Skip to Content

Ciencias da natureza

¡Estamos de noraboa! Este mércores 17 de Febreiro, un grupo de alumnas e alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato, participamos na fase provincial da Olimpiada de Xeoloxìa que se celebrou na Facultade de Minas da Universidade de Vigo. Foi un día de traballo con probas individuais e de grupo, pero tamén de disfrute e aprendizaxe con obradoiros impartidos por alumnado da facultade. Ademais, un dos nosos equipos resultou premiado coa mención especial da mellor proba práctica por equipos. Noraboa a tod@s.

        

Este martes 18 de Febreiro, un ano máis, participamos na convocatoria provincial da V Olimpiada Galega de Xeoloxía. 
O alumno Nicolás Rey, conseguiu a mellor puntuación na categoría individual de 4º de ESO e recibiu un pequeno agasallo.
Parabéns a todos e todas por participar!
 
olimpiada 1    olimpiada 2 
 
  Nico

Para conmemorar o Día dos Océanos, o alumnado de 1ºESO saíu recoller lixo na praia do Terrón, nada menos que 71 Kg de plástico en algo máis de unha hora!!!

Comprometámonos a que isto cambie.

Se queredes ver as fotos premede na seguinte imaxe:

Seguindo coa política de avaliar sen exames, para aprobar en setembro é necesario realizar e aprobar durante o período de vacacións todolos exercicios de autoavaliación que oportunamente estarán activados para permitir realizalos fora de prazo.

As datas de realización teñen que coincidir co período de vacacións, de xeito que se tedes algún aprobado durante o curso, ides a ter que realizalo de novo ao longo do verán.

Co aprobado en tódolos exercicios xa tedes aprobada a materia, pero alternativamente vaise a facer un exame para quen queira mellorar nota ou se esquecera de realizar os exercicios.

Xa están dispoñibles no Espazo Abalar os novos contidos dixitais. Entre eles o desenvolvido polo noso compañeiro o profesor Juan Poza sobre a atmosfera.

Se queredes acceder ao contido preme na seguinte imaxe:

atmosfera

Se queredes acceder a tódolos novos contidos preme na seguinte ligazón:

Novos Contidos dixitais Abalar

Dende aquí queremos felicitar ao noso compañeiro polo premio recibido

Xa se poden descargar desde a aula virtual do Instituo os boletíns de exercicios para o alumado con pendentes de Ciencias Naturais de 1º e 2º de ESO e recuperación de alumnado con necesidades educativas especiais (NEE).

O acceso á aula virtual atópase na parte superior dereita na web do Centro.

  1. Entrar na aula virtual a través deste enlace.
  2. Seleccionar o curso.
  3. En caso de que pida clave de acceso, seleccionar "entrar como invitado".
  4. Cando se abra o curso, premer en "Boletíns de pendentes" ou no ficheiro "Descarga de boletíns de pendentes".
  5. Tamén se pode acceder desde o menú esquerdo ACTIVIDADES seleccionando "Recursos".
  6. Seleccionar o primeiro ou o segundo boletín, segundo o caso.
  7. Cubrilo coa axuda dun libro de texto ou consultando unha enciclopedia ou Internet.
  8. Entregar o primeiro boletín antes do 15 de xaneiro.
  9. Entregar o segundo boletín antes do 15 de abril.

PARA ALUMNOS CON MATERIAS PENDENTES RECORDAR QUE:

  • Para aprobar facendo os exercicios non hai que cometer moitos erros nas respostas.
  • Polo tanto haille que dedicar un tempo diario durante bastantes días para completar ben os exercicios, consultando os libros e outras fontes de información.
  • É imposible respondelos correctamente dedicándolle soamente unha tarde.
  • O caderno representa o 60 % da nota, por tal motivo a puntuación máxima é de 6. O 40 % restante súmase da nota obtida no exame que puntúa ata un 4.
  • Quen aprobe os exercicios non ten a obriga de presentarse ao exame; pero se o fai sumarálle á nota dos exercicios a obtida no exame ponderada nun 40 % (ata un máximo de 4 puntos).
  • Para quen non faga os exercicios ou os suspenda, realizarase unha proba final que terá lugar sobre comezos de maio en data que se notificará nos taboleiros do Instituto. 
  • Para quen non faga os exercicios o exame terá carácter de suficiencia. Para quen suspenda os exercicios terase en conta a nota acadada que sumará puntos á obtida no exame.

PARA ALUMNOS CON NEE

  • Ler a parte teórica antes de responder aos exercicios.
  • Procurar que a resposta sexa correcta para a maioría dos exercicios.
  • Estes exercicios son un reforzo da clase. Non a substitúen: tamén hai que procurar realizar as tarefas da clase e só permiten aprobar cando se manifeste un interese por realizalas.

 

Departamento de Bioloxía e Xeoloxia

LIGAZÓNS A WEBS DO DEPARTAMENTO

Libro virtual do departamento
http://www.xurl.es/librociencias

Aulas virtuais
http://www.iesabasella.edu20.org

Premio Voz Natura
http://www.freewebtown.com/ambiental/

Récords e curiosidades da natureza
http://www.naturalrecords.tk/

Bioecología
http://www.bioecologia.es

O profe de ciencias
http://oprofe.blogspot.com

 
 

 
 

 
 

 
 

Distribuir contido


by Dr. Radut