Selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado

Ven, 24/05/2024 - 13:39
edumob

Achégase Resolución do 23 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Grand Est (Francia) durante o curso 2024/2025.

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte da súa publicación ata o 10 de xuño de 2024.

A solicitude realizarase a traves da sede electrónica da Xunta de Galicia.