Skip to Content

Economía

O alumnado de Economía de 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato e o alumnado de IAEE de 4º, participou o 20 de decembro nunha charla-coloquio con D. Santiago Fernández e D. Manuel Barbosa, empresarios e membros de CIMO.org, entidade de utilidade pública sen ánimo de lucro.

 

Comezou a charla cunha exposición dos inconvintes e as vantaxes de desenvolver unha iniciativa empresarial para, seguidamente falar da experiencia persoal de creación e desenvolvemento dunha empresa de éxito, unha aprendizaxe motivadora e interesante que de seguro dará que pensar ao alumnado e axudará a orientar o seu futuro profesional.

 

Os alumnos de Economía de 4º da ESO e de 1º de bacharelato visitaron as instalacións de Pescanova no polígono da Gándara en Porriño. A visita resultou moi interesante, xa que, ademais de poder ver as distintas fases de producción (materia prima, elaboración e empaquetado final) puideron degustar os seus produtos. Finalmente asistimos a unha charla, na que, entre outras cousas explicáronnos o proxecto Life+ Ecodhybat, que consegue, a través da introdución do ecodiseño industrial nos seus equipos e instalacións, reducir entre un 40%-50% do consumo de auga, e tamén unha redución significativa no consumo de enerxía e nos produtos químicos utilizados para a limpeza de equipos; xerando así  un maior valor engadido ao produto e un menor impacto ambiental. Un dos motivos da visita a esta empresa foi coñecer de cerca este proxecto, xa que é unha forma mais de aplicar a economía circular ás empresas.

Como parte do noso proxecto  “Tecendo Redes”  os alumnos de 1º de bacharelato asistiron o día 11 de novembro a unha charla impartida por Dª Carlota Sánches Puga, coordinadora da área de educación de AFundación e profesora universitaria na área de finanzas do IESIDE.

A conferencia de hora e media e posterior coloquio tratou sobre os retos económicos e laborais que supón a IV revolución industrial, a dixitalización e automatización da economía, a economía circular e colaborativa, a robotización, a intelixencia artificial e a necesidade de avanzar nun modelo sostible que teña en conta o medio ambiente. Destacou tanto ameazas como a falta de seguridade na rede e o maior control que as grandes empresas tecnolóxicas teñen sobre os nosos hábitos diarios; como as oportunidades que supoñen as novas profesións que van xurdir.

Ademais do enfoque dos cambios económicos a relatora expuxo os cambios que afectarán ao mercado laboral e ao traballo do futuro, incidindo na necesidade de formación do noso alumnado e no desenvolvemento das habilidades brandas que facilitarán a súa incorporación ao mercado laboral.

 

#tecendoredes_PDI

Presentámosvos o primeiro traballo de noso "Tecendo redes", o proxecto documental integrado (PDI) deste curso. Os alumnos de 1º de Bacharelato de Economía explícannos a Economía Circular.

 

#tecendoredes_PDI

O 13 de novembro os alumnos de Economía de 4 º da ESO e de 1º de Bacharelato participaron nunha conferencia-coloquio impartida por Dª Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da área de educación superior de AFundación.

 

Na primeira parte desta charla tratáronse  os retos aos que se enfronta a economía hoxe en día: globalización, novas tecnoloxías, robotización, intelixencia artificial, internet das cousas, etc.

Todos estes aspectos xeran importantes cambios no mundo laboral: flexibilidade, traballo por proxectos e novas profesións que actualmente aínda non existen, o que require por parte de todos nós formación, aprendizaxe continuo e desenvolvemento de capacidades que nos permitan aproveitar oportunidades e adaptarnos ás novas demandas do mercado laboral.

 

Na segunda parte da conferencia expúxose como toda esta inestabilidade afectará á xestión dos cartos e xerará a necesidade de planificar e tomar decisións persoais no ámbito financeiro, decisións que implican ter coñecementos económicos axeitados, como diferenciar entre o TIN e a TAE, coñecer o semáforo de riscos, etc. Estes coñecementos permitiránnos tomar decisións racionais en canto á xestión do diñeiro.

 

Finalmente o alumnado puido facer preguntas á conferenciante e tratar algunhas das inquedanzas que teñen nestes ámbitos.

 

charla

 

 

Parabéns ás alumnas Carolina Baúlo, Alicia Gonçalves, María Pérez (equipo MACA) de 2º de bacharelato e aos alumnos Laura Castrelo, Iván Nogueira e Alba Santos (equipo CRIM) de 1º bacharelato, participantes na final nacional do concurso Young Business Talents, e gañadores da súa simulación, polo que obtiveron un premio de 400 euros cada equipo.

YBT é un simulador empresarial online, no que cada equipo ten que xestionar a súa empresa, tomando decisións sobre produción, prezos, recursos humanos, salarios, marketing, publicidade, etc. Trátase dun concurso que se iniciou no mes de novembro, con mais de 7500 alumnos e 458 centros participantes, no que se toman decisións semanalmente e vanse superando etapas, ata chegar á final nacional que tivo lugar no Palacio Duques de Pastrana en Madrid o pasado 24 de abril.

Nesta final compiten os 100 mellores equipos de España (16 deles galegos), dous deles, xunto coa sua profesora Esther Vázquez, representaron ao IES A Basella nesta final, obtendo un gran resultado.

Foi unha gran experiencia, na que botamos de menos ao resto dos equipos da Basella que participaron con tanto entusiasmo no concurso desde o primeiro día, experiencia que nos motiva e ilusiona para que o vindeiro ano o IES A Basella esté representado de novo na final nacional do YBT.

Preme na seguinte imaxe para ver as fotos da competición:

  

 

Queres saber máis sobre o evento? Aquí tés algunhas ligazóns:

  • 350 alumnos se disputan hoy la final de la IV edición nacional de Young Business Talents (Noticia y vídeo Europapress). (Vïdeo 2 Europapress)

logo

Alguns alumnos do IES A Basella participaron o sábado día 13 de abril na final nacional do concurso Young Business Talents en Madrid, acompañados pola profesora de economía Esther Vázquez. Participaron dous equipos: " DALC" (integrado por Ainoa Novás, Carolina Millán, Laura Piñeiro e David Padín) de 4º da ESO e "SOMOS LA LECHE MUU" (integrado por Laura Dios, Ana Longo, Andrea Otero e Jessica Silva) de 1º Bacharelato.

Young Business Talents é un simulador empresarial que  permite practicar tomando todo tipo de decisións dentro dunha empresa. En concreto unha empresa adicada ao sector lácteo ten que tomar decisións de produción, prezos, distribución, publicidade, salarios do equipo de vendas, mercado nacional ou internacional, etc. Todo isto a través dun simulador empresarial online.

A final comezou pola mañá coa toma de decisións no pavillón do Colexio San Agustín e, despois dun descanso almorzando no "Palco de honor" do Santiago Bernabeu, á tarde, e logo da última decisión e de comprobar os bos resultados que tiveron os nosos equipos, o día rematou cunha invitación a cear no local de moda madrileño Moma Fifty Six

 

Se queredes ver a galería de imaxes pulsade no seguinte collage:


galeria

 

Se queredes ter máis información do concurso podedes ver a nova en 20minutos.tv, ou premade na seguinte imaxe da YBT:


YBT

PRESENTACION DA MATERIA DE ECONOMÍA

 Pincha na seguinte imaxe para ver os contidos da materia nunha presentacion en power point:


Imagen presentación economía

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut