Skip to Content

Continuamos coa Economía circular e os retos da IV revolución industrial

Como parte do noso proxecto  “Tecendo Redes”  os alumnos de 1º de bacharelato asistiron o día 11 de novembro a unha charla impartida por Dª Carlota Sánches Puga, coordinadora da área de educación de AFundación e profesora universitaria na área de finanzas do IESIDE.

A conferencia de hora e media e posterior coloquio tratou sobre os retos económicos e laborais que supón a IV revolución industrial, a dixitalización e automatización da economía, a economía circular e colaborativa, a robotización, a intelixencia artificial e a necesidade de avanzar nun modelo sostible que teña en conta o medio ambiente. Destacou tanto ameazas como a falta de seguridade na rede e o maior control que as grandes empresas tecnolóxicas teñen sobre os nosos hábitos diarios; como as oportunidades que supoñen as novas profesións que van xurdir.

Ademais do enfoque dos cambios económicos a relatora expuxo os cambios que afectarán ao mercado laboral e ao traballo do futuro, incidindo na necesidade de formación do noso alumnado e no desenvolvemento das habilidades brandas que facilitarán a súa incorporación ao mercado laboral.

 

#tecendoredes_PDI



page | by Dr. Radut