Skip to Content

XI olimpiada de Xeoloxía

O mércores 12 de febreiro asistimos á fase galega da XI olimpiada de Xeoloxía, organizada polo AEPECT Galicia e celebrada na Facultade de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo.

Durante a xornada, os alumnos participantes realizaron diferentes probas. Pola mañá, organizados en equipos de 4 integrantes, levouse a cabo unha xincana arredor do campus e xa pola tarde unha proba escrita individual.

Mentres o xurado avaliaba os resultados, tivemos a sorte de asistir a unha serie de talleres organizados polo persoal investigador da facultade, que nos amosou en primeira persoa algunhas das liñas de investigación actual que se están a desenvolver no campus.

Trala entrega de premios, na que non tivemos a sorte de quedar entre os gañadores, marchamos contentos por unha xornada moi didáctica e divertida, con ganas de volver o próximo ano a intentar chegar ao podio.

 

 



page | by Dr. Radut