Skip to Content

Benvidos a nosa web

  

 

Benvidos á web do IES A Basella.

É un pracer para nós ver definitivamente publicado o novo cambio de imaxe da nosa web. Esta páxina pretende, por unha banda, renovar a súa estrutura adaptándose aos novos cambios tecnolóxicos que van xurdindo, e por outra converterse nun instrumento eficaz de comunicación entre toda a Comunidade Educativa. Poderedes atopar nela toda a información que precisedes sobre actividade académica e extraescolar, novas educativas e os recursos administrativos para facer que o voso paso polo centro sexa o máis fructífero posible.

Queremos que estean representados tanto o profesorado como o alumnado e as familias. As novidades principais con respecto á antiga páxina, amais da aparencia renovada, son fundamentalmente a posibilidade de obter documentos de matrícula ou de preinscricións no apartado de Secretaría, ou tamén a opción de poder imprimir autorizacións e outros documentos de Xefatura de Estudos.

En definitiva tratamos de modernizar a nosa web para que dea unha imaxe apropiada do que é o noso Centro, e das actividades que se realizan nel. É posible que de momento non estean activos moitos dos apartados que aparecen, con todo, iranse activando ao longo deste curso. Preferimos poñela xa en funcionamento e ir completándoa aos poucos.

Preténdese tamén que sexa unha páxina “viva”, polo que calquera suxerencia de mellora, ou de crear novos apartados, será ben recibida.

Pasade e vede o seguinte vídeo coa mensaxe de benvida que temos para todos facendo un percorrido polo centro. Aquí veredes as instalacións, o equipo tecnolóxico e humano que traballa para ofrecer unha educación inclusiva e de calidade ao alumnado da nosa contorna.

 

Benvid@s, Basell@s.mp4 from Xabier Marqués on Vimeo.



page | by Dr. Radut