Skip to Content

Preparados para dar o salto? As necesidades financeiras ao longo da vida

O 13 de novembro os alumnos de Economía de 4 º da ESO e de 1º de Bacharelato participaron nunha conferencia-coloquio impartida por Dª Carlota Sánchez Puga, coordinadora adxunta da área de educación superior de AFundación.

 

Na primeira parte desta charla tratáronse  os retos aos que se enfronta a economía hoxe en día: globalización, novas tecnoloxías, robotización, intelixencia artificial, internet das cousas, etc.

Todos estes aspectos xeran importantes cambios no mundo laboral: flexibilidade, traballo por proxectos e novas profesións que actualmente aínda non existen, o que require por parte de todos nós formación, aprendizaxe continuo e desenvolvemento de capacidades que nos permitan aproveitar oportunidades e adaptarnos ás novas demandas do mercado laboral.

 

Na segunda parte da conferencia expúxose como toda esta inestabilidade afectará á xestión dos cartos e xerará a necesidade de planificar e tomar decisións persoais no ámbito financeiro, decisións que implican ter coñecementos económicos axeitados, como diferenciar entre o TIN e a TAE, coñecer o semáforo de riscos, etc. Estes coñecementos permitiránnos tomar decisións racionais en canto á xestión do diñeiro.

 

Finalmente o alumnado puido facer preguntas á conferenciante e tratar algunhas das inquedanzas que teñen nestes ámbitos.

 

charla

 

 



page | by Dr. Radut