuestionario de 5 ou 6 cuestións por vídeo. Tamén se vai engadindo material de consulta, exercicios de selectividade resoltos e vídeos de divulgación.

Germán Santos

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO seguiremos utilizando Edixgal, ademáis de engadir o Google Classroom. Cada semana recibirán material de consulta e tarefas para realizar desde casa, máis ou menos o equivalente ao que fariamos nas catro sesións de aula que temos por semana. Para dúbidas e comunicación usamos as contas de correo do instituto, así como as conversas que permite o Google Classroom.

Na materia de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO seguiremos empregando a aula virtual do centro, ademáis de engadir o Google Classroom. Cada semana recibirán material de consulta e tarefas para realizar desde casa, máis ou menos o equivalente ao que fariamos nas tres sesións de aula que temos por semana. Para dúbidas e comunicación usamos as contas de correo do instituto, así como as conversas que permite o Google Classroom.

Na materia de Cultura Científica de 1º de BACH seguiremos empregando a aula virtual do centro, ademáis de engadir o Google Classroom. Cada semana recibirán material de consulta e tarefas para realizar desde casa, máis ou menos o equivalente ao que fariamos nas dúas sesións de aula que temos por semana. Para dúbidas e comunicación usamos as contas de correo do instituto, así como as conversas que permite o Google Classroom.

O mércores 12 de febreiro asistimos á fase galega da XI olimpiada de Xeoloxía, organizada polo AEPECT Galicia e celebrada na Facultade de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Durante a xornada, os alumnos participantes realizaron diferentes probas. Pola mañá, organizados en equipos de 4 integrantes, levouse a cabo unha xincana arredor do campus e xa pola tarde unha proba escrita individual.

Mentres o xurado avaliaba os resultados, tivemos a sorte de asistir a unha serie de talleres organizados polo persoal investigador da facultade, que nos amosou en primeira persoa algunhas das liñas de investigación actual que se están a desenvolver no campus.

Trala entrega de premios, na que non tivemos a sorte de quedar entre os gañadores, marchamos contentos por unha xornada moi didáctica e divertida, con ganas de volver o próximo ano a intentar chegar ao podio.

 

 

Este martes o alumnado de 3 ESO e de xeoloxía de 2 bacharelato, acompañados do xeólogo Francisco Canosa, saíu a coñecer a xeomorfoloxía e a historia xeolóxica da nosa ría. Puidemos observar pregamentos, fracturas, transgresións e regresións mariñas, a meteorización do granito en profundidade, a formación dun tómbolo...e tivemos un precioso día de sol na praia. Ademáis o alumnado de 4 ESO asistiu a unha charla e un obradoiro de rochas de Galicia na biblioteca.

Premede na imaxe para ver todas as fotos:

Dentro do programa “Novembro, mes da Ciencia” os alumnos de 4º de ESO dos institutos de Vilanova: o IES A Basella e o IES Faro das Lúas realizaron a actividade conxunta “Interciénciate en Vilanova”.

O martes, os nosos alumnos visitaron o IES Faro das Lúas onde puideron comprobar, de primeira man, os experimentos que fixeran os seus alumnos. Recibiron explicacións dos seus compañeiros e puideron comprobar como facer “pasta de dentes para elefantes” ou “unha botella fumadora

O venres, foron os nosos alumnos os que recibiron a visita dos seus compañeiros do Faro e puideron explicarlles como “facer un holograma con scratch”, “detectar amidón nos alimentos” ou “propulsar un pequeno barco con deterxente”.Todos os experimentos foron moi interesantes, quedamos con ganas de repetir…

Neste vídeo podedes ver un resumo desta actividade.

 

 

#novembromesdaciencia

O alumnado de 1º da ESO visitou o río Armenteira. Foi unha xornada intensa, media xornada de ruta subindo ao Mosteiro, e a outra media, valorando a saúde do río.
Tras un estudo hidromorfolóxico, físico-químico, e biolóxico, e tras observar o tipo de macroinvertebrados nas augas, puidemos constatar a boa calidade do río utilizando o material de Proxecto Ríos de Adega.
 
Pasámolo moi ben identificando a gran cantidade de pequenos organismos que viven nas nosas augas. Podedes ver todas as fotos premendo na seguinte imaxe.
 

 

Como cada ano, os departamentos de Ciencias Naturais e Tecnoloxía colaboran para achegar a Ciencia á biblioteca.

Este curso, dentro do Proxecto Documental Integrado, os alumnos dos cursos superiores explicaron aos máis pequenos un dos posibles problemas que pode ter a nosa comarca co cambio climático: a acidificación dos océanos.

Para iso, as alumnas de 4º de ESO mostraron o pH de distintas concentracións de CO2 disoltas en auga e como esa acidificación pode afectar ás cunchas dos moluscos.

Doutra banda, os alumnos de 2º de Bacharelato de Tecnoloxía explicaron como programar un phmetro con arduino e comprobaron a calibración que fixeran en clase vendo que as medidas que mostra son precisas nas distintas disolucións.

En resumo, un experimento moi interesante do que puidemos gozar na biblioteca.

Podedes ver todas as fotos pulsando na seguinte imaxe:

Saíndo a coñecer a nosa contorna xeolóxica da man do xeólogo Francisco Canosa.

 

Onte, pasamos a mañá na zona da Lanzada co xeólogo Francisco Canosa interpretando a paisaxe con ollos de xeólogos. Aprendimos a identificar praias fósiles que nos falan de fenómenos de transgresión mariña, observamos deformacións dúctiles en forma de pregues e fráxiles en forma de fallas, entendimos a meteorización interna do granito que acaba en superficie en forma dos coñecidos bolos graníticos, identificamos rochas e minerais in situ, aprendimos como se forma un tómbolo… e moitas cousas máis. Completamos o día cunha charla sobre a xeoloxía galega, e un obradoiro de identificación de rochas.

 

Unha xornada xeolóxica do máis completa!

 

 xeo

 

Premede na imaxe se querdes ver o álbum completo

Unha representación de alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato do noso centro, participou na IX Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou, o día 7 de febreiro, na escola de minas en Vigo. Sergio di Natale obtivo o accesit como mellor alumno de 4 ESO. Moitos parabéns a todos.

 .

Distribuir contido


by Dr. Radut