Skip to Content

Histórico de actividades

Esta mañá o alumnado de primeiro da ESO colocou na pasarela do Terrón tantos pares de zapatos como mulleres asasinadas no 2019 pola violencia machista. Este xesto expresa a súa ausencia e amosa o noso desexo de que esta sociedade poida erradicar esta sangría.

 

 

 

#ninunhamenos

 

Aquí tedes un pequeno vídeo da perfomance

Este curso foi intenso, fixemos unha viaxe de moitas etapas explorando a nosa contorna, sensibilizando á nosa comunidade e buscando posibles solucións para mellorar o medio ambiente.

Podedes ver todos os traballos dos noso alumnado no seguinte genially. Agora tócavos explorar a vós.

Este curso foi intenso, fixemos unha viaxe de moitas etapas explorando a nosa contorna,  sensibiizando á nosa comunidade e buscando posibles soluciones para mellorar o medio ambiente.

 
Así vos lo contamos
 
 
 

 

E así presentamosvos os nosos traballos na biblioteca

 

Xubílasenos Nieves!!! Os seus compañeiros e alumnos sorprendémola hoxe cunha merecida homenaxe chea de emoción e agarimo. Despois de tantos anos adicados ao oficio máis fermoso do mundo, chegou a hora de deixar a primeira liña do ensino. Foron moitas as viaxes e as Francofonías vividas, sempre pensando en organizar actividades para enriquecer aos rapaces e rapazas de tantas xeracións. Querémoste, Nieves!

 

Premede na seguinte imaxe para ver todas as fotos.

 

NIEVES homenaxe from Xabier Marqués on Vimeo.

 

Un ano máis o noso IES, da man das profes Nieves e Minia, organizou ás xornadas da Francofonía. Nada menos que 19 institutos de toda Galicia sumáronse á celebración da cultura francófona. Contouse ademais coa colaboración do Concello de Vilanova, que retransmitiu o evento en directo por YouTube por primeira vez na historia, e coa presenza das autoridades locais. Convivencia, música e diversión, a mellor maneira de despedir á incombustible profe Nieves, que este ano se nos xubila. 

Premede na seguinte imaxe para ver todas as fotos do evento

 

   Estades preocupados polo futuro do planeta? O alumnado do IES A Basella e o IES Faro das Lúas tamén. Por iso, hoxe manifestaron de forma conxunta a súas inquendanzas medioambientais uníndose á iniciativa #fridaysforfuture.

   A convocatoria foi todo un éxito, xuntáronse no parque do Cabo e leron un manifesto reivindicando medidas de actuación concretas aos gobernos para que aborden dunha forma integral os problemas medioambientais antes de que sexa demasiado tarde.

    Premede na seguinte foto para ver o album

 

Podedes ler o manifiesto elaborado polos alumnos no seguinte enlace. Manifesto Fridaysforfuture

 

 

 

Grazas ao programa A Revista da TVG por achegarse ata o noso instituto para coñecer e amosar a nosa Táboa Periódica de Mulleres Galegas. Aquí tedes as tres conexións en directo que fixeron. Estamos moi orgullosos do traballo do noso alumnado.

  

 

Primeira conexión: Presentación.

Segunda conexión: A táboa física

Terceira conexión: A táboa virtual

 

 

Como cada 8 de marzo, no noso centro propoñémonos organizar con e para o noso alumnado actividades que reivindiquen, visibilicen e poñan en valor as contribucións das mulleres en tódolos ámbitos da sociedade. Este ano, co gallo do 150 aniversario da táboa periódica, embarcámonos nun proxecto moi especial: construímos unha táboa de mulleres galegas de actualidade que destacan polos seus logros e que abranguen moitos aspectos da vida. Mulleres reais da nosa contorna máis próxima. Aínda faltan, pero só 118 elementos non dan para poñelas a todas.

Este proxecto colaborativo tivo como resultado a creación de dúas táboas periódicas, unha real e outra virtual. A real foi construída nos recreos con alumnado voluntario e rematada nunha hora de clase polos alumnos de terceiro e cuarto de ESO. A virtual foi deseñada e construída buscando información, redactando e axustando documentos a un formato predeterminado nas materias de galego e TIC.

As táboas están relacionadas entre si. Desde a táboa física podes acceder á mesma información que na virtual, podes ver unha pequena biografía de cada unha das mulleres e ademais, mediante un código QR, ver a información do elemento químico ao que están asociadas.

Desde a táboa virtual podes acceder á información de cada unha delas e a un xogo de Pasapalabra para comprobar o que sabes. Atréveste?

Un proxecto que mobilizou a uns 130 alumnos do centro e ao profesorado de 5 departamentos distintos. Un proxecto do que nos sentimos orgullosos porque todos puxemos o noso granciño de  area.

 
 
Se queredes ver o proceso de construción aqui tedes o vídeo:
 

Alumnas de 1º de Bacharelato explican a importancia da figura de Rosalía e a súa obra nesta importante data para a nosa cultura. Fixádevos tamén nas creacións feitas en plástica polo alumnado do primeiro ciclo da ESO.

 

   Hoxe o director do noso instituto e un grupo de alumnos do centro fixeron entrega dos alimentos recollidos aos representante do Concello de Vilanova de Arousa, o concelleiro Javier Tourís, que veu acompañado da educadora de Servizos Sociais.

   Como outros anos, a comunidade educativa da Basella, mostrou o seu lado máis solidario e recolléronse ao longo da semana kilos de alimentos e produtos de hixiene. Un alumno de 1º ESO explicoulle como se desenvolveu a actividade.

 

Con esta árbore de Nadal feita, de maneira desinteresada nos recreos, por unha parte do alumnado do Primeiro Ciclo da ESO, queremos desexar a toda a comunidade educativa do IES A Basella unhas Felices Festas.

nadal

 

Distribuir contido


by Dr. Radut